martes, 26 de enero de 2010

O GMPP presenta un rogo para a mellora dos puntos WI-FI

· Cristina Ares comprobou que só funcionan perfectamente os puntos do CEI e do Centro Social de Fingoi

· A conexión é boa só nun de cada catro puntos anunciados

· A concelleira popular reclamou tamén unha mellor sinalización destes puntos

Luns, 26 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular presentou un rogo para a mellora dos puntos de conexión sen fíos a Internet (puntos WI-FI).

A edil popular Cristina Ares afirmou que só funcionan correctamente os puntos do Centro de Empresas e Innovación (CEI) e do Centro Social de Fingoi. "A realidade choca frontalmente cos 20 puntos que Orozco anunciou a bombo e platillo", sentenciou.

Ares chequeou todos os puntos WIFI anunciados polo concello o pasado luns 18 de xaneiro, e comprobou que a conexión so funciona nun de cada catro puntos anunciados.

A concelleira considera que "pasou un tempo máis que razoable" para que estes puntos funcionasen á perfección. Cristina Ares lembrou que transcorreron máis de dous meses dende a súa posta en marcha.

O GMPP solicita, ademais, neste rogo que se indique "claramente" onde se atopan os puntos wifi e cómo conectarse a Internet. Ares pediu tamén que se ubique alomenos un punto de conexión sen fíos en todos os centros sociais do Concello para aumentar o atractivo destas instalacións, sobre todo entre a xente nova.

Mellor sinalización.-

O escrito, que irá ao pleno do vindeiro luns 1 de febreiro, recolle tamén as deficiencias na sinalización destes puntos de conexión sen fío. Ares asegurou que "os cidadáns que desexen conectarse teñen que perder bastante tempo en averiguar ónde e cómo facelo".

A concelleira tamén lamentou que o mal funcionamento destes puntos "non cumpra co obxectivo de acercar á xente nova aos centros sociais".

Ares condenou que "a mala xestión de Orozco" provoca que os lucenses non se poidan estar beneficiando das boas condicións horarias dos centros sociais, que abren as fis de semana.

1 comentario:

  1. De paso recordarle a Orozco/Zarzuela lo de la tarjeta ciudadana. Que ya es el cachondeo padre, lo de la tarjetita que primero era para 2006, después para 2007 y ahora ni se sabe.

    ResponderEliminar