· Os adhesivos de "O seu vehículo foi retirado pola grúa" reprodúcense ata nos lugares máis insólitos, como en fiestras de casas particulares
· O edil popular Enrique Rozas ironizou con que o concelleiro de Medio Ambiente "lle pase os apuntes da Ordenanza" ao de Protección á Comunidade
Martes, 9 de Febreiro de 2010.- O GMPP denuncia que o concello incumpre a Ordenanza de Protección Ambiental ao situar os adhesivos de "O seu vehículo foi retirado pola grúa" en lugares prohibidos por esta ordenanza.
O concelleiro popular Enrique Rozas subliñou con ironía que "xa que os axentes de mobilidade se atopan traballando a reo para reducir o déficit da grúa, sería idóneo que, alomenos, cumprisen a ordenanza Municipal de Protección Ambiental" e que alguén lles explicase a prohibición de colocar adhesivos en certas superficies.
O artigo 306 da ordenanza Municipal de Protección Ambiental prohíbe a colocación de adhesivos en:
· Paradas de transporte público: os axentes de Mobilidade situaron un adhesivo nunha parada da rúa Mallorca e noutra da ronda da Muralla, á altura do edificio dos sindicatos.
· Elementos do mobiliario urbano: algún contenedor da rúa Mallorca, ademais de recoller basura, anuncia ao propietario que o seu vehículo foi retirado pola grúa. Un termómetro da Porta de san Fernando tamén serve para este mesmo fin, así como un bolardo situado na praza de Santo Domingo.
· Postes de alumeado: senllas farolas na ronda do Carme e na ronda da Muralla foron usadas polos axentes de Mobilidade para ubicar estes adhesivos.
· Sinais de tráfico: os efectivos de Mobilidade situaron adhesivos en sinais da praza de Santo Domingo e da avenida de Castelao.
· Lugares inmediatos a un edificio de carácter artístico e histórico, como pode ser a ronda da Muralla. Ao pé do monumento milenario atópanse varios adhesivos deste tipo, á altura do edificio dos Sindicatos e á Porta de Ferrol, entre outras.
Fronte a todas estas imaxes, o método que habitualmente se utiliza para anunciar a retirada de vehículos é colocar os adhesivos no chan, o que evita danos sobre superficies de especial interese e tamén sobre mobiliario urbano.
Rozas tamén ironizou con que o concelleiro de Medio Ambiente Lino González Dopeso lle debería "pasar os apuntes" ao seu compañeiro José Rábade.
O concelleiro popular asegurou que "o concello non pode esixirlle aos lucenses que cumpran unha Ordenanza que eles mesmos non respectan". Rozas lamentou, ademais, que "Orozco non para de pedir limpeza para a Muralla, pero o certo é que o alcalde non se preocupa pola conservación do entorno do monumento".

Y luego las baldosas de la acera no se considera mobilirio urbano, porque yo no ando sobre tierra. Casi prefiero que me lo dejen en una señal y que no venga un barrendero y se lleve la pegatina y no me quede el aviso porque desgraciadamente fue lo que me paso el otro dia
ResponderEliminarAnónimo tienes toda la razon, a mi me llevo el otro día el coche la grúa y el barrendero barrió la pegatina y claro llame a comisaria para denunciar que me robaran el coche y al final estaba en deposito.
ResponderEliminarDichosos barrenderos!!!!!
Yo lo que pienso, es que viendo esto, lo mejor era contratar unos funcionarios, vestirlos de naranja y que ponga que el vehiculo fue retirado por la grua, asi cuando lleguemos nos lo dicen y no enteramos sin manchar nada.
ResponderEliminar