· Enrique Rozas pídelles “coordenación e traballo duro” ao alcalde e ao subdelegado do goberno
· Un intento de atraco na praza da Soidade súmase aos roubos rexistrados na última quincena
Lugo, 7 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou hoxe a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade para analizar a vaga de roubos e atracos. O concelleiro popular Enrique Rozas instou á “coordenación” aos máximos responsables da seguridade en Lugo, o alcalde Xosé Clemente López Orozco e o subdelegado do goberno Xosé Vázquez Portomeñe.
Un intento de atraco na praza da Soidade engádese á vaga de roubos xa denunciados nos medios de comunicación. Un señor foi asaltado a véspera de Noiteboa ás 11.30 da mañá na praza da Soidade.
Ante esta situación, Rozas solicitou que “se atallen inmediatamente estes casos” e, para iso, considera “necesario e urxente” a coordenación de corpos e forzas de seguridade do estado para garantir a seguridade da cidadanía. O concelleiro popular suxiriu a convocatoria urxente desta Xunta, na que os responsables son o alcalde coa Policía Local e o subdelegado do goberno coa Policía Nacional e a Garda Civil.
Outros roubos.- Este asalto da praza da Soidade vén a sumarse á vaga de roubos e atracos que está a sufrir a cidade. A gasolineira do Ceao, a cafetería do hospital Xeral, roubos en distintas vivendas da cidade e varios supermercados da zona da Milagrosa xa foron escenarios destes asaltos. Rozas lembrou as denuncias que xa fixera o PP a propósito de roubos de diñeiro na Policía Local e de ordenadores nos despachos do edificio consistorial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario