jueves, 4 de marzo de 2010

Castiñeira solicítalle sensibilidade a Orozco para adecentar o local da Asociación de Radiotaxistas

• Jaime Castiñeira visitou o local do colectivo de taxistas e comprobou que as goteiras ameazan o novo equipamento tecnolóxico, cuxa inversión ascende a preto de 200.000 euros


Mércores, 3 de Marzo de 2010.- O voceiro popular Jaime Castiñeira solicitoulle sensibilidade ao alcalde co local da Asociación de Radiotaxistas.

Castiñeira visitou o centro e comprobou que as goteiras alí existentes ameazan a recente remodelación tecnolóxica que acometeu a directiva. O voceiro popular explicou que "acaban de gastar case 200.000 euros nun novo sistema de localización GRPS", polo que non entende que a deixadez de Orozco poida dar ao traste con esta mellora.

As goteiras xa provocaron incidentes laborais como caídas en parte da plantilla. O popular teme agora que a mala situación do teito poida afectar ao equipamento informático. A xuízo de Castiñeira, o alcalde, inda "que presume de social", fai caso omiso ás reivindicacións do colectivo, a pesar das peculiaridades que esixen unha atención preferente: un plantel de case cen persoas, entre taxistas con licenza en propiedade, condutores asalariados por estes taxistas e operadores que atenden as chamadas na oficina.

O voceiro popular sinalou que se trata dunha infraestrutura "que deixa moito que desexar", polo que "o mínimo que podemos facer é adecentarlles o mal lugar que teñen". Trátase dun recinto minúsculo onde traballan seis persoas, todos eles con discapacidade física.

Castiñeira recalcou que, dende que en 1997 Joaquín García Díez inaugurou a sé da asociación, os taxistas non recibiron un só euro do concello. En concreto, Orozco só abonou os gastos derivados das avarías de auga, tendo que abonar a asociación todas as outras inversións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario