martes, 19 de enero de 2010

O GMPP dá o visto bo a unha empresa mixta de turismo que chega “moi tarde”


· Castiñeira anuncia unha “férrea labor de control” desta empresa

Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira sinalou que o PP deu o seu visto bo á memoria da creación da empresa mixta de turismo. Con todo, Castiñeira lamentou que un proxecto fundamental chegue “tan tarde”.

Para o voceiro do GMPP, “a falta de xestión de Orozco durante os últimos dez anos” provocou que Lugo quedase turisticamente “descolgada”. Castiñeira condenou que “non estamos á altura de cidades moito menores en tamaño de habitantes e con moito menos patrimonio”.

O GMPP deu o visto bo ao proxecto logo de analizar as modificacións producidas na memoria. Inda así, Castiñeira anunciou que exercerá “un control ríxido do gasto” para que non se convirta no “enésimo chiringuito de Orozco”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario