· O edil Manolo López criticou o mal estado das pistas e o despilfarro que provoca a ausencia deste Plan
· O concelleiro sinalou ademais que Orozco non limpou nunca as cunetas das pistas do rural
· O GMPP xa visitou Muxa, Pedreda, Santa Comba, Nadela, Recimil, San Mamede dos Anxos…
Mércores, 24 de Febreiro de 2010.- O GMPP denunciou esta mañá en roda de prensa as consecuencias da falta dun Plan de Mantemento Municipal para os 500 quilómetros pistas no rural.
O concelleiro Manolo López sinalou que a falta deste Plan provoca situacións tan curiosas como que nunha pista de Recimil naza un "manantial" no medio do vial. O popular denunciou a existencia de innumerables baches na pista de acceso de Nadela a Recimil, zona de Nadela, entorno de Santa Comba, Tirimol, Muxa, Coeses… "Dicir qué pistas están afectadas sería como enumerar todas as parroquias do rural, agás os viais que van ás portas dos pedáneos", resumiu Manolo López.
Pola contra, se o equipo de goberno puxese en marcha o plan de actuación, os veciños de Lugo aforrarían moito diñeiro e as pistas estarían en mellor situación. O concelleiro recalcou que, ao non existir esta política de mantemento, só se actúa tarde e mal, é dicir, "a salto de bache", cando as pistas xa están cheas de socavóns, polo que o custe é moito maior. Amais, o mal estado das cunetas provoca que a auga transcorra polo firme dos viais, co cal se xeran situacións de risco, ao tempo que se estraga o asfalto. "Trátase de que Orozco aplique por fin unha política de prevención e mantemento, e non simplemente de seguir unha estratexia de reparación", manifestou o edil popular.
Manolo López denunciou tamén que o alcalde non limpou nunca as cunetas das pistas do rural. "Dende que chegou á alcaldía en 1999, non se preocupou o máis mínimo destes veciños, só se lembrou deles para irlles pedir o voto e para ir ás festas do rural a anunciar os proxectos que aínda non ten feitos".
Dilapidación da herdanza.-
O GMPP lamentou que Orozco estea a dilapidar a herdanza que os anteriores gobernos populares deixaron en materia de viais na zona rural. O concelleiro popular amosouse indignado porque "deixámoslles 500 kilómetros de viais na zona rural perfectamente asfaltados, e agora Orozco ten que rezar para que veña o Plan E a salvarlle os mobles nalgunha pista". Manolo López estimou que "non son de recibo a deixadez e o abandono aos que Orozco somete ás parroquias", posto que os seus habitantes "son igual de veciños de Lugo que os da rúa da Raíña, como di sempre o alcalde".
Visitas no rural.-
O concelleiro popular Manolo López, xunto con algúns compañeiros de partido e o propio voceiro Jaime Castiñeira, está a efectuar varias visitas a diferentes zonas do rural. En concreto, o GMPP xa peinou as parroquias de San Mamede dos Anxos, Muxa, Santa Comba, Pedreda, Recimil, Nadela… Esta liña de encontros é complementaria ás que manteñen concelleiros da zona urbana nos diferentes distritos e seccións. Según López "trátase de escoitar aos veciños do rural, porque merecen o mesmo trato que os lucenses da capital". As visitas enmárcanse na política de rúa do equipo de Jaime Castiñeira.
jueves, 25 de febrero de 2010
O GMPP denuncia as consecuencias da falta dun Plan de Mantemento Municipal para o rural
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario