jueves, 14 de enero de 2010

O GMPP pide explicacións ao goberno local da situación da polémica urbanización das costas do parque

Castiñeira: “Imos camiño dos tres meses dende que, a instancias do PP, se celebrou a única reunión co constructor e a asociación de veciños para rebaixar as alturas destas torrres”

Lugo, 8 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal Popular pide explicacións ao goberno local pola parálise da comisión de traballo, que se acordou crear en outubro pasado, para rebaixar as alturas das torres das costas do parque.
O concelleiro popular Jaime Castiñeira acusa ao goberno local de "inmobilismo, falta de traballo e nulo interese en solucionar este problema urbanístico que eles mesmos provocaron coa concesión, en solitario, da licenza desta urbanización".
“Imos camiño de que se cumpran os dous meses e medio dende a última e única reunión que se convocou a instancia do PP co construtor e asociación de veciños do parque".Castiñeira puntualiza que "para convocar a primeira reunión tomáronse o seu tempo. Tardaron 16 días logo de validar o acordo do Pleno por iniciativa do PP e agora desde o 22 de outubro non moveron ficha”.
Castiñeira insistiu en que "Orozco e o seu goberno escolleron a mellor opción para o promotor e a peor para Lugo" e teme que “o interese para buscar unha solución sexa só de cara á galería”. Co obxecto de aclarar en qué situación se atopa a polémica urbanización do Garañón presentou hoxe as seguintes preguntas: ¿Cando está prevista a próxima reunión, para tratar a unidade de actuación CS-5? ¿Cales foron os traballos realizados dende a última reunión da comisión?

No hay comentarios:

Publicar un comentario