jueves, 14 de enero de 2010

O gmpp cualifica de “antimodelo”, propio dun goberno cada día máis autoritario, a participación cidadá de 2009

· Cristina Ares pide a Orozco que desbloquee a redacción do regulamento: “a participación cidadá ao longo do pasado ano só pode calificarse como peor imposible”

· A única canle de participación que funcionou con normalidade foi a Comisión de Suxestións e Reclamacións. A súa presidenta, Cristina Ares, agradeceu o compromiso e dedicación de todas as traballadoras e todos os traballadores do Concello, sen os que nin sequera iste pequeno logro tería sido posible

Luns, 11 de xaneiro de 2010.- A Participación Cidadá no Concello de Lugo en 2009 foi todo un exemplo do que un goberno, que a lo menos respecte a participación cidadá non debería facer.

O desempeño do goberno municipal en 2009 en materia de participación cidadá só pode calificarse como “peor imposible”. Incumpriron os dous prinicipais acordos plenarios en materia de participación cidadá adoptados este mandato a iniciativa dos grupos políticos da oposición: a elección democrática de representantes das 54 parroquias rurais (3 decembro de 2007) e os orzamentos participativos (30 de xuño de 2008). Ademais, Orozco foi incapaz de sacar adiante o novo Regulamento de Participación Cidadá, necesario para adaptarse ás novidades introducidas pola Lei de grandes cidades de 2003. De feito, deixaron de convocarse reunións da Comisión encargada da elaboración da nova proposta normativa, que iniciara os seus traballos en maio de 2008.

No primeiro caso, cómpre recordar que todos os chamados “pedáneos” que desempeñan as súas funcións a día de hoxe foron elexidos democraticamente en aplicación do Regulamento de Participación Cidadá de abril de 2000, actualmente en vigor, que o Alcalde se nega agora a cumprir, argumentando que a lei non lle obriga a elexir democraticamente os “pedáneos” (aínda que a realidade é que tampouco llo prohibe e si non o fai é só porque non quere).

No segundo caso, o goberno municipal, xa non só incumpre o acordo plenario sobre orzamentos participativos (30 de xuño de 2008), adoptado grazas ao voto afirmativo de populares e nacionalistas a unha proposición presentada polo Grupo Municipal Popular, senón que trata de enganar á cidadanía chamando “orzamentos participativos” a algo que non o é, a unha mera consulta epistolar non vinculante ás asociacións veciñais. Cabe apuntar que o Concello de Ferrol iniciou en 2009 un proceso piloto de verdadeiros orzamentos participativos, que demostra que as restriccións financierias actuais dos Concellos españois non impiden a posta en marcha destas iniciativas, tan proveitosas ademais para mellorar a planificación municipal, algo que precisamente cobra especial importancia nun contexto de mengua dos ingresos municipais.

En terceiro lugar, a elaboración do novo Regulamento de Participación cidadá, converteuse en 2009 nun episodio negro da recente vida municipal. Ares considera “inxustificable que o goberno socialista deixase de convocar reunións da Comisión encargada da elaboración do novo texto simplemente por non querer asumir a posición maioritaria dos representantes políticos e veciñais na devandita Comisión”. Tras ir vencendo as múltiples resistencias do goberno de Orozco a calquer avance no novo Regulamento de Participación Cidadá, e moito tempo de traballo e esforzo por parte de tódolos membros da Comisión para ceder facilitando chegar á unanimidade artigo por artigo, os socialistas rompen a baralla ao negarse a democratizar a participación cidadá nas 54 parroquias do rural. Cómpre apuntar, que con independencia da figura dos “pedáneos”, o novo Regulamento debe definir a composición do Consello do distrito rural, no que o Alcalde se empeñaba en nomear a dedo a un número importante de representantes. Esto implicaría ademais unha discriminación das veciñas e veciños do rural fronte aos da cidade, pois, no caso dos Consellos dos dous distritos que se crearían na cidade, eses representantes serían elexidos aleatoriamente por sorteo na súa maioría, ou previo acordo de tódolos grupos políticos, o resto. Para o GMPP o señor Orozco debe explicar aos didadáns por que para el hai cidadáns de primeira (os da cidade) e de segunda (os do rural), e como e cando pensa desbloquear o proceso de elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo. O GMPP proponlle, polo menos para resolver o que afecta á composición do Consello de distrito rural, que os representantes que tiña previsto nomear el a dedo, sexan elexidos nas mesas electorais das parroquias entre tódolos veciños censados en cada unha delas o mesmo día das eleccións municipais.

Comisión de suxestións e reclamacións.-
Para os populares a única excepción que se salva deste “antimodelo de participación” é que funciona con normalidade é a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. A súa presidenta, Cristina Ares, agradeceu o bo facer do Secretario Xeral e os técnicos da Oficina de Participación Cidadá, así como de tódolos traballadores do Concello que dedicaron parte do seu tempo a dar resposta ás suxestións e queixas presentadas pola cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario