lunes, 22 de febrero de 2010

O GMPP critica que, nun ano, Orozco non avanzara nada na revisión das ubicacións das mesas electorais


· Os populares queren saber en que punto se encontra o compromiso que asumiu o alcade, “de facer esta análise”, no pleno do 23 de decembro de 2008

· A xuízo de Jaime Castiñeira, trátase da “enésima mostra da falta de vontade política do señor Orozco”

Luns, 22 de febrero de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira pedirá explicacións, na vindeira xunta de voceiros, sobre a revisión da situación das mesas electorais que o alcalde se comprometeu a realizar, hai máis dun ano, a instancias dunha iniciativa popular.

Orozco dixo que realizaría este traballo no pleno do 23 de decembro de 2008 . O voceiro popular criticou que nun tema “facilmente subsanable e de sentido común non se teña feito nada de nada”.

Castiñeira remarcou que “o dereito a voto é inalienable e é unha garantía constitucional”, polo que entende que “hai que velar para que os cidadáns fagan uso del nas mellores condicións posibles”. “Unha democracia sana non pode permitirse que o frío escorrente as ganas de votar por mor dunha mala selección das instalacións”.

Antecedentes.-

O GMPP presentara un rogo para o pleno do 23 de decembro do 2008 no que instaba ao alcalde á revisión do mapa de ubicacións das mesas electorais. En concreto, o escrito dos populares aludía a casos como o do barrio da Cheda, onde os veciños reclamaban un local alternativo posto que o actual está mal acondicionado e atópase moi lonxe das vivendas dos votantes.

Os lucenses da Cheda quéixanse de que se teñen que desprazar ata as naves do Palomar, onde está disposta a localización de dous colexios electorais cun total de tres mesas nas que votan moitos cidadáns. Alí exercen este dereito residentes da avenida das Américas, a Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, a ronda do Carme e praza Simón Bolívar, entre outros.

Os veciños desta zona manifestan que teñen varias alternativas nas inmediacións “sen saír do noso barrio”. Amosáronse resignados porque moitos teñen que recorrer a un vehículo de transporte para poder votar, algo que lles parece impropio do século XXI.

O GMPP tamén incluíu no rogo a petición de que se revisase o resto de mapas electorais de todo o concello para ver se esta situación se repetía noutros puntos.

SAÚDOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario