· Manuel López advertiu que o temporal deixou intransitable algunha vía como a que une O Burgo con Calde
Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O concelleiro do Grupo Popular, Manuel López Fernández, pediulle ao goberno local que bote axiña unha capa de grava nun camiño que une as dúas pistas que van do Burgo a Calde xa que co último temporal quedou intransitable. O edil popular indicou que este é o único acceso ás fincas da zona.
O edil popular subliñou que neste momento é imposible circular por esta vía, e asegurou que hai outros casos similares de pistas en moi mal estado polo que reclama ao goberno local que “dunha vez por todas” elabore un protocolo que determine as obras prioritarias na zona rural para evitar que os arranxos se fagan respondendo ao grao de amizade dos que a solicitan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario