lunes, 18 de enero de 2010

O GMPP acusa de “deixadez de funcións” a Orozco pola situación do muro de Monte Picato, dous meses despois da súa caída


· Teresa Taboada xa denunciara o mal estado da infraestrutura fai medio ano

· Nin a Deputación nin o concello resolveron o caso, que se agravou coa caída do muro en novembro

Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular criticou esta mañá a situación do muro de Monte Picato.

Malia que a concelleira popular Teresa Taboada, xunto co voceiro da Deputación José María González Barcia, denunciou en xullo “o esquecemento socialista” coa infraestrutura, xa que “nin o Concello nin a Deputación non fixeron nada”. A situación complicouse “moi seriamente” dende a caída do muro o pasado 17 de novembro.

Logo dunha recente visita á zona, Teresa Taboada puido comprobar que a beirarrúa está ocupada polo apuntalamento do muro, o que provoca que os viandantes teñan que circular pola rúa entre os coches. Os veciños manifestaron o seu malestar pola cantidade de barro e terra que se produce ao caer do muro cando chove.

Taboada sinalou que “non existe ningunha xustificación posible con esta deixadez de funcións”. Pasaron máis de seis meses dende a primeira denuncia popular, e dous meses despois da caída.

A concelleira popular lamentou “a dobre vara de medir característica dos socialistas”, xa que o equipo de Gómez Besteiro criticara o abandono do muro. Porén, dende a súa chegada á presidencia da Deputación “non fixo nada, parece que herdou ben a forma de facer política do alcalde de Lugo”.

Os populares instaron hoxe ao Concello de Lugo a esixir á Deputación “máis implicación no coidado e o mantemento dunha zona tan usada e transitada polos veciños da cidade”. Amais, Taboada lembrou que Gómez Besteiro forma parte do grupo de goberno do Concello de Lugo, polo que lle reclamou a “súa sensibilidade” a respecto desta instalación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario