• Jaime Castiñeira levará á Comisión de economía preguntas para ver qué rendemento e qué custe está a ter esta infraestrutura
• O voceiro popular critica o estado no que se atopan algunhas das placas, xa rotas despois de só uns meses de funcionamento
• Castiñeira “en lugar producir enerxía a planta está xerando un gasto de consumo para as arcas municipais
Xoves, 4 de Marzo de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira anunciou esta mañá que presentará, na comisión de economía, unha batería de preguntas sobre o parque de paneis solares do Ceao.
Castiñeira quere saber a "situación real" na que se atopa este servizo. Entre outras cousas os populares piden que se aclare cando se leva investido nesta infraestructura, así como unha estimación do custe que se precisaría para o seu arranxo para que puidese entrar en funcionamento. O voceiro popular cuestiona tamén cantos colexios visitaron as instalacións e que función lle pensan dar, entre outras preguntas.
O popular Jaime Castiñeira tamén pedirá permiso para poder realizar unha visita oficial ao parque de paneis solares do Ceao.
Deficiencias.-
Castiñeira lamentou que hai que desfacer unha instalación recentemente montada por unha cuestión de mala xestión. En concreto, o voceiro popular manifestou que xa hai que repoñer unha de cada catro placas instaladas. “Non están correctamente instaladas, con cables e tubos por riba cando as placas deberían estar por baixo das mesmas para non dificultar a entrada de luz solar e que se poida xenerar a maior enerxía eléctrica posible”. Castiñeira subliñou que “en lugar de producir enerxía están a xerar un maior consumo”.
Gato por lebre.-
Jaime Castiñeira advirtiu de que este proxecto, "un de tantas outras ideas brillantes que teñen Orozco e os seus equipos", saíulle bastante máis caro aos lucenses que o aforro que pretendía conseguir. “Non está a xerar os beneficios que calculaban” puntualizou Jaime Castiñeira.
A concelleira de Economía e Emprego Sonia Méndez calculaba que os lucenses aforraríamos uns 16.000 euros anuais con esta instalación, pero o certo é que, segundo Castiñeira "moito nos tememos que Orozco nos volveu dar gato por lebre", xa que a reparación destas incidencias vai supoñer un gasto relevante para as arcas da cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario