· Na actualidade un de cada tres locais están pechados
· Alicia Peña indicou que cos 15.000 euros que custou o plan de revitalización, que o concello encargou en 2005, se poderían ter subsanadas boa parte das deficiencias destas instalacións
Martes, 2 de febreiro de 2010.- O Grupo Popular fixo un relatorio de melloras “doadas e de inmediata solución” para dar un pulo tanto a praza de abastos como ao mercado Quiroga Ballesteros. A concelleira popular, Alicia Peña, indicou que existe “descontento entre os comerciantes polo abandono que presentan as instalacións e a falla dun compromiso serio por parte do goberno local en impulsar este mercado”.
Peña lembrou que hai un Plan de actuacións para a dinamización da praza e o mercado de abastos, pagado a un grupo de consultores externos e apuntou que cos 15.000 euros que custou este traballo ben se podían ter subsanados algúns dos problemas que “saltan á vista” tanto na Praza de arriba como na de abaixo.
PRAZA DE ABASTOS:
No primeiro piso da praza de arriba:
- Como proba significativa do abandono da praza destacar o crecente número de postos baleiros. Neste momento hai 21 negocios desocupados dos 63 habilitados nestas instalacións. En 2007, cando o PP presentou iniciativas encamiñadas á recuperación deste espazo había 15 pechados.
- O posto de información do concello que acondicionou no recinto está pechado. “Outra proba máis do descoidado e da despreocupación que mostra o goberno local por estas instalacións”.
- Goteiras no pasillo central, e mesmo no interior dalgún posto
- Teito en malas condicións en varios postos
- Repaso de pintura das paredes que están escarchadas
- Limpeza das cristaleiras e corredores
- Reparación do cristal rachado da porta principal de acceso á praza
- Reparación das plaquetas e peldaños rotos da rampa de acceso lateral
- Petición para poñer música ambiental
- Colocación de indicadores na ronda da muralla
No soto da praza:
- Cristaleiras rotas
- Nos servizos cambiar os espellos dos baños e colocar peches
MERCADO QUIROGA BALLESTEROS
Na praza de abaixo:
- A entrega de concesións acumula un retraso inxustificado inminente hai dous anos e todo segue parado.
- A petición dos comerciantes solicítase a retirada dos toldos das estanterías metálicas para venda de verduras. “Estarían ben nun mercado exterior pero aquí o único que fan é quitar luz e dificultar a visibilidade doutros postos da praza”.
- Outro pedimento que lle trasladaron os comerciantes ten que ver coa recollida do lixo. Soliciante que se lles permita introducir os colectores dentro das instalacións xa que agora, como se sacan os desperdicios afora ensuciase moito máis tanto o da praza como as beirarrúas.
Alicia Peña concluiu “hai que facer un esforzo para apoiar ao productor tradicional e minorista. Dentro da política de proximidade que debe levar a cabo un concello cremos que estes mercados teñen futuro”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario