· Este encontro enmárcase dentro do calendario de visitas a diferentes colectivos sociais que está realizando o voceiro, Jaime Castiñeira, con varios concelleiros do GMPP
· Os populares levarán á Comisión de Benestar Social unha iniciativa para incorporar a experiencia das asociacións sociais aos cursos que se imparten nos centros socioculturais da cidade
Mércores, 3 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal Popular visitou esta mañá a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na súa sé lucense de Doutor Fleming.
O voceiro Jaime Castiñeira, acompañado da concelleira Sofía López Liñares, reuniuse con este colectivo na véspera do Día Mundial contra o Cancro. Esta visita é a segunda que efectúa o GMPP en materia social, logo de terse reunido coa Asociación de Discapacitados Auditivos de Lugo o mércores pasado. Os concelleiros populares reuniranse en vindeiros días con outros colectivos sociais da cidade.
Proposta.-
A concelleira popular Sofía López Linares comunicou nesta reunión a iniciativa que presentará no vindeiro encontro da Comisión de Benestar Social que preside.
A edila levará unha proposta para instar ao goberno local a ter en conta a experiencia destas asociacións (Alzheimer, Cancro, enfermidades renais, fibromialxia, e outras) no marco das actividades que está a desenvolver o concello nos centros socioculturais, como a de "Coida a túa saúde".
López Linares pensa que "pode ser moi interesante" que nestas conferencias "se lles dea cabida a asociacións que levan traballando dende fai varios anos en problemáticas concretas", sobre todo "con vistas a tarefas de prevención". A concelleira popular mantivo que "tense que aproveitar o entramado social e que se xenere un bo feedback entre a sociedade xeral e os afectados por estas doenzas".

No hay comentarios:
Publicar un comentario