miércoles, 3 de febrero de 2010

O GMPP denuncia que a ampliación dun edificio municipal catalogado estase a executar sen informe de cultura


· Pese aos antecedentes das torres de Orozco o alcalde segue actuando “por libre” sen facer os trámites que se lle esixiría a calquera particular

· Os populares afirman que a ampliación do seminario menor modifica sustancialmente a fachada posterior

· A obra, situada a menos de 100 metros de dous edificios inventariados (vello cárcere, seminario Mayor) está financiada con fondos do Plan E


Mércores, 3 de febreiro de 2010.- O gmpp denunciou a “nula sensibilidade” do goberno local por permitir que nun edificio catalogado, propiedade municipal, se faga unha ampliación que afecta á fachada posterior. Trátase da intervención que se está a levar a cabo, con cargo aos fondos do Plan E, na parte de atrás do edificio administrativo do seminario menor.

Neste momento xa se aprecia a estructura metálica e os machóns deste engadido que se está montando sobre unha terraza.

O voceiro do gmpp, Jaime Castiñeira, apuntou que os criterios de intervención neste inmoble, incluído no catálogo de elementos protexidos do Plan Xeral, indican que “non se permitirán obras de apertura de ocos en fachadas que modifiquen substancialmente a mesma e que unicamente se poderán realizar novo socos sempre que se manteñan as leis compositivas da fachada original”.

Outro punto que pasou por alto o goberno local, aparte de estar o propio edificio inventariado, está situado a menos de 100 metros do seminario Mayor e o edificio do vello cárcere, tamén inventariados. Esta circunstancia obrigaría a ter un informe previo de cultura para levar a cabo dita intervención, cousa que non se fixo.

Os populares entenden que “independentemente da legalidade, suxeita a interpretación dos técnicos, o concello debería ser o primeiro en dar exemplo. A administración debe ir sempre por diante”, puntualizou.

Antecedentes.-

Castiñeira lembrou outra recente actuación “pouco afortunada” do goberno local relacionada coa conservación do patrimonio referíndose ao aglomerado co que se cubriu a explanada do pavillón municipal. En xuño do ano pasado os populares pediran que se buscara unha alternativa para protexer os seu singular pavimento. Orozco “fixo oídos xordos” á petición e cubriu os panos de cantos rodados que se colocaron a man por unha capa de asfalto.

O voceiro popular afirmou que “pouco se pode esperar dun goberno que persigue aos comerciantes do casco histórico polo Pepri cando, por outro lado, o goberno local fae a vista gorda nos edificios da súa propiedade”.

Jaime Castiñeira lamenta que os de Orozco sexan incapaces de dar exemplo, e os acusa de utilizar “unha vara de medir máis restrictiva” cos cidadáns que queren facer reformas nas súas propiedades

No hay comentarios:

Publicar un comentario