· Os populares reuníronse coa directiva da asociación lucense de xordos para coñecer as súas problemáticas e presentarlles distintas iniciativas encamiñadas a mellorar as súas posibilidades de comunicación
Mércores, 27 de xaneiro de 2010.- O GMPP propón que se poña en marcha un sistema que permita aos xordos comunicarse coa policía local. O sistema permitirá que as persoas con esta discapacidade poda comunicarse por mensaxe de teléfono móvil coa policía local, quen axudaría ao cidadán en situación de emerxencia.
Mércores, 27 de xaneiro de 2010.- O GMPP propón que se poña en marcha un sistema que permita aos xordos comunicarse coa policía local. O sistema permitirá que as persoas con esta discapacidade poda comunicarse por mensaxe de teléfono móvil coa policía local, quen axudaría ao cidadán en situación de emerxencia.
Para iso é necesaria a creación dun rexistro polo que os populares propoñen que para a súa elaboración se estableza un convenio co colectivo afectado. Neste rexistro poderanse inscribir todas as persoas xordas que residan no concello. Con este rexistro, a Policía Local terá os datos das personas inscritas y poderá actuar en caso de que calquera delas sufra unha emerxencia. Coa posta en marcha deste servizo mellorarase a calidade de vida das personas con discapacidades auditivas, que vivirán con máis "tranquilidade".
Sofía López Liñares afirmou que hai que “poñer en marcha distintas medidas adaptadas ao presente, e con visión de futuro, que beneficien aos 631 lucenses que teñen algunha discapacidade auditiva” .
A concelleira popular é partidaría de que as administracións fagan un traballo continuado, e afirma que con pequenas aportacións como a deste sistema se contribúe á mellorar a calidade de vida deste colectivo.
Reunión directiva asociación lucense xordos.-
Os populares presentaron esta iniciativa á directiva da Asociación lucense de xordos. Concelleiros do grupo entre os que estaba o seu voceiro, Jaime Castiñeira, xunto coa responsable de asuntos sociais, Sofía López Linares, recolleron as suxestións do colectivo comprometéndose a colaborar “para mellorar, no ámbito municipal, os sistemas de información e comunicación”.
Pola súa banda a directiva da Asociación explicou aos populares cales son as súas principias problemáticas. Entre outras cousas solicitan que se incremente a sinalización de emerxencia sonora e luminosa, maior número de paneis informativos e que estean visibles e campañas de sensibilización sobre as problemáticas deste colectivo ... etc

No hay comentarios:
Publicar un comentario