miércoles, 13 de enero de 2010

O GMPP amósase escéptico cun Plan de Mobilidade que cre necesario

· O escepticismo vén marcado pola “mala xestión” do alcalde en eixes fundamentais para o Plan, coma o funcionamento da Policía Local
· O PP propón a creación dun único foro en lugar dos tres que pretende o equipo de goberno para a análise e debate do documento

Lugo, 5 de xaneiro de 2010.- O GMPP amosou o seu escepticismo ante o Plan de Mobilidade, logo da reunión que mantiveron os tres voceiros da corporación municipal esta mañá.

O voceiro do PP Jaime Castiñeira expresou a súa preocupación, xa que “coa experiencia de xestión do alcalde, non podemos ser optimistas”.

Castiñeira instou a López Orozco a resolver “problemas prioritarios para este plan”, como a reordenación do transporte público para mellorar a súa eficacia, a sala de Control do Tráfico e o funcionamento da Policía Local. Despois de analizar isto, “xa se porá en marcha o resto de aspectos do Plan de Mobilidade”, matizou o líder popular, quen salientou que “tiveron que vir uns señores de Barcelona (en referencia aos redactores do Plan) para darlle a razón ao PP nas súas reclamacións”.

Proposta Partido Popular.- O GMPP pediu hoxe ao goberno local que reconsidere a súa idea de crear tres foros para analizar este documento. Jaime Castiñeira considera “absurdo separar tráfico e peonalización, de transporte urbano e de espazos urbanos”. A visión dos populares é moito máis práctica: crear un único foro coa idea de desenvolver este documento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario