· O voceiro popular Jaime Castiñeira critica que a falta de planificación da purga provocase unha rotura de tuberías nunha zona recentemente arreglada
· "Mellor lle iría á cidade se Orozco traballase cunha política de prevención e non coa política de reparación e a improvisación, como fai sempre"
· Castiñeira lamentou que á reunión na que se decidiu a purga non se convocase a técnicos municipais enxeñeiros de infraestruturas ou de augas, os realmente expertos na materia
Luns, 15 de febreiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira expresou esta mañá en roda de prensa a súa convicción de que a rotura da tubería de Afonso X "está moi probablemente relacionada coa purga xeralizada do sistema de augas".
Castiñeira argumentou que "ao facer a purga en varios puntos simultáneos, é máis que probable que se teña producido un cambio de circulación no sentido da auga e que tamén se teñan modificado as presións ás que a rede estaba sometida". Os expertos consultados polo voceiro explicáronlle que "é moi fácil que se xeren roturas".
Jaime Castiñeira advirtiu de que "poden chegar a producirse novos problemas de roturas de tuberías". O voceiro lamentou que "a cidade está a sufrir as consecuencias da ineptitude, da falta de planificación e da improvisación coas que traballa o equipo de Orozco". Neste senso, o popular demandoulle ao alcalde unha política de prevención e non de reparación, ao contrario da súa praxis habitual.
A rotura de tuberías veu a confirmar a denuncia efectuada polo propio Jaime Castiñeira o pasado venres, ao asegurar que a purga puxera en perigo as tuberías. "Non pasou nin unha semana da purga e xa vemos as primeiras fracturas".
Ausencia dos expertos na reunión.-
O popular insistiu en que "ocorreu o menos malo", ao tempo que criticou que a reunión na que se decidiu levar a cabo a purga non se consultou aos técnicos con maior coñecemento nesta área. Jaime Castiñeira afirmou que "non existe un só informe" asinado polos enxeñeiros de infraestruturas e augas.
O voceiro popular non dubida do coñecemento dos funcionarios que asistiron á reunión, pero preguntouse "por que non consultamos aos expertos municipais pagados por todos". Castiñeira detallou que neste encontro no que se decidiu acometer a purga xeralizada só estaban presentes un operario de avarías, un enxeñeiro agrónomo, unha farmacéutica e os concelleiros de Infraestruturas e Medio Ambiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario