· Os veciños da asociación de Quinta de Pérez-Río Sil, que se reuniron hoxe con Castiñeira, síntense “ninguneados polo alcalde” xa que non saben nada do compromiso que lles fixo hai Orozco 5 meses
· En a penas un mes, o GMPP peinou máis de 115 rúas e unha vintena de parroquias do concello
Venres, 26 de Febreiro de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira, anunciou que pedirá explicacións na vindeira comisión de urbanismo sobre en que punto están os trámites para que o concello reciba a urbanización da Quinta de Pérez.
Castiñeira escoitou, esta mañá, nunha reunión que mantivo cunha representación da Asociación veciñal Quinta de Pérez-Río Sil, as demandas veciñais e atendeu ás explicacións dos beneficios que lles reportaría a consideración dos terreos como titularidade municipal.
Este colectivo informou ao popular que nas próximas horas presentarán un escrito no resistro xeral instando a que o concello reciba estes terreos. O documento será presentado, de xeito inminente, no rexistro xeral do municipio.
Os propios habitantes da Quinta de Pérez amosáronse indignados co alcalde e trasladáronlle a Castiñeira o seu malestar porque Orozco comprometerase a asumir a zona fai case cinco meses. "Cada vez menos lucenses cren no estamos nelo do alcalde", subliñou o voceiro popular. Os veciños están decepcionados co rexedor, posto que, a día de hoxe, inda non teñen resposta do socialista.
Os residentes quéixanse do estado de deterioro da pista polideportiva e do parque, polo que urxen ao concello a acelerar a recepción dos seus terreos para o adecentamento da zona. Outra petición é a relacionada coa distribución interna de viais e xardíns, xa que sería aconsellable facer modificacións na súa ubicación con vistas a facilitar os xiros de camións e de vehículos de emerxencia.
Balance de visitas.-
A visita á Quinta de Pérez súmase ao longo percorrido que os populares están facendo por todo o concello: Bispo Aguirre, Avenida de Madrid, rúa Salmón, Galegos, San Eufrasio, parte da Avenida da Coruña, Camiño Real, Avatarda, rúa Portugal, rúa Tui, Carril dos Loureiros, Recatelo, Cedrón del Valle, Cidade de Viveiro, Vilar de Sarria, Rúa Montirón, Carril dos Indios, Paxariños, Avatarda… Así ata sumar un total de 117 rúas repartidas en sete seccións de catro distritos distintos. A intención é ter detectados antes do verán todos os problemas do municipio, polo que o GMPP traballa "a destallo cos e para os lucenses".

No hay comentarios:
Publicar un comentario