lunes, 25 de enero de 2010

O GMPP critica a “apatía” do goberno de Orozco pola escasez de medios humanos e materiais no parque de bombeiros


· O incendio, esta fin de semana, de dous camións na Campiña puxeron en evidencia as carencias do servizo, xa que só se puido mobilizar un único efectivo para atender outra saída simultanéa no Carqueixo

· Rozas reclama que se cubran, canto antes, as cinco prazas vacantes do servizo

· Outro exemplo da desidia do goberno local é que, durante un mes, un dos camións que máis se utiliza estivo parado, cando a avaría do vehículo era “mínima e tiña unha doada solución”

Luns, 25 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular pediu, en rolda de prensa, que se cubran, canto antes, as prazas vacantes da Relación de Postos de Traballo no que respecta ao corpo de bombeiros.

O concelleiro popular, Enrique Rozas, explicou que esta mesma fin de semana se puxo en evidencia esta carencia de medios humanos. Mentres cinco dos seis efectivos que había no parque acudiron á sofocar o incendio de dous camións na Campiña. O xefe de bombeiros tivo que acudir só a cubrir outra saída no Carqueixo. Neste último caso “afortunadamente” era para controlar un incendio duns neumáticos.

Rozas pregúntase ¿que houbese pasado se fóra algo máis grave?. “Que non nos chamen alarmistas xa que o único que desexamos é que non ocurra algo do que despois teñamos que lamentarnos”, declarou Enrique Rozas.

Neste momento no corpo de bombeiros hai cinco vacantes dispoñibles e dúas máis que quedarán vacantes, no que queda de ano, por xubilacións. No parque de bombeiros hai 45 efectivos que conforman o cadro de persoal, os efectivos teñen unha media de idade moi elevada.

A apatía do goberno: camión inutilizado un mes

O concelleiro popular puxo riba da mesa outra proba do desinterese do goberno local con este servizo referiuse a un dos camións que máis se utiliza na extinción de incendios e accidentes e que estivo parado todo este mes de xaneiro “cando a avaría é mínima e ten unha doada solución”. Precisamente foi o pasado venres cando recuperou a actividade.

O concelleiro popular, Enrique Rozas, indicou que este camión é o que ten o maior depósito de auga, con 4.000 litros de capacidade e que conta cun equipo de excarcelación integrado no propio vehículo.

Amáis os populares puxeron de manifesto outras carencias no resto dos camións. Rozas destacou as dificultades que os efectivos do corpo lucense tiveron durante o temporal xa que, por mor do camión que está inutilizado no parque móvil, só se dispoñía dunha motoserra para cortar as ramas e árbores que caeron nas pistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario