lunes, 18 de enero de 2010

O GMPP acusa ao goberno de Orozco de desperdiciar material promocional da muralla que custou 18.000 euros


· Hai catro anos o PP denunciou que unha reproducción a escala da muralla, que custou 18.000 € estaba tirada nun almacén municipal; hoxe en día continúa no mesmo lugar

· Os populares presentarán unha iniciativa para que se restaure e se reubique nalgunha dependencia do concello ou nanlgunha outra dependencia que dignifique a obra, e polo tanto á propia muralla

Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O grupo municipal do PP presentará unha iniciativa para pedir que se restaure a maqueta da muralla que está abandonada no almacén do parque de bombeiros e que se reubique nalgunha dependencia municipal.


Ao concelleiro popular José Antonio Díaz Escolante chámalle a atención que o goberno local, por un lado, gaste en propaganda do Lugo 10 para a posta en valor da muralla e, por outro lado, teña nun almacén tirado material, que se encargou para promover o monumento romano en eventos culturais e feiras de promoción turística, e, polo que pagou 18.000 euros. Os populares consideran “grave que Orozco” pase por alto esta cuestión sobre todo cando, dende as filas populares, xa lle advertiron, hai catro anos, que a maqueta da muralla romana se estaba a deteriorar.


A día de hoxe, tanto a vitrina coa reprodución a escala da muralla e o mostrador de fibra seguen tirados no almacén do Parque Municipal de bombeiros lugar sen ningún tipo de protección. Os populares consideran que este é un novo exemplo do gasto socialista “como paga Juan Pueblo nin nos preocupamos en recuperar un material que no seu momento vendeuse como valioso para potenciar á muralla”. O concelleiro popular pregúntase como o alcalde pode falar de redución de gastos cando por outro lado “está desperdiciando os recursos propios que xa ten".

No hay comentarios:

Publicar un comentario