• O espazo acondicionado no Dolce Vita leva case medio ano abandonado. Nas estanterías non hai nin tan sequera folletos informativos que sirvan de reclamo aos posibles turistas
Venres, 26 de febreiro de 2010.- O GMPP lamenta que o local que cedeu un centro comercial da Coruña ao concello de Lugo para promoción da cidade estivese, durante case medio ano “infrautilizado”. A concelleira popular, Cristina Ares, criticou que o goberno local tivese abandonado este espazo no que nin tan sequera hai folletos informativos “o que demostra unha total desidia. A cesión deste local só serviu para facerse a foto de turno coincidindo co San Froilán, nada máis”.
Na xunta de compras do venres 26 de febreiro aprobouse unha proposta de gasto de 2308 euros para acondicionar de novo este local con “estructuras e vitrinas de cristais novas de cara a potenciar os actos do Lugo 10”. Os populares agardan que este gasto, por fin, sirva para facer unha promoción real e que se dé contido a este local “fuxindo da política de fume a que nos ten habituados o señor Orozco”.
·Os veciños da asociación de Quinta de Pérez-Río Sil, que se reuniron hoxe con Castiñeira, síntense “ninguneados polo alcalde” xa que non saben nada do compromiso que lles fixo hai Orozco 5 meses
·En a penas un mes, o GMPP peinou máis de 115 rúas e unha vintena de parroquias do concello
Venres, 26 de Febreiro de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira, anunciou que pedirá explicacións na vindeira comisión de urbanismo sobre en que punto están os trámites para que o concello reciba a urbanización da Quinta de Pérez.
Castiñeira escoitou, esta mañá, nunha reunión que mantivo cunha representación da Asociación veciñal Quinta de Pérez-Río Sil, as demandas veciñais e atendeu ás explicacións dos beneficios que lles reportaría a consideración dos terreos como titularidade municipal.
Este colectivo informou ao popular que nas próximas horas presentarán un escrito no resistro xeral instando a que o concello reciba estes terreos. O documento será presentado, de xeito inminente, no rexistro xeral do municipio.
Os propios habitantes da Quinta de Pérez amosáronse indignados co alcalde e trasladáronlle a Castiñeira o seu malestar porque Orozco comprometerase a asumir a zona fai case cinco meses. "Cada vez menos lucenses cren no estamos nelo do alcalde", subliñou o voceiro popular. Os veciños están decepcionados co rexedor, posto que, a día de hoxe, inda non teñen resposta do socialista.
Os residentes quéixanse do estado de deterioro da pista polideportiva e do parque, polo que urxen ao concello a acelerar a recepción dos seus terreos para o adecentamento da zona. Outra petición é a relacionada coa distribución interna de viais e xardíns, xa que sería aconsellable facer modificacións na súa ubicación con vistas a facilitar os xiros de camións e de vehículos de emerxencia.
Balance de visitas.-
A visita á Quinta de Pérez súmase ao longo percorrido que os populares están facendo por todo o concello: Bispo Aguirre, Avenida de Madrid, rúa Salmón, Galegos, San Eufrasio, parte da Avenida da Coruña, Camiño Real, Avatarda, rúa Portugal, rúa Tui, Carril dos Loureiros, Recatelo, Cedrón del Valle, Cidade de Viveiro, Vilar de Sarria, Rúa Montirón, Carril dos Indios, Paxariños, Avatarda… Así ata sumar un total de 117 rúas repartidas en sete seccións de catro distritos distintos. A intención é ter detectados antes do verán todos os problemas do municipio, polo que o GMPP traballa "a destallo cos e para os lucenses".
• Os populares levan unha iniciativa ao pleno logo das numerosas queixas recibidas na Comisión de Suxestións de persoal municipal e de veciños
• A edil Cristina Ares fixo esta solicitude por mor da incapacidade do goberno municipal de culminar a primeira fase da administración electrónica
Venres 26 de Febreiro de 2010.- O GMPP instou a Orozco a reorganizar o servizo do Rexistro Xeral do Concello para evitar as colas que se forman.
Os populares presentaron unha iniciativa a pleno para que o goberno municipal estude a maneira de atender ao público máis rapidamente, sobre todo nos momentos de máxima afluencia dos cidadáns. A concelleira popular Cristina Ares lamentou que "os lucenses perdan moito tempo esperando colas neste servizo".
Falla da administración electrónica.-
Esta demanda chega logo de que Orozco se amosase incapaz, "por enésima vez", de cumprir cun compromiso seu. En concreto, o goberno municipal non foi quen de cumprir a súa promesa de culminar satisfactoriamente a primeira fase da administración electrónica. "Por culpa da súa ineptitude, os cidadáns teremos que seguir facendo cola nas dependencias municipais", polo que Ares entende que "o mínimo que podemos esixir é que se solucione este problema".
A concelleira popular manifestou que a Comisión de Suxestións e Reclamacións que ela preside ten recibido queixas polo mal funcionamento do Rexistro, algo que tamén tensido obxecto de denuncia tanto por parte de entidades veciñais como da propia xunta de persoal do Concello
·“Se pensan que con ameazas nos van a achicar están moi equivocados”
·Os populares acusan a Orozco de tomar o pelo aos veciños de Galegos ao decir que a obra está rematada ese é o modelo socialista: “deixar todo a medias”
Xoves, 25 de febreiro de 2010.- O gmpp mantén a súa postura no tocante á denuncia que fixo con respecto da obra de saneamento e abastecemento en Galegos. Jaime Castiñeira replica ao alcalde que si ten dúbidas sobre a acusación cursada “está no seu dereito a estudar as medidas oportunas”.
“Dixen o que hai,e me ratifico”. A obra inacabada de Galegos foi recibida o día dez de novembro. O goberno a deu por terminada e aceptando a certificación.
Os únicos que enganan aos veciños con “lapsus” son outros lembrando a afirmación do alcalde enNadela de que había un proxecto feito, e pagado polo concello de reforma da nacional VI”.
Castiñeira considera unha cobardía política que o goberno local pase a responsabilidade aos técnicos municipais. “É un goberno que non asume as responsabilidades que lles corresponde”.
O modelo socialista “deixar a medias” as obras.-
O voceiro popular se ratifica en que a obra de Galegos non está acabada . ¿Desde cando as tapas dos depósitos se fan con táboas de encofrado?, ¿desde cando aos poucos de recibir unha obra esta se desfae cun pé?. Ese é o modelo socialista “deixar as cousas a medias” pero ao PP non lle vale. Se fae dous meses estaba rematada non pode hoxe estar así.
Aos populares non lles valen as disculpas do tempo porque esta obra de Galegos fíxose en outubro, e primeiros de novembro onde as inclemencias climáticas foron as normais de cada ano. “Que miren ben o calendario, ao mellor para o goberno municipal facía un tempo diferente que para o resto dos lucenses”.
O decreto da obra de saneamento e abastecemento de Galegos é de novembro do ano 2008 e a obra estaba programada dende xaneiro de 2009 (foiaprobada polo goberno de ZP o 27 de xaneiro de 2009). O prazo de execución era de catro meses.
Intento de amordazar á oposición.-
Os populares puxeron de manifesto que con reaccións coma estas “non van a amordazarnos”. “Non é este o primeiro intento”, puntualizou Castiñeira.
“Se pensan que con ameazas nos van a achicar están moi equivocados”. “Se poñan como se poñan o grupo popular seguirá facendo o traballo de fiscalización de forma seria e responsable, sempre pensando no beneficio de todos os lucenses”.
Os populares cren que o goberno de Orozco está á defensiva dun xeito esaxerado . “Si se pon así a 15 meses das elecciónscomo reaccionarán máis tarde. Están máis nerviosos do que pensabamos”, puntualizou Jaime Castiñeira.
· “Esta inseguro porque falta pouco para as eleccións e o resultado da súa xestión é un fracaso”
· Os populares queren saber se o alcalde xestionará un local máis próximo, para que nas vindeiras eleccións municipais, as 2.179 persoas censadas nas inmediacións da Fonte dos Ranchos e A Cheda podan exercer o seu dereito a voto
Mércores, 24 de febreiro de 2010.- “Orozco tivo un arrebato”, está nervioso porque “non ve claro o seu futuro político, e porque o balanzo da súa xestión é moi pobre pese a levar once anos no goberno”. Deste xeito respostaba o voceiro popular ás declaracións do alcalde nas que cualificaba de “saída de ton a petición que formulou para buscar un local novo para que os 2.179 veciños censados en Ronda do Carme, Praza de Simón Bolivar, Avenida das Américas, e Marqués de Ombreiro, Fonte dos Ranchos … tivesen as urnas para votar máis cerca, xa que arestora teñen que votar no edificio do Palomar”.
Jaime Castiñeira explicou que a proposta de reubicar as tres mesas que hai no Palomar responde a unha cuestión de sentido común plantexada polos veciños. Dende o grupo popular non se pon en dúbida o traballo dos servizos municipais senon a “falla de traballo do alcalde”.
De feito, Castiñeira sumouse á felicitación feita, no seu día, por García Díez ao informe realizado por actas pero lamenta que non se dese cumprimento ainda a esta reivindicación veciñal.
Castiñeira pídelle a Orozco que lea detidamente o contido completo do informe e insiste en que pasou máis dun ano sen que o goberno local habilitase locais alternativos para que votasen s veciños da Cheda. “Fai 14 meses valía o do estamos nelo, pero hoxe xa tiña que estar feito”, puntualizou Castiñeira.
Castiñeira insistiu en que “pese a que ao rexedor lle moleste que cada pouco lle recordemos os seus incumprimentos, dende o grupo popular seguiremos presentando, as veces que faga falla, iniciativas para que se dean solucións ás demanda veciñal”.
Tal e como xa se anunciou, Castiñeira preguntará na xunta de voceiros deste venres en que situación están os trámites para reubicar as tres mesas do Palomar e a da rúa Mondoñedo. Entre outras cousas o que plantexaba o informe era realizar:
“Un estudo que determine a poboación por rúas para facer unha nova avaliación que deixe un mínimo de 500 e un máximo de 2.000 electores por sección ( o aconsellable é 1.200 por mesa)”.
O voceiro popular tamén quere saber se Orozco xa cursou unha resolución propoñendo a modificación do seccionado ao INE en aras a solucionar a petición dos veciños da zona.
· O edil Manolo López criticou o mal estado das pistas e o despilfarro que provoca a ausencia deste Plan
· O concelleiro sinalou ademais que Orozco non limpou nunca as cunetas das pistas do rural
· O GMPP xa visitou Muxa, Pedreda, Santa Comba, Nadela, Recimil, San Mamede dos Anxos…
Mércores, 24 de Febreiro de 2010.- O GMPP denunciou esta mañá en roda de prensa as consecuencias da falta dun Plan de Mantemento Municipal para os 500 quilómetros pistas no rural.
O concelleiro Manolo López sinalou que a falta deste Plan provoca situacións tan curiosas como que nunha pista de Recimil naza un "manantial" no medio do vial. O popular denunciou a existencia de innumerables baches na pista de acceso de Nadela a Recimil, zona de Nadela, entorno de Santa Comba, Tirimol, Muxa, Coeses… "Dicir qué pistas están afectadas sería como enumerar todas as parroquias do rural, agás os viais que van ás portas dos pedáneos", resumiu Manolo López.
Pola contra, se o equipo de goberno puxese en marcha o plan de actuación, os veciños de Lugo aforrarían moito diñeiro e as pistas estarían en mellor situación. O concelleiro recalcou que, ao non existir esta política de mantemento, só se actúa tarde e mal, é dicir, "a salto de bache", cando as pistas xa están cheas de socavóns, polo que o custe é moito maior. Amais, o mal estado das cunetas provoca que a auga transcorra polo firme dos viais, co cal se xeran situacións de risco, ao tempo que se estraga o asfalto. "Trátase de que Orozco aplique por fin unha política de prevención e mantemento, e non simplemente de seguir unha estratexia de reparación", manifestou o edil popular.
Manolo López denunciou tamén que o alcalde non limpou nunca as cunetas das pistas do rural. "Dende que chegou á alcaldía en 1999, non se preocupou o máis mínimo destes veciños, só se lembrou deles para irlles pedir o voto e para ir ás festas do rural a anunciar os proxectos que aínda non ten feitos".
Dilapidación da herdanza.- O GMPP lamentou que Orozco estea a dilapidar a herdanza que os anteriores gobernos populares deixaron en materia de viais na zona rural. O concelleiro popular amosouse indignado porque "deixámoslles 500 kilómetros de viais na zona rural perfectamente asfaltados, e agora Orozco ten que rezar para que veña o Plan E a salvarlle os mobles nalgunha pista". Manolo López estimou que "non son de recibo a deixadez e o abandono aos que Orozco somete ás parroquias", posto que os seus habitantes "son igual de veciños de Lugo que os da rúa da Raíña, como di sempre o alcalde".
Visitas no rural.- O concelleiro popular Manolo López, xunto con algúns compañeiros de partido e o propio voceiro Jaime Castiñeira, está a efectuar varias visitas a diferentes zonas do rural. En concreto, o GMPP xa peinou as parroquias de San Mamede dos Anxos, Muxa, Santa Comba, Pedreda, Recimil, Nadela… Esta liña de encontros é complementaria ás que manteñen concelleiros da zona urbana nos diferentes distritos e seccións. Según López "trátase de escoitar aos veciños do rural, porque merecen o mesmo trato que os lucenses da capital". As visitas enmárcanse na política de rúa do equipo de Jaime Castiñeira.
· Esta é unha nova “chapuza” do Plan E de ZP no concello de Lugo
· Os populares acusan ao goberno de Orozco de improvisar e facer un seguimento deficiente das actuacións realizadas cos fondos estatais
Martes, 23 de febreiro de 2010.- O voceiro do gmpp, Jaime Castiñeira, denunciou hoxe que o equipo de goberno “recibiu e deu por finalizada e certificada a obra de saneamento de Galegos”. “A obra non está acabada, o depósito onde se almacenan as augas residuais do barrio nin tan sequera está conectado á bomba que o envía á rede xeral” puntualizou o voceiro popular.
Castiñeira apunta que “a improvisación, o nulo seguimento e en definitiva a ineptitud, por parte do goberno de Orozco con esta actuación do Plan E, queda patente, ás claras, nesta obra”.
Chama a atención que o depósito estea sen tapar, unha circunstancia que está a provocar molestias ao veciño do barrio que cedeu os terreos para colocar esta instalación e que agora ten que soportar os cheiros da auga residual que se acumula no depósito.
Outra proba da “chapuza do plan E de Orozco e ZP” témola na propia calzada de Galegos, recén alquitranada que se desfai co pé. “O formigón é de tan mala calidade que xa está desfeito”, puntualizou Castiñeira.
A obra “inacabada” de abastecemento saneamento de Galegos contou cun orzamento de 202.000 euros tiña un prazo de execución de catro meses. Esta actuación era das que tiña que estar certificada a 31 de decembro “de aí as presas do alcalde de certificar obras inacabadas”.
O voceiro popular instou ao alcalde a que tome medidas e se remate esta actuación canto antes. Jaime Castiñeira advertiu a Orozco que “seguirán desenmascarando as chapuzas do Plan E que contan co visto bo do alcalde”.
En aras de buscar a estabilidade de usuarios dos centros de día con praza municipal o GMPP conseguiu “arrincar o compromiso do goberno local” de que as vacantes que queden nas prazas xa concertadas, no mesmo centro, podan ser ocupadas por algún destes usuarios. Neste momento das 15 prazas que o concello ten concertadas nun centro privado queda unha vacante que poderá utilizar un das 24 familias afectadas polo recente cambio de adxudicación deste servizo.
Coida a túa saúde.-
O goberno local aceptou a proposta do PP para colaborar con distintos colectivos lucenses que traballan con enfermos de alzheimer, cancro, enfermedades renais, fibromialxia … para incorporalos a programación das conferencias do programa "Coida a túa saúde". A edil popular suxeriu que se empregue a sabiduría destes colectivos para as tarefas de prevención en materia de saúde.
O voceiro popular, e presidente da Xunta local de Lugo, Jaime Castiñeira Broz acompañado polo Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, participaron nunha cea con afiliados e simpatizantes do Partido Popular do distrito 1 (correspondente a zona do casco histórico).
Este encontro forma parte do programa que desenvolve o Presidente da Xunta local co ánimo de estreitar o vínculo entre as bases do partido e reforzar o traballo que desenvolven a pé de rúa.
Luns, 22 de febreiro de 2010.- O GMPP pide ao concello que desatasque a fonte pública de galegos, que leva quince días, sen poder utilizarse ao quedar tupido o desaugue.
É imposible coller auga, está estancada á altura dos canos. A fonte de galegos do ano 1944 foi restaurada en 2008. Os veciños lamentan que este elemento quedara metido na estrada “as barandas de protección recibiron numerosos golpes de vehículos tal e como se pode comprobar no peche da fonte”.
En galegos tamén hai preocupación pola falla de información por parte do concello no tocante ao acceso ao novo hospital pola estrada que atravesa este núcleo “reclaman solucións para evitar situacións de risco dos veciños que, nun futuro, utilicen esta vía para acceder ao centro sanitario xa que é de dobre dirección e hai tramos moi estreitos”
Os populares tamén reclamaron melloras para a pista polideportiva do barrio que presenta “un peche moi deteriorado así como a reposición das canastas”.
O programa de visitas do grupo popular, capitaneado polo voceiro do PP Jaime Castiñeira, busca reforzar os vínculos coa sociedade así como seguir moi de perto ás demandas da rúa e ás preocupacións dos lucenses.
·Os populares queren saber en que punto se encontra o compromiso que asumiu o alcade, “de facer esta análise”, no pleno do 23 de decembro de 2008
·A xuízo de Jaime Castiñeira, trátase da “enésima mostra da falta de vontade política do señor Orozco”
Luns, 22 de febrero de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira pedirá explicacións, na vindeira xunta de voceiros, sobre a revisión da situación das mesas electorais que o alcalde se comprometeu a realizar, hai máis dun ano, a instancias dunha iniciativa popular.
Orozco dixo que realizaría este traballo no pleno do 23 de decembro de 2008 . O voceiro popular criticou que nun tema “facilmente subsanable e de sentido común non se teña feito nada de nada”.
Castiñeira remarcou que “o dereito a voto é inalienable e é unha garantía constitucional”, polo que entende que “hai que velar para que os cidadáns fagan uso del nas mellores condicións posibles”. “Unha democracia sana non pode permitirse que o frío escorrente as ganas de votar por mor dunha mala selección das instalacións”.
Antecedentes.-
O GMPP presentara un rogo para o pleno do 23 de decembro do 2008 no que instaba ao alcalde á revisión do mapa de ubicacións das mesas electorais. En concreto, o escrito dos populares aludía a casos como o do barrio da Cheda, onde os veciños reclamaban un local alternativo posto que o actual está mal acondicionado e atópase moi lonxe das vivendas dos votantes.
Os lucenses da Cheda quéixanse de que se teñen que desprazar ata as naves do Palomar, onde está disposta a localización de dous colexios electorais cun total de tres mesas nas que votan moitos cidadáns. Alí exercen este dereito residentes da avenida das Américas, a Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, a ronda do Carme e praza Simón Bolívar, entre outros.
Os veciños desta zona manifestan que teñen varias alternativas nas inmediacións “sen saír do noso barrio”. Amosáronse resignados porque moitos teñen que recorrer a un vehículo de transporte para poder votar, algo que lles parece impropio do século XXI.
O GMPP tamén incluíu no rogo a petición de que se revisase o resto de mapas electorais de todo o concello para ver se esta situación se repetía noutros puntos.
Domingo, 21 de febreiro de 2010.- Das reclamacións presentadas ao longo do último mes, na comisión de suxestións, destacan dúas sobre a problemática da auga da traída en Lugo. Asemesmo seguen rexistrándose queixas polos importes excesivos na tarificación da auga.
A presidenta da comisión, a popular Cristina Ares referiuse a unha reclamación que ten que ver coa actuación, a xuízo dun lucense, “desconsiderada e perigosa dun camión de servizo de limpeza municipal na Avenida da Coruña”. O veciño en cuestión denuncia que invadiu a beirarrúa mentres que o conductor do camión declara,nun informe do servizo, “que subiu á beirarrúa para realizar a carga do baldeador, e que en ningún caso molestou aos viandantes”. Neste informe se apunta que se advertirá aos traballadores da conveniencia de estacionar os vehículos nos lugares autorizados para elo.
Tamén hai unha queixa remitida á enxeñería por desperfectos nunha propiedade particular ocasionados por unha obras en Monte Adairo, outra por deficiencias no alumeado público da zona de Poeta Lorenzo Varela. O veciño afirma que dende hai máis dun ano a metade das farolas desta vía non aluman e dende o servizo se informa que “están pendentes de recibir o material necesario para resolver o problema”.
Un veciño de Lugo chama á atención ao goberno municipal sobre o gasto que se fai en accesibilidade cando o servizo de autobuses é moi deficiente. (falla de puntualidade, de información e trato desconsiderado dos conductores).
Hai unha suxestión para a área de persoal para que se dé prioridade ás persoas con discapacidade para contratación de persoal para o concello.
Informes pendentes.-
A presidenta da comisión de suxestións, Cristina Ares indicou que se resolveron varios expedientes pendientes. Chama a atención a resposta de Servicios Sociais ante a queixa pola desconexión dos ordenadores do Uxio Novoneyra. O goberno local di que se trata “dunha medida temporal por mor dos reiterados episodios de vandalismo ata que sexa posible dispoñer de persoal suficiente para o debido control do uso dos aparellos”.
Sobre o estado salubre dunha finca Ramón y Cajal “o concello obrigará a súa limpeza nun prazo máximo de tres meses”. Cantoa falla de impresos en castelán nas dependencias municipais o concello resposta que “a actuación é conforme a dereito” e informa que pode solicitar a traducción ao castelán dos documentos que lle afecten persoalmente e que tamén pode solicitar impresos, en castelán, na oficina de atención ao cidadán.
Sobre a falla de pasos de peóns entre Rúa Rei Chiquito e Atalaya o servizo informa de que se incluirán no plan de sinalización deste ano.
Continúan sen informe varias reclamacións atrasadas das áreas de urbanismo, rexime interior e protección da comunidade. A comisión decidiu enviar requerimento para axilizar a súa tramitación.
• Cristina Ares reclama unha profunda revisión da política de promoción do emprego ante o preocupante aumento do paro no municipio
• A 31 de xanerio de 2010, 7.652 veciños de Lugo engrosaban as listas do INEM , 2.256 máis que no mesmo mes do ano anterior
Venres, 19 de febreiro de 2010.- As cifras cantan .-
No último mes do ano 2009, o paro rexistrado en España medrou en 54.657 persoas respecto ao mes anterior, situando o total de desempregados en 3.923.603, o que supón un repunte do 25,4% respecto a 2008, e se traduce en 794.640 parados máis. Os datos de xaneiro volven a encender a luz de alarma. Os 124.890 novos desempregados de 2010 sitúan o paro rexistrado por riba dos 4 millóns de persoas (4.048.493).
Non obstante, Galicia é a terceira comunidade autónoma con menos aumento do paro registrado en termos interanuais (só por detrás de Extremadura e Asturias), cun aumento do 15,06 % fronte ao 21,66% do conxunto do estado. De feito este diferencial positivo tamén se reflexa na Enquisa de Poboación Activa onde Galicia conta cunha diferenza positiva de preto de seis puntos con respecto á media estatal.
Sen embargo, o aumento do paro rexistrado afecta especialmente ao municipio de Lugo. A 31 de xanerio de 2010, 7.652 veciños engrosaban as listas do INEM , 1.201 máis que no mesmo mes do ano anterior, o que implica un crecemento interanual do desemprego en Lugo do 18,62% (3,56 puntos por riba da media galega), fronte ao 15,16% de Santiago de Compostela (en torno á media galega), e o 12,29% da cidade olívica, ou o 10,5% de Ourense (con aumentos do desemprego de 2,77 e 4,56 puntos por debaixo da media galega respectivamente)
A concelleira popular, Cristina Ares, denunciou a falla de planificación e a pouca eficacia das actuacións do goberno de Orozco en materia de promoción do emprego. Para a edil popular, resulta moi chamativo que unha política á que os orzamentos de 2009 asignaban un total de 6.866.268,64 euros tivese uns resultados tan negotivos. É evidente que a o goberno de Orozco ten un serio deficit de xestión tamén nesta área, e citou como exemplo do desatino, os resultados do Plan de inclusión social social e ocupacional de 2009, que veñen de facerse públicos, no que só 11 dos 139 inscritos atoparon un posto de traballo.
Os populares puntualizan que o goberno municipal actúa en materia de emprego “a salto de mata” en función das axudas que é quen de conseguir doutras Administracións, algo que non é malo en si mesmo, pero, a xuízo dos populares, si insuficiente, máxime nun contexto de crise económica como a que estamos a vivir en España. “Sen unha definición clara dos obxectivos en materia de emprego e unha estratexia a medio prazo coherente por parte do goberno municipal é imposible frear a destrucción de postos de traballo no municipio de Lugo”, afirmou Cristina Ares.
Os populares entenden que nunha situación como a que hoxe vivimos na que os ingresos son escasos e as cifras do paro rexistrado afectan singularmente ao municipio de Lugo, é necesario reflexionar sobre a millor maneira de investir os cartos dedicados a esta política municipal, sempre en colaboración coa iniciativa privada.
· Unha planimetría completa permitiría coñecer o diámetro, o material e o tipo de tuberías, así como a antigüidade da rede, entre outras vantaxes
· Na actualidade, en torno a un 20% da rede non está en papel, senón "só na cabeza de funcionarios municipais"
Xoves, 18 de febreiro de 2010.- O GMPP levará a pleno unha iniciativa para que se faga unha planimetría completa da rede de auga.
O voceiro popular Jaime Castiñeira considera "necesaria" esta medida, posto que na actualidade un en torno a un 20% da rede só se atopa "na cabeza dos funcionarios municipais", algúns deles a punto de xubilarse.
Para Castiñeira, "o normal sería que a totalidade da rede estivese recollida nos planos". O voceiro concretou que as zonas e tramos máis antigos da rede son as que están sen recoller.
O popular manifestou que "hai lugares nos que non se sabe por onde transcorre a circulación de augas". Castiñeira expresou a súa petición para que se faga este levantamento planimétrico completo "tendo en conta o coñecemento dos funcionarios municipais do servizo de augas".
Esta análise sería necesaria para saber "ónde están as chaves de corte, cómo enlazan entre elas, cómo é a malla pola que van os tubos, qué tipo de tuberías hai na zona, o diámetro e o material do que están feito as tuberías, así como a antigüidade da rede…", ademais de para coñecer os puntos exactos por onde transcorre a auga. "O Concello debe traballar cunha documentación axeitada aos tempos nos que vivimos" e non traballar de memoria.
Castiñeira matizou que "o feito de coñecer exactamente o estado da rede permitiu actuar con certa rapidez no caso da rotura da tubería de Afonso X". Polo tanto, ante a previsión de que "poidan producirse máis situacións similares pola decisión improvisada de Orozco", o popular espera o apoio dos demais grupos políticos para sacar adiante esta iniciativa.
O voceiro advirtiu que "o lóxico sería ter datos concretos". O GMPP xa presentara no seu día unha iniciativa para facer un estudo completo do estado das distintas rúas da cidade, incluíndo todos os servizos (augas, redes de saneamento, alumeado público, etc).
"Estamos ante un goberno que é incapaz de traballar coa política de prevención", reiterou Castiñeira. O voceiro popular lamentou que Orozco actúe sempre con improvisación e sen sentido común.
O GMPP presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa que se debaterá no pleno do vindeiro 1 de marzo.
• La concejala popular demanda al equipo de Orozco que busque una fórmula para darles solución a estas 24 familias
• El GMPP lamenta que pacientes estables se vean alterados sus patologías por el cambio de centro
Miércoles, 17 de febrero de 2010.- El GMPP denunció hoy en rueda de prensa que la decisión del equipo de Orozco de cambiar la adjudicación del servicio de centros de día puede agravar las patologías de algunos de los veinticuatro usuarios afectados. El GMPP se hace así eco de las quehas de usuarios de centros de día con plaza concertada con el ayuntamiento y que ahora tienen que abandonar el centro al que llevan muchos años adaptados, tanto al personal como al propio centro. Por eso, llevará este tema a la Comisión de Bienestar Social, que preside la concejala Sofía López Linares y que se celebrará el próximo lunes 22 de febrero. La edil popular afirma que "las personas no son mercancías que puedan andarse cambiando en cualquier momento". López Linares cuestionó además los casos en los que el cambio pueda ser contrario a la terapia, dado que "hay usuarios con Alzheimer a los que el cambio de centro puede acarrearles un agravamiento de la patología previa".
La concejala popular lamentó que "nadie avisó personalmente a estos usuarios de su desplazamiento", sino que les fue enviada "una fría carta" para comunicarles la noticia con solo diez días de antelación, criticó López Linares.
"No son simples números. Son personas: Luis, Dolores, Alicia, Celia… a veces su única familia son los trabajadores del centro de día", remarcó. Por ello, instó al gobierno local a buscar "una solución urgente".
Por otra parte, la concejala también presentará a esta Comisión una iniciativa para que se tenga en cuenta la experiencia de asociaciones de afectados por enfermedades para impartir charlas en el marco de las actividades que desarrolla el concello en los centros socioculturales. En concreto, López Linares propone que los colectivos de alzheimer, cáncer, enfermedades renales, fibromialgia… colaboren en las conferencias del programa "Coida a túa saúde". La edil popular sugiere que se emplee la sabiduría de estos colectivos para las tareas de prevención en materia de salud.
Iniciativa a pleno.-El GMPP, además de estas proposiciones para la Comisión de Benestar Social, propone que se ponga en marcha un sistema que permita a los discapacitados auditivos comunicarse con la policía local. Los populares llevarán esta iniciativa al pleno del 1 de marzo. El sistema permitirá que las personas con esta problemática puedan comunicarse por mensaje de teléfono móvil con la policía local, quien ayudaría al ciudadano en situación de emergencia. Para eso es necesaria la creación de un registro, por lo que los populares proponen que para su elaboración se establezca un convenio con el colectivo afectado. En este dispositivo se podrían inscribir todas las personas con problemas de comunicación que residan en el ayuntamiento.
·O edil Manolo López, xunto co voceiro Jaime Castiñeira, visitou a pista de San Mamede dos Anxos, na contorna de Nadela
·O concelleiro popular acusa a Orozco de crear agravio comparativo entre os veciños da cidade e os da zona rural
Martes, 16 de febreiro de 2010.- O GMPP acusa ao goberno de Orozco de "pasotismo" coa zona rural.
A actitude "pouco igualitaria" do rexedor provoca que os veciños da zona rural se sintan "fondamente agraviados" cos da capital, segundo denunciou o concelleiro popular Manolo López.
O edil lamentou a "falta de control e a despreocupación absoluta" que reina no equipo de goberno con respecto aos máis de 8.000 veciños da zona rural.
López fixo estas declaracións logo dunha visita á pista de San Mamede dos Anxos, na zona de Nadela onde os coches non poden pasar máis que en primeira. "Falar de socavóns e de baches é pouco dicir, porque aí hai verdadeiros furados".
O concelleiro popular lamentou que o goberno local teña que pagar un arranxo do que debería facerse cargo a empresa que acometeu as obras da variante de Nadela, posto que a pista quedou moi destrozada co paso dos camións que participaron na obra.
López concluíu que "coma sempre, os de Orozco por falla de traballo e supervisión, e facendo raíña do mambo á improvisación” cargan ás arcas municipais con custes que deberían asumir as administracións amigas.
Resposta a Lino González Dopeso.-
O concelleiro popular Manolo López quixo tamén matizar, en resposta ao edil socialista de Medio Ambiente e Zona Rural Lino González Dopeso, que "todas as denuncias efectuadas polo GMPP responden a pistas de titularidade municipal".
Polo tanto, rebotou a petición de rigorosidade ao responsable destes viais. "Que se preocupe por manter en bo estado as vías de comunicación do rural e que deixe de intentar enganar aos lucenses desviando a atención cara outras administracións", sentenciou o concelleiro popular.
·Como consecuencia das competicións de velocidade, un coche estacionado quedou seriamente danado no cruce de Manuel María e Rúa das Fontes e un sinal de tráfico foi derrubado
·O concelleiro popular Enrique Rozas condena a ausencia de Policía Local na rúa “un sábado tan multitudinario como o de Antroido”
Luns, 15 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular denunciou que, na noite do sábado ao domingo, a zona da Piringalla volveu ser escenario de carreiras ilegais de vehículos.
Esta competición afectou a un coche estacionado, que quedou “seriamente danado”, así como a un sinal de tráfico que foi derrubado. Os feitos ocorreron na intersección entre a rúa Manuel María e a rúa das Fontes.
O concelleiro popular Enrique Rozas expresou a súa preocupación “polo que puidese ter pasado”, xa que “vén sendo unha tónica habitual que os vecinos da zona escoiten toda a noite derrapes de coches e mesmo de quads”.
O edil propuxo que, ademais de incrementarse a presenza policial na zona, se instalen pasos de peatóns elevados, posto que tamén servirían para garantir a seguridade dos peóns ao cruzaren. Rozas manifestou que “son rúas propicias para estas competicións pola súa anchura”, ao tempo que contou tamén que fai un par de meses apareceron as rodas de vehículos pinchadas nesta mesma rúa das Fontes.
Ausencia de Policía Local na rúa.-
O concelleiro popular asegurou ademais que “nun día que congrega a tanta xente como é o sábado de Antroido” non houbese ningunha patrulla da Policía Local na rúa.
Rozas manifestou que os efectivos de garda só saíron en tres requerimentos que tiveron e que, posteriormente, un policía local tivo que retirar un vehículo que obstaculizaba o paso entre a rúa Nova e a rúa Montevideo. “A propia Policía está a investigar a posible relación entre este coche e as carreiras ilegais desa mesma noite na Piringalla”, subliñou o concelleiro popular.
“Nunca nos cansaremos de denunciar a mala planificación que o Director Xeral da Policía Darío Diéguez fai sobre o corpo que dirixe”. Rozas volveu pedir responsabilidades políticas porque nos atopamos “ante o enésimo caso de irresponsabilidade dos señores Diéguez, Rábade e Orozco e a súa neglixencia cara a seguridade dos veciños que os elixiron”.
·O voceiro popular Jaime Castiñeira critica que a falta de planificación da purga provocase unha rotura de tuberías nunha zona recentemente arreglada
·"Mellor lle iría á cidade se Orozco traballase cunha política de prevención e non coa política de reparación e a improvisación, como fai sempre"
·Castiñeira lamentou que á reunión na que se decidiu a purga non se convocase a técnicos municipais enxeñeiros de infraestruturas ou de augas, os realmente expertos na materia
Luns, 15 de febreiro de 2010.-O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira expresou esta mañá en roda de prensa a súa convicción de que a rotura da tubería de Afonso X "está moi probablemente relacionada coa purga xeralizada do sistema de augas".
Castiñeira argumentou que "ao facer a purga en varios puntos simultáneos, é máis que probable que se teña producido un cambio de circulación no sentido da auga e que tamén se teñan modificado as presións ás que a rede estaba sometida". Os expertos consultados polo voceiro explicáronlle que "é moi fácil que se xeren roturas".
Jaime Castiñeira advirtiu de que "poden chegar a producirse novos problemas de roturas de tuberías". O voceiro lamentou que "a cidade está a sufrir as consecuencias da ineptitude, da falta de planificación e da improvisación coas que traballa o equipo de Orozco". Neste senso, o popular demandoulle ao alcalde unha política de prevención e non de reparación, ao contrario da súa praxis habitual.
A rotura de tuberías veu a confirmar a denuncia efectuada polo propio Jaime Castiñeira o pasado venres, ao asegurar que a purga puxera en perigo as tuberías. "Non pasou nin unha semana da purga e xa vemos as primeiras fracturas".
Ausencia dos expertos na reunión.-
O popular insistiu en que "ocorreu o menos malo", ao tempo que criticou que a reunión na que se decidiu levar a cabo a purga non se consultou aos técnicos con maior coñecemento nesta área. Jaime Castiñeira afirmou que "non existe un só informe" asinado polos enxeñeiros de infraestruturas e augas.
O voceiro popular non dubida do coñecemento dos funcionarios que asistiron á reunión, pero preguntouse "por que non consultamos aos expertos municipais pagados por todos". Castiñeira detallou que neste encontro no que se decidiu acometer a purga xeralizada só estaban presentes un operario de avarías, un enxeñeiro agrónomo, unha farmacéutica e os concelleiros de Infraestruturas e Medio Ambiente.
· Jaime Castiñeira asegura que “se tanto lle gusta purgar a Orozco, que empece por depurar responsabilidades no seu equipo”
· O voceiro popular teme que a decisión de purgar se tomase sen ter en conta aos enxeñeiros responsables
Venres, 12 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou hoxe en rolda de prensa a comparecencia do edil de Infraestruturas José Piñeiro tras a purga do sistema de augas que deixou sen potabilidade á cidade.
“Non fai falla que se biquen os concelleiros entre si. O que queremos é que dean explicacións xa”, asegurou o voceiro popular Jaime Castiñeira logo do “paripé” de onte entre González Dopeso e Piñeiro.
O voceiro manifestou que o lóxico é que o concelleiro compareza “por vontade propia” no próximo pleno, sen agardar aos prazos que lle permite a Lei de dar explicacións na sesión de abril. “Alguén ten que responsabilizarse dunha decisión inadecuada e consecuencia dun erro clarísimo e nefasto de xestión”.
Castiñeira preguntouse tamén se na reunión na que se decidiu facer a purga estaban presentes os enxeñeiros responsables da materia, algo do que dubida. “Por fortuna, pasou o menos malo, logo de que se tomase unha decisión sen sopesar e sen analizar as consecuencias”. O popular asegurou que “moito me temo que nin Piñeiro nin Orozco sabían as consecuencias do que podería ter ocorrido”
Ao voceiro popular non lle serve o argumento esgrimido polo goberno de “emerxencia”, dado que “o equipo de Orozco tivo tempo máis que suficiente en dous meses para estudar o impacto e as consecuencias dunha medida coma esta”.
Castiñeira reiterou que “a improvisación é o motor do goberno de Orozco”. “Fóiselle das mans”, e todo porque xoga cos intereses dos cidadáns “sen prever absolutamente nada”. “Con instar á Xunta e trasladar responsabilidades a Sanidade a el parece que todo lle vale”.
• Jaime Castiñeira: “non existe ningún proxecto feito, nin pagado polo concello de reforma da nacional VI”
• O voceiro dos populares recriminou a “falla de traballo do goberno local” que hai dous anos deu luz verde a unha iniciativa popular para acondicionar como travesía urbana este tramo.
Xoves, 11 de febreiro de 2010.- O voceiro do gmpp, Jaime Castiñeira, acusou hoxe ao alcalde de Lugo, José López Orozco de enganar aos veciños de Nadela. O popular desmentiu as recentes declaracións que fixo o rexedor lugués nas que anunciaba que o proxecto de reforma do tramo da Nacional VI ao seu paso por este núcleo “xa estaba feito e pagado polo concello”.
“Orozco demostra o seu nerviosismo e en vez de recoñecer os seus propios incumprientos volve a utilizar promesas falsas co que a bola segue medrando. O último do alcalde é dicir que ten feitas cousas que non existen”, puntualizou Castiñeira.
Castiñeira recriminou ao goberno local a súa “falla de xestión” e lembrou que, hai dous anos, se aprobou no concello “por unanimidade” unha iniciativa do PP para reurbanizar un tramo da N-VI ao seu paso polo núcleo de Nadela co tratamento de tramo urbano (beirarrúas, alumeado, mobiliario urbano …). (Pleno 11 de febreiro de 2008) Entre outras cousas se indicaba que esta obra daría unha solución as inundacións que se producen por mor dos desniveis existentes entre a estrada e o acceso as vivendas.
O voceiro popular lamenta que unha vez máis unha iniciativa que se aprobou en pleno non se faga pese a que pasaron dous anos. Os populares entenden que coa apertura da variante se debería facer un esforzo en mellorar a calidade urbana do núcleo de Nadela.
Non foi esta a primeira vez que os populares presentaron iniciativas encamiñadas a reurbanizar este tramo. Nese senso se rexistraron enmendas, por un importe dun millón de euros aos Presupostos Xerais do Estado de 2008 para que o Ministerio encargase o proxecto da citada obra.
Visitas.-
Esta visita a Nadela é “unha máis” das saídas que o voceiro do grupo popular está a realizar polo municipio de Lugo para denunciar as distintas problemáticas existentes tanto na zona rural como no núcleo urbano.
A idea de Jaime Castiñeira é peinar neste primeiro semestre do ano tanto as 54 parroquias do municipio como as 64 seccións na que se dividiu a trama urbana.
• Desde que o alcalde de Lugo chegou á alcaldía non se limpou a rede da traída
• Os populares apuntan que os concelleiros socialistas síntense “amortizados” e que non lles doe prenda en facerse sabotaxe dentro da casa
• Castiñeira anunciou que presentarán iniciativas para pedir explicacións pola nefasta xestión desta problemática
Xoves, 11 de febreiro de 2010.- O gmpp acusou ao goberno local de eludir responsabilidades “na súa máis pura liña estilo PSOE, a culpa sempre é doutros” en alusión ás declaracións do goberno local nas que pasaban a responsabilidade da potabilidade da auga de Lugo á Consellería de Sanidade.
Jaime Castiñeira insistiu na improvisación e descoordinación dos de Orozco “os concelleiros síntense amortizados, e non lles doe prenda en facerse sabotaxe dentro da casa”.
Os populares criticaron a falla de mantemento da rede de auga “dende que é alcalde Orozco, hai once anos, nunca se fixo unha limpeza da rede de abastecemento de auga ” cando a periodicidade aconsellable, segundo técnicos, debería ser anual como a que se fae nos depósitos da auga. Castiñeira puntualizou “e logo cando se deciden a levar a cabo esta operación a fan en plan batallón, sen avisar á cidadanía con antelación”.
Castiñeira recriminou a “torpe reacción” do goberno de Orozco: “primeiro dixeron que fóra unha sabotaxe, logo que o problema viña polo uso de productos de perruquería, pola limpeza dos depósitos de calefaccións en comunidades e mesmo chegaron a decir que había unha psicose xeralizada na cidadanía”.
O voceiro popular anunciou presentarán iniciativas para pedir explicacións da situación da potabilidade da auga. Existe a posibilidade de solicitar a comparecencia en pleno dos concelleiros implicados nesta crise, así como de reclamar explicacións en xunta de voceiros ao alcalde.
· O conselleiro prometeu estudar as reivindicacións da Asociación Provincial de Taxistas e tamén anunciou que se reunirá coa Federación de Asociacións de Veciños, tal como solicitaba o colectivo
· Estes encontros poñen de manifesto o compromiso da Xunta coa cidade, como xa quedara patente co Impulsa Lugo
Mércores, 10 de febreiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira reuniuse esta mañá co conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández para trasladarlle as reivindicacións do colectivo de taxistas.
Hernández amosouse moi receptivo e comprometeuse a estudar as posibilidades de atender a reclamación da Asociación Provincial de Taxistas. Os condutores reivindicaban que da liña de subvencións concedida para o GPS se derivase unha parte a outras iniciativas, posto que a maioría de taxistas xa teñen instalado este dispositivo.
En concreto, os taxistas solicitaban que se trasladase parte da liña de axuda a subvencións para a posta en marcha dun sistema de seguridade que permitíse ter os vehículos localizados en todo momento, así como para taxímetros, Eurotaxis ou coches híbridos.
O titular de Medio Ambiente tomou nota destas peticións e prometeu estudalas.
Federación de Veciños.-
Jaime Castiñeira tamén lle comunicou ao conselleiro Agustín Hernández a solicitude da Federación de Asociacións de Veciños de entrevistarse co responsable de Medio Ambiente. O voceiro popular por Lugo exerceu de mediador entre a demanda veciñal e o conselleiro.
Hernández tamén accedeu a manter este encontro, se ben non se puido precisar unha data concreta por problemas de axenda. O conselleiro manifestou a súa idea de "reunirse canto antes", inda que está á espera de recibir a carta do colectivo presidido por Jesús Vázquez.
Ambas medidas amosan o compromiso que a Xunta mantén coa cidade, como xa quedou reflectido na posta en marcha de programas específicos como o Impulsa Lugo.
· O conselleiro prometeu estudar as reivindicacións da Asociación Provincial de Taxistas e tamén anunciou que se reunirá coa Federación de Asociacións de Veciños, tal como solicitaba o colectivo
· Estes encontros poñen de manifesto o compromiso da Xunta coa cidade, como xa quedara patente co Impulsa Lugo
Mércores, 10 de febreiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira reuniuse esta mañá co conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández para trasladarlle as reivindicacións do colectivo de taxistas.
Hernández amosouse moi receptivo e comprometeuse a estudar as posibilidades de atender a reclamación da Asociación Provincial de Taxistas. Os condutores reivindicaban que da liña de subvencións concedida para o GPS se derivase unha parte a outras iniciativas, posto que a maioría de taxistas xa teñen instalado este dispositivo.
En concreto, os taxistas solicitaban que se trasladase parte da liña de axuda a subvencións para a posta en marcha dun sistema de seguridade que permitíse ter os vehículos localizados en todo momento, así como para taxímetros, Eurotaxis ou coches híbridos.
O titular de Medio Ambiente tomou nota destas peticións e prometeu estudalas.
Federación de Veciños.-
Jaime Castiñeira tamén lle comunicou ao conselleiro Agustín Hernández a solicitude da Federación de Asociacións de Veciños de entrevistarse co responsable de Medio Ambiente. O voceiro popular por Lugo exerceu de mediador entre a demanda veciñal e o conselleiro.
Hernández tamén accedeu a manter este encontro, se ben non se puido precisar unha data concreta por problemas de axenda. O conselleiro manifestou a súa idea de "reunirse canto antes", inda que está á espera de recibir a carta do colectivo presidido por Jesús Vázquez.
Ambas medidas amosan o compromiso que a Xunta mantén coa cidade, como xa quedou reflectido na posta en marcha de programas específicos como o Impulsa Lugo.
Mércores, 10 de febreiro de 2010.- O grupo municipal popular considera que a problemática da turbidez da auga da traída de Lugo “foíselles das mans”. A concelleira popular, Sofía López, indicou que “este é un novo exemplo de que non son quen de xestionar un problema con eficacia. Primeiro o goberno local di que os veciños se contaxían da psicose duns poucos e que non hai nada de nada, cando a realidade é que os lucenses levamos dous meses sen saber a que aternos no tocante a auga que bebemos”.
A concelleira popular, Sofía López, pregúntase porque si o goberno local tiña previsto purgar a rede de abastecemento e vaciar os depósitos municipais non se avisou con máis antelación aos cidadáns.
O gmpp que recibiu numerosas queixas de veciños relativas á turbidez da auga ao longo da mañá tomou mostras da auga do propio concello, así como de distintos puntos da cidade para enviar a Sanidade.
Lembrar que os populares xa solicitaron o pasado 29 de xaneiro a documentación relativa aos resultados técnicos detallados (bactereolóxicos, metais pesados … etc) relativos ás análises realizados na traída de auga de Lugo dende comezos de ano. Sofía López reclamou que se especificase as datas de realización dos mesmos e os puntos de recollida.
· Os adhesivos de "O seu vehículo foi retirado pola grúa" reprodúcense ata nos lugares máis insólitos, como en fiestras de casas particulares
· O edil popular Enrique Rozas ironizou con que o concelleiro de Medio Ambiente "lle pase os apuntes da Ordenanza" ao de Protección á Comunidade
Martes, 9 de Febreiro de 2010.- O GMPP denuncia que o concello incumpre a Ordenanza de Protección Ambiental ao situar os adhesivos de "O seu vehículo foi retirado pola grúa" en lugares prohibidos por esta ordenanza.
O concelleiro popular Enrique Rozas subliñou con ironía que "xa que os axentes de mobilidade se atopan traballando a reo para reducir o déficit da grúa, sería idóneo que, alomenos, cumprisen a ordenanza Municipal de Protección Ambiental" e que alguén lles explicase a prohibición de colocar adhesivos en certas superficies.
O artigo 306 da ordenanza Municipal de Protección Ambiental prohíbe a colocación de adhesivos en: · Paradas de transporte público: os axentes de Mobilidade situaron un adhesivo nunha parada da rúa Mallorca e noutra da ronda da Muralla, á altura do edificio dos sindicatos. · Elementos do mobiliario urbano: algún contenedor da rúa Mallorca, ademais de recoller basura, anuncia ao propietario que o seu vehículo foi retirado pola grúa. Un termómetro da Porta de san Fernando tamén serve para este mesmo fin, así como un bolardo situado na praza de Santo Domingo. · Postes de alumeado: senllas farolas na ronda do Carme e na ronda da Muralla foron usadas polos axentes de Mobilidade para ubicar estes adhesivos. · Sinais de tráfico: os efectivos de Mobilidade situaron adhesivos en sinais da praza de Santo Domingo e da avenida de Castelao. · Lugares inmediatos a un edificio de carácter artístico e histórico, como pode ser a ronda da Muralla. Ao pé do monumento milenario atópanse varios adhesivos deste tipo, á altura do edificio dos Sindicatos e á Porta de Ferrol, entre outras.
Fronte a todas estas imaxes, o método que habitualmente se utiliza para anunciar a retirada de vehículos é colocar os adhesivos no chan, o que evita danos sobre superficies de especial interese e tamén sobre mobiliario urbano.
Rozas tamén ironizou con que o concelleiro de Medio Ambiente Lino González Dopeso lle debería "pasar os apuntes" ao seu compañeiro José Rábade.
O concelleiro popular asegurou que "o concello non pode esixirlle aos lucenses que cumpran unha Ordenanza que eles mesmos non respectan". Rozas lamentou, ademais, que "Orozco non para de pedir limpeza para a Muralla, pero o certo é que o alcalde non se preocupa pola conservación do entorno do monumento".
· Este escrito chega logo da falla de resposta no pasado pleno da concelleira Luísa Zarzuela a unha pregunta do GMPP sobre as razóns da parálise desta norma
· Orozco relega ao caixón do esquecemento un traballo practicamente consensuado fai máis de ano e medio
· Os populares propoñen ademais a elección dun representante por mesa electoral para o novo Consello de Distrito Rural
Luns, 8 de Febreiro de 2010.- O GMPP presentou un escrito no que insta ao goberno a convocar de inmediato unha nova reunión da Comisión encargada da elaboración do novo texto de Regulamento de Participación Cidadá.
Este órgano comezou os seus traballos en maio de 2008 coa idea orixinal de levar o novo regulamento ao pleno no mes de setembro dese mesmo ano. Porén, vinte meses despois, e logo dun duro traballo por parte de todos os representantes veciñais e políticos, o goberno de Orozco deixou no caixón do esquecemento o borrador case completamente consensuado.
Consello de Distrito Rural.- Unha das cuestións pendentes neste documento é a participación na zona rural. O goberno socialista négase a incluír a elección democrática dos pedáneos a pesar de que así o contempla o regulamento de participación en vigor (do 2000) e malia que os pedáneos que existen na actualidade foron elixidos desa forma.
Con todo, non é menos importante a definición da composición do novo Consello de Distrito Rural. Inicialmente, o goberno propoñía que oito membros fosen designados directamente polo alcalde. Esta medida introducía unha discriminación entre os veciños do rural e os da cidade, posto que no caso dos dous consellos de Distrito Urbanos eses representantes eran elixidos cinco por sorteo e tres por consenso dos grupos políticos entre persoas de recoñecido prestixio.
De retomarse a elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá, o GMPP proporá que os oito representantes, ou incluso algún máis, sexan elixidos en furna nas mesas electorais do distrito rural o mesmo día dos comicios municipais.
Modelo de participación cidadá.- Ter depositado no caixón do esquecemento o borrador do novo Regulamento de Participación Cidadá é unha proba máis da falla de vontade política do goberno de Orozco para mellorar a participación veciñal no concello de Lugo.
Esta falta de compromiso queda tamén patente ao elaborar os orzamentos municipais sen cumprir un acordo plenario de xuño de 2008 polo que os orzamentos do ano seguinte xa se deberían ter elaborado co instrumento de participación denominado Orzamentos Participativos. De feito, algún membro do goberno municipal emprega estes termos de "orzamentos participativos" coa intención de confundir á opinión pública, posto que o único que se fai é unha consulta epistolar ás asociacións veciñais, algo que en nada condiciona a proposta presupostaria do goberno.