· Castiñeira informa a Orozco que dende o momento que se aproba inicialmente o PXOM as intervencións nos edificios afectados precisan informe de Cultura
Xoves 4 de febreiro de 2010.- O gmpp sorpréndese da incoherencia da delegada de urbanismo con respecto á obra do adosado no edificio do seminario. “Dende o momento que se aprobou de forma inicial o novo PXOM tanto o edificio do seminario menor, maior como o vello cárcere pasan a formar parte dun inventario público suxeito á lei de patrimonio cultural”.
O goberno local recoñece que foi el mesmo o que incorporou este edificio ao catálogo do novo plan xeral “o PSOE presume de ser quen o incluiu no catálogo, e decir, que recoñece que non se debe tocar a fachada” por iso non se entende “a súa falla de sensibilidade á hora de levar a cabo esta actuación”. O voceiro do gmpp, insiste en que, para calquera actuación, en inmobles precisa dun informe de cultura.
Castiñeira avoga para que se protexa o edificio “ainda estase a tempo de deixalo como estaba” e afirma que “as leis son para todos, non debe haber un trato preferente por tratarse dunha administración pública”.
Castiñeira non pon en tea de xuizo, en ningún momento, a profesionalidade dos técnicos que fixeron o proxecto “como tampouco xamáis dubidamos do bo facer dos técnicos que proxectaron o parque de enerxías renovables de O Ceao, pese a que se trata dunha obra ilegal que o goberno local montou nunha zona verde”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario