jueves, 4 de marzo de 2010

Castiñeira presenta unha batería de preguntas sobre o parque de paneis solares do Ceao


• Jaime Castiñeira levará á Comisión de economía preguntas para ver qué rendemento e qué custe está a ter esta infraestrutura

• O voceiro popular critica o estado no que se atopan algunhas das placas, xa rotas despois de só uns meses de funcionamento

• Castiñeira “en lugar producir enerxía a planta está xerando un gasto de consumo para as arcas municipais


Xoves, 4 de Marzo de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira anunciou esta mañá que presentará, na comisión de economía, unha batería de preguntas sobre o parque de paneis solares do Ceao.

Castiñeira quere saber a "situación real" na que se atopa este servizo. Entre outras cousas os populares piden que se aclare cando se leva investido nesta infraestructura, así como unha estimación do custe que se precisaría para o seu arranxo para que puidese entrar en funcionamento. O voceiro popular cuestiona tamén cantos colexios visitaron as instalacións e que función lle pensan dar, entre outras preguntas.

O popular Jaime Castiñeira tamén pedirá permiso para poder realizar unha visita oficial ao parque de paneis solares do Ceao.

Deficiencias.-

Castiñeira lamentou que hai que desfacer unha instalación recentemente montada por unha cuestión de mala xestión. En concreto, o voceiro popular manifestou que xa hai que repoñer unha de cada catro placas instaladas. “Non están correctamente instaladas, con cables e tubos por riba cando as placas deberían estar por baixo das mesmas para non dificultar a entrada de luz solar e que se poida xenerar a maior enerxía eléctrica posible”. Castiñeira subliñou que “en lugar de producir enerxía están a xerar un maior consumo”.

Gato por lebre.-

Jaime Castiñeira advirtiu de que este proxecto, "un de tantas outras ideas brillantes que teñen Orozco e os seus equipos", saíulle bastante máis caro aos lucenses que o aforro que pretendía conseguir. “Non está a xerar os beneficios que calculaban” puntualizou Jaime Castiñeira.

A concelleira de Economía e Emprego Sonia Méndez calculaba que os lucenses aforraríamos uns 16.000 euros anuais con esta instalación, pero o certo é que, segundo Castiñeira "moito nos tememos que Orozco nos volveu dar gato por lebre", xa que a reparación destas incidencias vai supoñer un gasto relevante para as arcas da cidade.

O gmpp denuncia unha nova chapuza do goberno local en viais do CEAO

· O compromiso urxente de Orozco de arranxar os socavóns do polígono limítase a facer uns parches que aos dous días se levantan

Xoves, 4 de marzo de 2010.- O gmpp denuncia que pasaron case dous meses dende que o goberno local se comprometeu a arranxar “de xeito urxente” os socavóns da rúa da industria e a da rúa Agricultura do polígono do CEAO.

No mes de xaneiro, logo das protestas dos industriais e das denuncias do Partido Popular, se taparon os “socavóns máis fondos cuns cestos de grava”. Este mesmo luns, o goberno local volvía aos mesmos puntos onde actuo en xaneiro: “os remendos” da política de parcheo que caracterizan ao señor Orozco provocan estas “ridículas situacións” que o único que fan é provocar molestias aos industriais deste polígono.

A solución do responsable de obras “novos cestos de grava” para tapar de “forma provisional os socavóns profundos desta vía”. Castiñeira auguralle pouco futuro a estes parches (realizados luns e martes 1, 2 de feb) que como xa se pode apreciar se volven a desfacer

Os populares ironizan coa “velocidade de cruceiro” coa que traballa o goberno de Orozco que “e polo que eles entenden por urxencia”. Chama a atención que non pasase ningún proxecto para arranxar esta e outras vías en estado lamentable do CEAO nin por xunta de compras nin por mesa de contratación.

Lembrar como o Partido Popular pediu o pasado 8 de xaneiro que os 180.000 euros remanentes do FEIL se utilizasen precisamente para o arranxo dos viais do polígono. A resposta do goberno local é que non era posible e foi daquela cando anunciaba un arranxo urxente en vía do CEAO.

Castiñeira solicítalle sensibilidade a Orozco para adecentar o local da Asociación de Radiotaxistas

• Jaime Castiñeira visitou o local do colectivo de taxistas e comprobou que as goteiras ameazan o novo equipamento tecnolóxico, cuxa inversión ascende a preto de 200.000 euros


Mércores, 3 de Marzo de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira solicitoulle sensibilidade ao alcalde co local da Asociación de Radiotaxistas.

Castiñeira visitou o centro e comprobou que as goteiras alí existentes ameazan a recente remodelación tecnolóxica que acometeu a directiva. O voceiro popular explicou que "acaban de gastar case 200.000 euros nun novo sistema de localización GRPS", polo que non entende que a deixadez de Orozco poida dar ao traste con esta mellora.

As goteiras xa provocaron incidentes laborais como caídas en parte da plantilla. O popular teme agora que a mala situación do teito poida afectar ao equipamento informático. A xuízo de Castiñeira, o alcalde, inda "que presume de social", fai caso omiso ás reivindicacións do colectivo, a pesar das peculiaridades que esixen unha atención preferente: un plantel de case cen persoas, entre taxistas con licenza en propiedade, condutores asalariados por estes taxistas e operadores que atenden as chamadas na oficina.

O voceiro popular sinalou que se trata dunha infraestrutura "que deixa moito que desexar", polo que "o mínimo que podemos facer é adecentarlles o mal lugar que teñen". Trátase dun recinto minúsculo onde traballan seis persoas, todos eles con discapacidade física.

Castiñeira recalcou que, dende que en 1997 Joaquín García Díez inaugurou a sé da asociación, os taxistas non recibiron un só euro do concello. En concreto, Orozco só abonou os gastos derivados das avarías de auga, tendo que abonar a asociación todas as outras inversións.

O GMPP denuncia o total abandono de Orozco coas costas do parque Rosalía de Castro


· A concelleira popular Teresa Taboada pregunta pola retirada dos xogos infantís e solicita que se repoñan os divertimentos de cara á primavera

· Travesaños das escaleiras carcomidos e soltos, bancos sen respaldo, grafitis, fontes que non funcionan e árbores caídos non retirados son a tarxeta de visita do pulmón do centro de Lugo

Mércores, 3 de Marzo de 2010.- O GMPP denunciou esta mañá en rolda de prensa o estado de "total abandono" ao que o alcalde Orozco somete as costas do parque Rosalía de Castro.

A concelleira popular Teresa Taboada preguntou por que se retiraron os xogos infantís que había na explanada das costas do parque. A edil manifestou que "sen que os lucenses teñamos ningunha explicación, o certo é que os nosos nenos non poden xogar nas costas dende antes de san Froilán".

Taboada demandou ao concello qué plans teñen para os divertimentos e aproveitou para solicitar que a reinstalación dos xogos infantís, que "espero que estean nun tempo récord", se faga "nun lugar axeitado lonxe das atraccións de san Froilán", posto que o Concello demórase demasiado na retirada dos restos de anclaxes, coas situacións de perigo que entrañan.

Taboada exhibiu tamén ante os medios de comunicación fotos de situacións tan variopintas como perigosas:

· Moitos remates das escaleiras de madeira están carcomidos e soltos, co risco de tropezar neles ao camiñar. Nalgún burato chegan a caber zapatos de nenos. Outros travesaños faltan directamente ou teñen unha forma cóncava que incluso sería difícil de deseñar a propósito.

· Os bancos son unha superficie que entraña sorpresas, posto que tanto podemos atoparnos con que non existe respaldo (quizais sexa o modelo washingtoniano) ou que estas superficies están recubertas de graffitis. Así, un pode decidir entre non sentarse porque non hai respaldo ou porque están sucios e cheos de pintadas.

· Os artistas dos graffitis tamén exhiben a súa arte en paredes, en fontes… Calquera superficie lles vale aos autores das pintadas. O grafólogo que ía contratar o concello, e do que nunca máis se soubo, tería moito traballo nas inmediacións das costas do parque.

· Orozco preséntanos ademais unha idea innovadora para as fontes. Non botan auga e están totalmente oxidadas, case da cor da Coca-Cola. Pode que sexan manantiais de refresco e o alcalde estea esperando á campaña para anuncialo.

· Pero as sorpresas non rematan aí, dado que tamén atopamos a proposta de árbore para a primavera do 2010: caída e coas ramas á altura do chan.

Teresa Taboada pensa que urxe a "revalorización deste espazo natural" para "non sermos os lucenses os últimos en valorar as zonas verdes". "Non é menos importante un parque cá Muralla", matizou a concelleira. Taboada recordou tamén as vantaxes de contar cunhas costas en bo estado, posto que moitos lucenses poderían aproveitar para pasear polas inmediacións. A edil popular cre que "é urxente a posta en marcha de actuacións específicas, dado que faltan tres semanas para a chegada da primavera", unha etapa na que os máis pequenos deberían poder disfrutar dos espazos verdes da cidade.

martes, 2 de marzo de 2010

O gmpp reclama o cumprimento da ordenanza de venda ambulante no mercadiño de Frigsa

· Alicia Peña: “A deixadez do goberno local provoca que cada vez se instalen máis feirantes sen permiso onde lles peta”

· Os populares queren saber cantas tarxetas expediu o concello dende que no ano 2006 entrou en vigor a normativa que regula a venda ambulante

Martes, 2 de marzo de 2010.- O gmpp acusou hoxe ao goberno local de dárlle a espalda á ordenanza que regula o mercadillo de Frigsa “se incumpre sistemáticamente a normativa tanto en cuestión de acreditación dos vendedores ambulantes como na situación dos postos”. Alicia Peña explicou que resulta “caótico e terceiro mundista” comprobar como “as entradas ao recinto tanto por Monte Faro, como a principal do parque de Frigsa son intransitables, debido a que os vendedores ilegais campan as súas anchas incluso algún pon os postos no medio dos corredores estorbando o paso dos clientes, ou o que é peor, cortando o paso de entrada a vehículos de emerxencia”.


Alicia Peña denuncia o incremento do intrusismo neste mercadiño co visto bo do goberno de Orozco “hai unha falla de control e un pasotismo que está afectando á imaxe deste ferial e que produce un descontento xeralizado entre os feirantes que pagan cada trimestre os 160 euros estipulados”.

Petición de explicacións.-

Para demostrar a “desidia e o abandono” do concello, á hora de cumprir a ordenanza “que eles mesmos aprobaron”, a concelleira do gmpp, Alicia Peña Murias, anunciou que presentará unha batería de preguntas.

Entre outros aspectos os populares solicitarán información sobre o número de vendedores que solicitaron a tarxeta trimestral de permiso de venda ambulante dende o ano 2006 (data na que entrou en vigor a nova normativa); o número de tarxetas expedidas e os ingresos percibidos.

Peña lamenta o desinterese do goberno local por relanzar este mercadito “foron reacios á hora de actualizar a ordenanza que se renovou en 2006 logo da persistente insistencia por parte do Partido Popular e agora que teñen a normativa son incapaces de facela cumprir”.

Dende o grupo popular o que se solicita é que se garanta o cumprimento do artigo 10 desta ordenanza na que se recolle que “é competencia do concello o exercicio da intervención administrativa, as funcións de autoridade, policía e inspección de postos situados no mercado”.

“Si hai unha ordenanza que se cumpra” insistiu Alicia Peña a quen lle chama a atención a contradicción do alcalde “que pasa do pasotismo con este colectivo fronte ao estricto cumplimento que impón aos comerciantes do casco histórico no que respecta ao cumplimento da normativa do Pepri”.

O GMPP critica a prepotencia e o talante non democrático de Orozco no pleno de onte

· O voceiro popular Jaime Castiñeira censurou a actitude do alcalde, quen interrompeu "cada dous por tres" as súas intervencións

· A pelexa entre Laxe e Orozco sobre a titularidade da concellería de Augas no bipartito local amosa os perigos deste tipo de coalicións ou, como dixo o alcalde, "estranos compañeiros de cama"


Martes, 2 de marzo de 2010.- O GMPP valora de forma positiva que todas as iniciativas presentadas no pleno do 1 de marzo foran aprobadas por unanimidade. O voceiro popular, Jaime Castiñeira, cre que o apoio recibido amosa que o Partido Popular está levando a cabo unha oposición constructiva e responsable. Afirmou que “buscamos resolver problemas”, de aí que socialistas e nacionalistas dean luz verde ás iniciativas populares.

Con respecto á confección dunha planimetría completa da rede de auga en Lugo, os populares acusaron ao equipo de Orozco de actuar con “hipocrisía e cinismo político”. A xuízo de Castiñeira, é curioso que, por un lado, afirmen que xa teñen a práctica totalidade do traballo feito e que, polo outro, convoquen unha reunion para analizar a iniciativa que o GMPP levaba a pleno.

"Os datos do rexistro están aí", subliñou o voceiro, quen explicou que a reunión á que aludía onte o concelleiro de Infraestruturas se celebrou "unha semana despois de presentar a nosa proposición". "Como pode explicar o señor Piñeiro que se reúna cos técnicos para analizar e ver canto custa algo que, según el, xa está feito", preguntouse Jaime Castiñeira.

“O único que quedou claro da súa explicación é que non houbo unha análise adecuada e que a crise da auga se xestionou dunha forma nefasta”, matizou o voceiro popular. E, mentres tanto, o alcalde presume dos seus concelleiros e, inda por riba, felicítaos.

Queixa prepotencia Orozco.-
O voceiro popular queixouse ademais da actitude do alcalde durante o pleno “por interrumpir de forma constante”. Jaime Castiñeira lamenta a preopotencia que da que fai gala Orozco “non lle gusta escoitar as verdades e intenta achicar e amordazar á oposición”. "O que un día presumiu de ser sumo sacerdote da democracia parece que non lle queda nada nin de sumo nin de sacerdote", posto que "fixo gala dunha actitude moi pouco ou nada democrática".

Por outra banda, a Castiñeira chamoulle a atención o “rifirrafe entre PSOE e BNG”, xa que ambos eludiron responsabilidades sobre quen foi o concelleiro encargado da xestión da auga durante o bipartito no concello. O voceiro popular advirtiu de que “así funcionan os bigobernos”.