lunes, 18 de enero de 2010
Escolares de educación infantil de Lugo, sen material didáctico porque Orozco é incapaz de tramitar axudas prometidas en verán
· O alcalde prometeu axudas para material escolar que, no segundo trimestre do curso, inda non concedeu
· A falta de xestión de Orozco contrasta coa celeridade da Xunta, que en pouco tempo aboou todas as subvencións
Lugo, 10 de xaneiro de 2010.- O GMPP criticou a demora do alcalde no pago de axudas para material escolar de educación infantil, tal como Orozco prometera fai medio ano.
O rexedor presumiu en verán “de conceder estas axudas de material escolar para os alumnos de educación infantil máis necesitados, pero a día de hoxe foi incapaz de cumprir coa palabra dada, e non pagou nin un só euro aos beneficiarios desta axuda, cando xa transcorreu un trimestre do curso académico.
A concelleira popular Alicia Peña censurou que nos atopamos ante “un exemplo máis da nefasta capacidade de xestión do alcalde”.
Contraste coa Xunta.- Fronte a esta demora dos socialistas, Peña contrapuxo a actitude da Xunta. O organismo autonómico xa aboou as subvencións concedidas aos alumnos de Primaria e Secundaria da cidade.
En concreto, o departamento que dirixe Jesús Vázquez pagou a totalidade das axudas “en pouco tempo”, tal como subliñou a concelleira Alicia Peña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario