Lugo, 6 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao goberno local que repare a varanda situada na Ronda da Muralla á altura do xardín do Carme. Unha das travesas da infraestrutura está arrincada, polo que non protexe dunha pendente de varios metros, co conseguinte risco de caída de nenos.
Os populares advirten que se trata dunha zona frencuentada por menores, dado que se atopa nas inmediacións do Colexio San José. A instancias das peticións dos veciños, o GMPP insta ao equipo de goberno a resolver, canto antes, este problema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario