· Os populares pregúntase en que se basea o concello para dicir que os problemas da traída son froito dunha sabotaxe
Xoves, 28 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP, Jaime Castiñeira, pediu hoxe explicacións ao alcalde sobre a potabilidade da auga da traída de Lugo.
Os populares consideran que o goberno local “non está a dar unha resposta adecuada á problemática detectada, dende hai uns días, en varios puntos da cidade” e recriminaron que, unha vez máis, “pola súa incapacidade á hora de resolver un problema o alcalde pase a responsabilidade deste asunto a outras administracións”. A este respecto o voceiro popular desmentía que Sanidade tivese, esta mañá, coñecemento oficial de abrir unha investigación sobre esta cuestión o tal e como se confirmaba dende o concello.
Castiñeira quere saber en que basea o concello as súas sospeitas sobre unha posible sabotaxe da rede de auga da traída. O voceiro popular puntualizou que, “en ningún momento, pretenden crear alarma sobre este asunto pero apuntan que nun tema tan sensible se debe facilitar a máxima información disponible”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario