Venres, 29 de xaneiro de 2010.- O gmpp criticou que o PSOE e BNG “descafeínen” os plenos con propostas xeneralistas como as que se presentan para a sesión do luns “son meras correas de transmisión de Ferraz e de Compostela” subliñou o voceiro popular.
Castiñeira explicou que o seu grupo intentará presentar iniciativas pensadas en resolver problemas próximos aos cidadáns de Lugo.
Lembrar que os populares defenderán a distinción co símbolo SIA (Símbolo Internacional de Accesibilidade) dos establecementos da cidade adaptados para discapacitados. A idea pasa pola creación dun Consello de Accesibilidade para que elabore unha proposta de mellora dos establecementos que así o soliciten “de xeito voluntario” e, finalmente, a elaboración dun informe. O proceso culminaría coa entrega de logos de accesibilidade ás empresas que acrediten as condicións requeridas.
Tamén se pide a creación dun plano-rueiro específico e a posta en marcha dunha guía especializada de recursos accesibles
Os populares tamén reclaman que se recupere a maqueta da muralla romana que está abandonada no parque de bombeiros. O concello pagou 18.000 euros por esta a reproducción a escala que adquiriu para promocionar o monumento romano en feiras de turismo.
Outro rogo do PP ten que ver co mal funcionamento do wi fi, só funciona un de cada catro puntos anunciados “a bombo e platillo polo goberno local”. O grupo popular reclama que se poñan en marcha todos os puntos comprometidos e unha mellor sinalización. Por último os populares piden explicacións sobre cando ten previsto o goberno local desbloquear a elaboración do regulamento de participación cidadá.

No hay comentarios:
Publicar un comentario