jueves, 21 de enero de 2010

O GMPP denuncia un retraso de seis anos na apertura do Parque dos Paxariños


· Teresa Taboada asegurou que “se Orozco está tan preocupado está polos prazos do hospital, que nos dea unha resposta de cándo pensa concluír esta obra”

· A concelleira popular presentou unha batería de preguntas para coñecer a situación doutros proxectos medioambientais da cidade

Lugo, 21 de xaneiro de 2010.- O GMPP presentará unha batería de preguntas nas pide explicacións ao goberno local por diferentes actuacións, en materia medio ambiental, e que levan moitos anos de retraso. A primeira que chama a atención da concelleira popular Teresa Taboada é o “abandono” do parque dos Paxariños.

“Estamos diante dunha infraestrutura eternamente en obras”, subliñou a concelleira popular Teresa Taboada. Nese senso a concelleira popular quere saber cal previsión exacta de apertura desta zona de esparcimento.

A edil popular quere saber “cando se vai poder usar en condicións” esta infraestrutura, xa que o alcalde comprometeuse a telo listo en 2004. Taboada recriminou que o rexedor volvera a mentir fai un ano cando dixo que “faltaban pequenos remates” e, incluso, ao inaugurar o parque antes de telo listo para a súa apertura.

Taboada defendeu que o alcalde “amosa tal pasotismo co parque dos Paxariños que incluso deixa sen gastar máis das tres cuartas partes do presupostado para este fin”. A concelleira popular asegurou ademais que “se Orozco anda tan preocupado polos prazos do hospital, que empece el a facer públicas as datas de apertura das súas infraestruturas”. “O estamos nelo xa non vale”, sentenciou Taboada.

Deficiencias.-

O parque dos Paxariños presenta a día de hoxe a canalización de auga non soterrada, barandillas provisionais, falta de pavimento, carencia de iluminación e servizos tan básicos como farolas, papeleiras ou asentos…

Ademais, os veciños de Lugo poden atoparse restos de obra por todas partes, lousetas de formigón apiladas, restos de grava sobre o terreo… En definitiva, o parque non se atopa nas condicións “mínimas” de calquera espazo ao que os cidadáns poden acceder, xa que entraña perigosidade para nenos, anciáns e para todos en xeral.

Pasotismo de Orozco.-

O pasotismo de Orozco en materia medioambiental afecta tamén ao parque Rosalía de Castro. O rexedor ten “totalmente parada” a contratación do estudo fitosanitario das árbores deste parque. En concreto, Orozco só invertiu un quinto das cantidades presupostadas no entorno de Rosalía de Castro.

A desidia do alcalde tamén se reflexou na non reposición de árbores. Orozco tampouco confirmou a súa resposta á proposición veciñal de contratar un grafólogo para investigar a identidade dos grafiteiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario