sábado, 23 de enero de 2010

O PP pon a punto a engranaxe do partido de cara ás vindeiras eleccións

· O presidente da xunta local, Jaime Castiñeira iniciou hoxe cos responsables de distritos do concello o calendario de encontros de traballo

Xoves, 21 de xaneiro de 2010.- O Presidente da xunta local do PP de Lugo, Jaime Castiñeira mantivo hoxe un encontro cos responsables dos seis distritos do concello de Lugo. No encontro, participou o Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, así como os concelleiros do Grupo Municipal.

Castiñeira explicou que o obxectivo desta xuntanza é preparar a axenda de traballo de cara ás eleccións municipais que terán lugar na primavera de 2011 “esa é a prioridade que nos marcamos para os próximos meses e por iso arrancamos o calendario de reunións cos responsables dos cinco distritos da cidade o distrito rural”.

A vindeira semana levarase a cabo unha sesión de traballo na que participarán os presidentes das distintas comisións que se crearon no seo da xunta local e que abarcan os ámbitos de tráfico e transporte, turismo, novas tecnoloxías, comercio e industria, sanidade, educación e sénior ”.

O Presidente da xunta local, Jaime Castiñeira, recalcou que se volcará para “poñer a punto” a engranaxe do partido de cara á vindeira cita electoral e na reunión de hoxe propuxo que en cada sección haxa un coordinador que se responsabilizará de incrementar ao traballo a pé de rúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario