domingo, 24 de enero de 2010

O GMPP reclama medidas para que os suplentes de cursos municipais non paguen as cuotas de inscripción

O GMPP reclama medidas para que os suplentes de cursos municipais non paguen as cuotas de inscripción

· Na comisión de suxestións, que preside a popular Cristina Ares, presentaronse queixas por ter fóra servizo os ordenadores do Centro Uxio Novoneyra así como por fallos no transporte público

Lugo, 24 de xaneiro de 2010.- Neste mes de xaneiro presentáronse á comisión de suxestións que preside a popular Cristina Ares: DÚAS suxestións e CINCO reclamacións.

- Unha vez máis se repiten as queixas sobre a falta de puntualidade nos autobuses e a ausencia dun sistema de información aos usuarios para saber o tempo que teñen que agardar na parada ata que chegue o autobús volven á comisión. Relacionado co transporte urbano figura outra queixa máis, neste caso os usuarios con dificultade de mobilidade se queixan de que os buses non se achegan o suficiente ás beirrúas nas paradas.

- En materia de tráfico un veciño suxire que se sinalice un paso de peóns entre as rúas Rei Chiquito e Atalaya.

Repítese unha queixa efectuada o 26 de outubro na que se pedían explicacións dos motivos polos que as máquinas da ORA non facilitan.

- Un usuario queixase porque os ordenadores do Centro Uxío Novoneyra están fóra de servizo. A concelleira delegada, Luisa Zarzuela, indicou que se desconectaron no Nadal porque os usuarios molestaban aos que estaban na biblioteca. A solución que comprometeu é trasladalos a outras salas.

- A concelleira popular chámalle á atención a contestación do concello diante das queixas de cidadáns polo excesivo tempo de espera para realizar tramites no rexistro. O concello avanza que hai pouco persoal e que “está á espera de que unha nova reestructuración dos efectivos permita dotar axeitadamente a esta dependencia”.

- O idioma é outro motivo de queixa veciñal, non é a primeira vez que se reciben reclamacións porque non están disponibles impresos de castelán nas dependencias municipais.

DAS CONTESTADAS.-

- O Grupo popular solicitáralle ao goberno local que de cara a vindeira edición dos cursos de animación sociocultural se clarifique mellor o listado de admitidos e de suplentes. Neste curso déronse varios casos nos que suplentes aboaron a cota inscripción e o concello lles contesta que non teñen dereito a devolución dos cartos ingresados.

- Cristina Ares valora de xeito positivo que con respecto á demanda de accesibilidade nas dependencias municipais o goberno local afirme que “toma nota das suxestións e procederán a implementar as medidas necesarias”.

PENDENTES DE CONTESTACIÓN FÓRA DE PRAZO

Urbanismo e Réxime Interior de protección á comunidade acumulan varias reclamacións pendentes de informe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario