viernes, 26 de febrero de 2010

O GMPP insta a Orozco a reorganizar o servizo do Rexistro xeral do Concello para evitar colas

• Os populares levan unha iniciativa ao pleno logo das numerosas queixas recibidas na Comisión de Suxestións de persoal municipal e de veciños

• A edil Cristina Ares fixo esta solicitude por mor da incapacidade do goberno municipal de culminar a primeira fase da administración electrónica


Venres 26 de Febreiro de 2010.- O GMPP instou a Orozco a reorganizar o servizo do Rexistro Xeral do Concello para evitar as colas que se forman.

Os populares presentaron unha iniciativa a pleno para que o goberno municipal estude a maneira de atender ao público máis rapidamente, sobre todo nos momentos de máxima afluencia dos cidadáns. A concelleira popular Cristina Ares lamentou que "os lucenses perdan moito tempo esperando colas neste servizo".

Falla da administración electrónica.-

Esta demanda chega logo de que Orozco se amosase incapaz, "por enésima vez", de cumprir cun compromiso seu. En concreto, o goberno municipal non foi quen de cumprir a súa promesa de culminar satisfactoriamente a primeira fase da administración electrónica. "Por culpa da súa ineptitude, os cidadáns teremos que seguir facendo cola nas dependencias municipais", polo que Ares entende que "o mínimo que podemos esixir é que se solucione este problema".

A concelleira popular manifestou que a Comisión de Suxestións e Reclamacións que ela preside ten recibido queixas polo mal funcionamento do Rexistro, algo que tamén tensido obxecto de denuncia tanto por parte de entidades veciñais como da propia xunta de persoal do Concello

No hay comentarios:

Publicar un comentario