martes, 16 de febrero de 2010

O GMPP denuncia pasotismo do goberno local cos veciños do rural


· O edil Manolo López, xunto co voceiro Jaime Castiñeira, visitou a pista de San Mamede dos Anxos, na contorna de Nadela

· O concelleiro popular acusa a Orozco de crear agravio comparativo entre os veciños da cidade e os da zona rural

Martes, 16 de febreiro de 2010.- O GMPP acusa ao goberno de Orozco de "pasotismo" coa zona rural.

A actitude "pouco igualitaria" do rexedor provoca que os veciños da zona rural se sintan "fondamente agraviados" cos da capital, segundo denunciou o concelleiro popular Manolo López.

O edil lamentou a "falta de control e a despreocupación absoluta" que reina no equipo de goberno con respecto aos máis de 8.000 veciños da zona rural.

López fixo estas declaracións logo dunha visita á pista de San Mamede dos Anxos, na zona de Nadela onde os coches non poden pasar máis que en primeira. "Falar de socavóns e de baches é pouco dicir, porque aí hai verdadeiros furados".

O concelleiro popular lamentou que o goberno local teña que pagar un arranxo do que debería facerse cargo a empresa que acometeu as obras da variante de Nadela, posto que a pista quedou moi destrozada co paso dos camións que participaron na obra.

López concluíu que "coma sempre, os de Orozco por falla de traballo e supervisión, e facendo raíña do mambo á improvisación” cargan ás arcas municipais con custes que deberían asumir as administracións amigas.

Resposta a Lino González Dopeso.-

O concelleiro popular Manolo López quixo tamén matizar, en resposta ao edil socialista de Medio Ambiente e Zona Rural Lino González Dopeso, que "todas as denuncias efectuadas polo GMPP responden a pistas de titularidade municipal".

Polo tanto, rebotou a petición de rigorosidade ao responsable destes viais. "Que se preocupe por manter en bo estado as vías de comunicación do rural e que deixe de intentar enganar aos lucenses desviando a atención cara outras administracións", sentenciou o concelleiro popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario