lunes, 25 de enero de 2010

O GMPP acusa ao goberno de Orozco de “incompetencia” á hora de poñer en práctica a última reforma da policía

· Enrique Rozas: “Non transcurriron nin 24 horas, dende a súa entrada en vigor, sen que se producisen fallos inexplicables como tardar máis de tres horas en realizar unha proba de alcoholemia”

Luns, 25 de xaneiro de 2010.- O gmpp denuncia o fracaso da última reestructuración da policía local que entrou en vigor o pasado venres. O concelleiro popular, Enrique Rozas, considera “unha tomadura de pelo que nin transcurridas 24 horas dende que se pon en marcha esta reforma se cometan graves anomalías”.

O edil popular explicou como “a un conductor dun vehículo que sufriu un accidente non se lle puido practicar a proba de alcoholemia ata tres horas despois”. O suceso tivo lugar ás tres da madrugada da noite do venres ao sábado na rúa Camiño Real.

Cronoloxía dos feitos:

- A unidade de tráfico que se despraza ata Camiño Real a realizar o atestado traslada ao conductor ao cuartel da policía local.

- Como os axentes que había nese momento de servizo non pertencían a unidade de atestados non dispoñían das claves de acceso aos equipos informáticos para realizar o correspondente atestado.

- Dáse traslado ao conductor ás dependencias da garda civil para realizar a proba da alcoholemia. Non se puido levar a cabo porque os efectivos estaban, nese momento, con controis na rúa.

- Os axentes volven a trasladar ao cuartel da policía ao conductor do vehículo siniestrado. Pasadas as catro da mañá se reclama a presenza do responsable de atestados que, pese a non estar de servizo, acude para realizar a proba de alcoholemía.

- As seis da mañá finaliza a proba.

Efectividade en tea de xuizo.-

Á vista deste caso o grupo popular volve a poñer en tea de xuízo a efectividade desta última reforma da policía local de Lugo. Rozas puntualiza que “unha estructura da policía debe facerse pensando en dar servizo aos cidadáns, en clave estrictamente profesional”. Para os populares esta última reforma é similar ás anteriores reestructuracións do corpo “simplemente obedece a criterios políticos realizados por un incompetente en materia policial que vén demostrando, reforma tras reforma, o seu nulo coñecemento para estar ao fronte deste servizo”.

O concelleiro popular pediu responsabilidades ao alcalde para que como “mínino” e, xa que a reforma da policía depende directamente da súa dirección, se acometa sen fallos “tan chamativos” como o ocorrido esta fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario