jueves, 11 de febrero de 2010

Castiñeira arrinca do conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández un compromiso firme cos cidadáns de Lugo


· O conselleiro prometeu estudar as reivindicacións da Asociación Provincial de Taxistas e tamén anunciou que se reunirá coa Federación de Asociacións de Veciños, tal como solicitaba o colectivo

· Estes encontros poñen de manifesto o compromiso da Xunta coa cidade, como xa quedara patente co Impulsa Lugo

Mércores, 10 de febreiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira reuniuse esta mañá co conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández para trasladarlle as reivindicacións do colectivo de taxistas.

Hernández amosouse moi receptivo e comprometeuse a estudar as posibilidades de atender a reclamación da Asociación Provincial de Taxistas. Os condutores reivindicaban que da liña de subvencións concedida para o GPS se derivase unha parte a outras iniciativas, posto que a maioría de taxistas xa teñen instalado este dispositivo.

En concreto, os taxistas solicitaban que se trasladase parte da liña de axuda a subvencións para a posta en marcha dun sistema de seguridade que permitíse ter os vehículos localizados en todo momento, así como para taxímetros, Eurotaxis ou coches híbridos.

O titular de Medio Ambiente tomou nota destas peticións e prometeu estudalas.

Federación de Veciños.-
Jaime Castiñeira tamén lle comunicou ao conselleiro Agustín Hernández a solicitude da Federación de Asociacións de Veciños de entrevistarse co responsable de Medio Ambiente. O voceiro popular por Lugo exerceu de mediador entre a demanda veciñal e o conselleiro.

Hernández tamén accedeu a manter este encontro, se ben non se puido precisar unha data concreta por problemas de axenda. O conselleiro manifestou a súa idea de "reunirse canto antes", inda que está á espera de recibir a carta do colectivo presidido por Jesús Vázquez.

Ambas medidas amosan o compromiso que a Xunta mantén coa cidade, como xa quedou reflectido na posta en marcha de programas específicos como o Impulsa Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario