· Esta petición xurde logo de que o alcalde anunciase a sua intención de desviar esta partida para a concellaría de infraestructuras
· O PP suxírelle ao rexedor que invirta ese diñeiro na reforma do Ceao no lugar de poñer en marcha a supermazá, como pretende Orozco
Lugo, 8 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP, Jaime Castiñeira, proponlle ao alcalde que os 180.000 euros remanentes das obras do Plan E previstos se utilicen para arranxar os viais do Ceao que presentan un grave deterioro, especialmente os das rúas Industria e Agricultura, dúas das principias rúas do polígono industrial.
Pola contra, Orozco pretendía destinar esa cantidade á posta en marcha dunha supermazá enmarcada no plan de mobilidade. O alcalde anunciou a súa intención de invertir na concellería de Infraestruturas esta cantidade, e o PP non concibe “mellor utilización” que a que hoxe comunicaron.
Os populares fixéronlle esta mañá a petición a través dunha carta dirixida ao alcalde, xa que se o presentaban como proposicion a pleno, aínda que se chegara a un acordo, sería demasiado tarde para xustificar o gasto diante do Goberno central (os proxectos do fondo estatal deben estar concretados antes do 20 de xaneiro).
Os populares son da opinión de que o arranxo do firme destas rúas é unha obra moi necesaria xa que hai socavóns de gran tamaño que provocan situacións de risco entre os conductores que circulan polo polígono industrial e molestias aos propios industriais. Ademais, Jaime Castiñeira matizou que “hai que manter unha boa imaxe” desta infraestrutura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario