· Como consecuencia das competicións de velocidade, un coche estacionado quedou seriamente danado no cruce de Manuel María e Rúa das Fontes e un sinal de tráfico foi derrubado
· O concelleiro popular Enrique Rozas condena a ausencia de Policía Local na rúa “un sábado tan multitudinario como o de Antroido”
Luns, 15 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular denunciou que, na noite do sábado ao domingo, a zona da Piringalla volveu ser escenario de carreiras ilegais de vehículos.
Esta competición afectou a un coche estacionado, que quedou “seriamente danado”, así como a un sinal de tráfico que foi derrubado. Os feitos ocorreron na intersección entre a rúa Manuel María e a rúa das Fontes.
O concelleiro popular Enrique Rozas expresou a súa preocupación “polo que puidese ter pasado”, xa que
O edil propuxo que, ademais de incrementarse a presenza policial na zona, se instalen pasos de peatóns elevados, posto que tamén servirían para garantir a seguridade dos peóns ao cruzaren. Rozas manifestou que “son rúas propicias para estas competicións pola súa anchura”, ao tempo que contou tamén que fai un par de meses apareceron as rodas de vehículos pinchadas nesta mesma rúa das Fontes.
Ausencia de Policía Local na rúa.-
O concelleiro popular asegurou ademais que “nun día que congrega a tanta xente como é o sábado de Antroido” non houbese ningunha patrulla da Policía Local na rúa.
Rozas manifestou que os efectivos de garda só saíron en tres requerimentos que tiveron e que, posteriormente, un policía local tivo que retirar un vehículo que obstaculizaba o paso entre a rúa Nova e a rúa Montevideo. “A propia Policía está a investigar a posible relación entre este coche e as carreiras ilegais desa mesma noite na Piringalla”, subliñou o concelleiro popular.
“Nunca nos cansaremos de denunciar a mala planificación que o Director Xeral da Policía Darío Diéguez fai sobre o corpo que dirixe”. Rozas volveu pedir responsabilidades políticas porque nos atopamos “ante o enésimo caso de irresponsabilidade dos señores Diéguez, Rábade e Orozco e a súa neglixencia cara a seguridade dos veciños que os elixiron”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario