jueves, 4 de marzo de 2010

O GMPP denuncia o total abandono de Orozco coas costas do parque Rosalía de Castro


· A concelleira popular Teresa Taboada pregunta pola retirada dos xogos infantís e solicita que se repoñan os divertimentos de cara á primavera

· Travesaños das escaleiras carcomidos e soltos, bancos sen respaldo, grafitis, fontes que non funcionan e árbores caídos non retirados son a tarxeta de visita do pulmón do centro de Lugo

Mércores, 3 de Marzo de 2010.- O GMPP denunciou esta mañá en rolda de prensa o estado de "total abandono" ao que o alcalde Orozco somete as costas do parque Rosalía de Castro.

A concelleira popular Teresa Taboada preguntou por que se retiraron os xogos infantís que había na explanada das costas do parque. A edil manifestou que "sen que os lucenses teñamos ningunha explicación, o certo é que os nosos nenos non poden xogar nas costas dende antes de san Froilán".

Taboada demandou ao concello qué plans teñen para os divertimentos e aproveitou para solicitar que a reinstalación dos xogos infantís, que "espero que estean nun tempo récord", se faga "nun lugar axeitado lonxe das atraccións de san Froilán", posto que o Concello demórase demasiado na retirada dos restos de anclaxes, coas situacións de perigo que entrañan.

Taboada exhibiu tamén ante os medios de comunicación fotos de situacións tan variopintas como perigosas:

· Moitos remates das escaleiras de madeira están carcomidos e soltos, co risco de tropezar neles ao camiñar. Nalgún burato chegan a caber zapatos de nenos. Outros travesaños faltan directamente ou teñen unha forma cóncava que incluso sería difícil de deseñar a propósito.

· Os bancos son unha superficie que entraña sorpresas, posto que tanto podemos atoparnos con que non existe respaldo (quizais sexa o modelo washingtoniano) ou que estas superficies están recubertas de graffitis. Así, un pode decidir entre non sentarse porque non hai respaldo ou porque están sucios e cheos de pintadas.

· Os artistas dos graffitis tamén exhiben a súa arte en paredes, en fontes… Calquera superficie lles vale aos autores das pintadas. O grafólogo que ía contratar o concello, e do que nunca máis se soubo, tería moito traballo nas inmediacións das costas do parque.

· Orozco preséntanos ademais unha idea innovadora para as fontes. Non botan auga e están totalmente oxidadas, case da cor da Coca-Cola. Pode que sexan manantiais de refresco e o alcalde estea esperando á campaña para anuncialo.

· Pero as sorpresas non rematan aí, dado que tamén atopamos a proposta de árbore para a primavera do 2010: caída e coas ramas á altura do chan.

Teresa Taboada pensa que urxe a "revalorización deste espazo natural" para "non sermos os lucenses os últimos en valorar as zonas verdes". "Non é menos importante un parque cá Muralla", matizou a concelleira. Taboada recordou tamén as vantaxes de contar cunhas costas en bo estado, posto que moitos lucenses poderían aproveitar para pasear polas inmediacións. A edil popular cre que "é urxente a posta en marcha de actuacións específicas, dado que faltan tres semanas para a chegada da primavera", unha etapa na que os máis pequenos deberían poder disfrutar dos espazos verdes da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario