jueves, 25 de febrero de 2010

Castiñeira interpreta as declaracións de Orozco como un "arrebato de nerviosismo"

· “Esta inseguro porque falta pouco para as eleccións e o resultado da súa xestión é un fracaso”

· Os populares queren saber se o alcalde xestionará un local máis próximo, para que nas vindeiras eleccións municipais, as 2.179 persoas censadas nas inmediacións da Fonte dos Ranchos e A Cheda podan exercer o seu dereito a voto

Mércores, 24 de febreiro de 2010.- “Orozco tivo un arrebato”, está nervioso porque “non ve claro o seu futuro político, e porque o balanzo da súa xestión é moi pobre pese a levar once anos no goberno”. Deste xeito respostaba o voceiro popular ás declaracións do alcalde nas que cualificaba de “saída de ton a petición que formulou para buscar un local novo para que os 2.179 veciños censados en Ronda do Carme, Praza de Simón Bolivar, Avenida das Américas, e Marqués de Ombreiro, Fonte dos Ranchos … tivesen as urnas para votar máis cerca, xa que arestora teñen que votar no edificio do Palomar”.

Jaime Castiñeira explicou que a proposta de reubicar as tres mesas que hai no Palomar responde a unha cuestión de sentido común plantexada polos veciños. Dende o grupo popular non se pon en dúbida o traballo dos servizos municipais senon a “falla de traballo do alcalde”.

De feito, Castiñeira sumouse á felicitación feita, no seu día, por García Díez ao informe realizado por actas pero lamenta que non se dese cumprimento ainda a esta reivindicación veciñal.

Castiñeira pídelle a Orozco que lea detidamente o contido completo do informe e insiste en que pasou máis dun ano sen que o goberno local habilitase locais alternativos para que votasen s veciños da Cheda. “Fai 14 meses valía o do estamos nelo, pero hoxe xa tiña que estar feito”, puntualizou Castiñeira.

Castiñeira insistiu en que “pese a que ao rexedor lle moleste que cada pouco lle recordemos os seus incumprimentos, dende o grupo popular seguiremos presentando, as veces que faga falla, iniciativas para que se dean solucións ás demanda veciñal”.

Tal e como xa se anunciou, Castiñeira preguntará na xunta de voceiros deste venres en que situación están os trámites para reubicar as tres mesas do Palomar e a da rúa Mondoñedo. Entre outras cousas o que plantexaba o informe era realizar:

“Un estudo que determine a poboación por rúas para facer unha nova avaliación que deixe un mínimo de 500 e un máximo de 2.000 electores por sección ( o aconsellable é 1.200 por mesa)”.

O voceiro popular tamén quere saber se Orozco xa cursou unha resolución propoñendo a modificación do seccionado ao INE en aras a solucionar a petición dos veciños da zona.

2 comentarios:

  1. Paréceme a min que o nerviosimo ven máis ven de vostede, voceiro do PP... tanta necesidade de ser recoñecido pola cidadanía, de facerse notar que se está a meter en camisas de 11 varas... Teña un pouco de sentidiño e non critique ao Goberno Local por criticar, faga vostede unha oposición sana en non se meta non que non pode, porque me da a min que vai perder bastante credibilidade...

    ResponderEliminar
  2. Yo por si acaso iría con un notario a Galegos que levantara acta de como están las obras sin finalizar.
    A ver si Superpiñeiro también le echa la culpa.

    ResponderEliminar