· Jaime Castiñeira asegura que “se tanto lle gusta purgar a Orozco, que empece por depurar responsabilidades no seu equipo”
· O voceiro popular teme que a decisión de purgar se tomase sen ter en conta aos enxeñeiros responsables
Venres, 12 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou hoxe en rolda de prensa a comparecencia do edil de Infraestruturas José Piñeiro tras a purga do sistema de augas que deixou sen potabilidade á cidade.
“Non fai falla que se biquen os concelleiros entre si. O que queremos é que dean explicacións xa”, asegurou o voceiro popular Jaime Castiñeira logo do “paripé” de onte entre González Dopeso e Piñeiro.
O voceiro manifestou que o lóxico é que o concelleiro compareza “por vontade propia” no próximo pleno, sen agardar aos prazos que lle permite a Lei de dar explicacións na sesión de abril. “Alguén ten que responsabilizarse dunha decisión inadecuada e consecuencia dun erro clarísimo e nefasto de xestión”.
Castiñeira preguntouse tamén se na reunión na que se decidiu facer a purga estaban presentes os enxeñeiros responsables da materia, algo do que dubida. “Por fortuna, pasou o menos malo, logo de que se tomase unha decisión sen sopesar e sen analizar as consecuencias”. O popular asegurou que “moito me temo que nin Piñeiro nin Orozco sabían as consecuencias do que podería ter ocorrido”
Ao voceiro popular non lle serve o argumento esgrimido polo goberno de “emerxencia”, dado que “o equipo de Orozco tivo tempo máis que suficiente en dous meses para estudar o impacto e as consecuencias dunha medida coma esta”.
Castiñeira reiterou que “a improvisación é o motor do goberno de Orozco”. “Fóiselle das mans”, e todo porque xoga cos intereses dos cidadáns “sen prever absolutamente nada”. “Con instar á Xunta e trasladar responsabilidades a Sanidade a el parece que todo lle vale”.

O dimisiones o ceses. No hay más alternativa.,
ResponderEliminarY que enseñen los papeles de los análisis.