lunes, 8 de febrero de 2010

O Concello recoñece a súa incapacidade de xestión en resposta a preguntas do GMPP

· O equipo de Orozco é incapaz de poñer datas a obras propias, polo que non se entende que pidan prazos de infraestruturas que non lles competen, como o novo hospital

Venres, 5 de febreiro de 2010.- O goberno de Orozco recoñeceu a súa incapacidade de xestión, en resposta a preguntas do GMPP.

O concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural Lino González Dopeso contestou que "neste momento non podo precisar unha data concreta de remate do Parque dos Paxariños".
O socialista volveu recoñecer a súa ineficacia ao afirmar que "non podo precisar a data de adxudicación" do estudo do arbolado do Parque Rosalía de Castro. "Non se sabe ben a que xoga González Dopeso", posto que o mesmo día que respostaba isto adxudicaba este plan de estudo.
O equipo de Orozco traballa coa improvisación, como demostra que respondan que está prevista a reposición paulatina de árbores "ao longo do inverno", cando xa transcorreu a metade deste período.
A concelleira popular Teresa Taboada preguntouse "como pode Orozco pedir prazos para o hospital cando é incapaz de xestionar as súas propias obras".
A edil lembrou que o alcalde "ningunea o traballo da oposición, posto que xa denunciamos en reiteradas ocasións o abandono do concello en materia medioambiental".

No hay comentarios:

Publicar un comentario