· O voceiro popular escoitou as peticións deste colectivo e dará traslado á Xunta das súas reivindicacións
· Este encontro enmárcase dentro da liña de reunións que está a manter Jaime Castiñeira coas asociacións da cidade
Domingo, 7 de febreiro de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira reuniuse coa Asociación Provincial de Taxistas, xunto cos integrantes da Comisión de Tráfico presidida polo concelleiro popular Enrique Rozas.
Castiñeira trasladaralle ao conselleiro responsable as peticións do colectivo de taxistas. O voceiro popular comprometeuse a analizar as súas peticións e darlles resposta a estas demandas.
Os populares son moi sensibles coas solicitudes destes condutores, dado que a Asociación Provincial de Taxistas presenta unha das maiores taxas de emprego de discapacitados en toda a cidade. O voceiro popular asegurou que "hai que atender con especial atención a aqueles que traballan tanto no eido social".
Castiñeira volverase reunir con este colectivo en canto obteña unha resposta da Xunta. Na reunión abordouse tamén o Plan de Mobilidade e outros asuntos do tráfico na cidade que preocupan aos taxistas.
Liña de reunións.-
O encontro cos taxistas súmase ás últimas reunións que mantivo Jaime Castiñeira dende que asumiu a portavocía do GMPP. O voceiro popular mantivo nos últimos quince días entrevistas cos colectivos de Discapacitados Auditivos e coa Asociación Española contra o Cancro.
En vindeiros días, Castiñeira reunirase con outras agrupacións, como a de Auxilia para analizar a iniciativa popular recentemente aprobada en pleno de fomentar o turismo accesible na cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario