· Os populares pregúntase en que se basea o concello para dicir que os problemas da traída son froito dunha sabotaxe
Xoves, 28 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP, Jaime Castiñeira, pediu hoxe explicacións ao alcalde sobre a potabilidade da auga da traída de Lugo.
Os populares consideran que o goberno local “non está a dar unha resposta adecuada á problemática detectada, dende hai uns días, en varios puntos da cidade” e recriminaron que, unha vez máis, “pola súa incapacidade á hora de resolver un problema o alcalde pase a responsabilidade deste asunto a outras administracións”. A este respecto o voceiro popular desmentía que Sanidade tivese, esta mañá, coñecemento oficial de abrir unha investigación sobre esta cuestión o tal e como se confirmaba dende o concello.
Castiñeira quere saber en que basea o concello as súas sospeitas sobre unha posible sabotaxe da rede de auga da traída. O voceiro popular puntualizou que, “en ningún momento, pretenden crear alarma sobre este asunto pero apuntan que nun tema tan sensible se debe facilitar a máxima información disponible”.
. Os comerciantes e veciños da rúa trasladaron esta reivindicación ao GMPP
· Teresa Taboada suxire que os magnolios da Raíña se poden por riba para dar unha "boa imaxe"
Xoves, 28 de xaneiro de 2010.- A edil popular Teresa Taboada suxiriulle ao concello a poda e mellora dos magnolios da rúa da Raíña.
A concelleira fíxose eco das reivindicacións de comerciantes e veciños desta céntrica rúa. Ambos colectivos solicitan que as árbores se poden tamén por riba, posto que o Concello se limita a curtar as pólas da parte máis baixa.
O GMPP suxire, polo tanto, a mellora destes magnolios agora que se aproxima o tempo de poda. "É unha suxerencia máis dende a nosa postura de oposición constructiva", recalcou Teresa Taboada.
· Os populares reuníronse coa directiva da asociación lucense de xordos para coñecer as súas problemáticas e presentarlles distintas iniciativas encamiñadas a mellorar as súas posibilidades de comunicación
Mércores, 27 de xaneiro de 2010.- O GMPP propón que se poña en marcha un sistema que permita aos xordos comunicarse coa policía local. O sistema permitirá que as persoas con esta discapacidade poda comunicarse por mensaxe de teléfono móvil coa policía local, quen axudaría ao cidadán en situación de emerxencia.
Para iso é necesaria a creación dun rexistro polo que os populares propoñen que para a súa elaboración se estableza un convenio co colectivo afectado. Neste rexistro poderanse inscribir todas as persoas xordas que residan no concello. Con este rexistro, a Policía Local terá os datos das personas inscritas y poderá actuar en caso de que calquera delas sufra unha emerxencia. Coa posta en marcha deste servizo mellorarase a calidade de vida das personas con discapacidades auditivas, que vivirán con máis "tranquilidade".
Sofía López Liñares afirmou que hai que “poñer en marcha distintas medidas adaptadas ao presente, e con visión de futuro, que beneficien aos 631 lucenses que teñen algunha discapacidade auditiva” .
A concelleira popular é partidaría de que as administracións fagan un traballo continuado, e afirma que con pequenas aportacións como a deste sistema se contribúe á mellorar a calidade de vida deste colectivo.
Reunión directiva asociación lucense xordos.- Os populares presentaron esta iniciativa á directiva da Asociación lucense de xordos. Concelleiros do grupo entre os que estaba o seu voceiro, Jaime Castiñeira, xunto coa responsable de asuntos sociais, Sofía López Linares, recolleron as suxestións do colectivo comprometéndose a colaborar “para mellorar, no ámbito municipal, os sistemas de información e comunicación”.
Pola súa banda a directiva da Asociación explicou aos populares cales son as súas principias problemáticas. Entre outras cousas solicitan que se incremente a sinalización de emerxencia sonora e luminosa, maior número de paneis informativos e que estean visibles e campañas de sensibilización sobre as problemáticas deste colectivo ... etc
· Calificar de "anécdota" la falta de efectivos en los servicios de Policía y Bomberos supone tomarse a broma la seguridad de los lucenses
· El alcalde opta por la descalificación personal de un miembro de la corporación elegido tan democráticamente como él
· "Le iría mejor a la ciudad si el esfuerzo que invierte en atacarme lo emplease en preocuparse por el correcto funcionamiento de estos cuerpos", sentenció Rozas
Miércoles, 27 de enero de 2010.- El concejal popular Enrique Rozas asegura que el alcalde opta por la descalificación personal porque "sabe cuál es la realidad y sabe bien que lo que digo es absolutamente cierto".
El edil popular recordó que Orozco no fue capaz de desmontar con documentos "en ninguna ocasión" sus afirmaciones. Para Rozas, esto representa un "intento de silenciamiento del trabajo de la oposición", algo que no puede permitirse ninguna corporación dirigida por el que presume de ser el "sumo pontífice de la democracia".
"Orozco está nervioso, eso es evidente, y que está falto de ideas se nota en sus reacciones", lamentó Rozas. El concejal popular criticó al alcalde socialista por "tomarse a risa" la seguridad de los lucenses, ya que ayer Orozco calificó de "pequeñas anécdotas" asuntos relativos a la protección ciudadana.
El concejal popular instó al alcalde a "en lugar de volcar todos sus esfuerzos en mi persona, con denuncia a la Fiscalía incluida, que los dedique a garantizar la seguridad de todos los lucenses". Rozas hizo hincapié en la necesidad de dotar de medios humanos y materiales, y de organizarlos servicios de seguridad de este ayuntamiento, como son Policía y Bomberos. El concejal popular preguntó "qué garantías de seguridad puede dar a los lucenses una persona que es incapaz de salvaguardar su propia casa", en alusión a los robos cometidos en la Casa Consistorial y ya denunciados por el GMPP.
El edil recordó que el alcalde ya lleva tres concejales de Protección a la comunidad con dedicación exclusiva y dos directores generales que, aún así, "ambos servicios funcionan cada vez peor". Finalmente, Enrique Rozas exigió "como mínimo, respeto por un compañero de corporación elegido tan democráticamente como él", al tiempo que instó al alcalde a "una disculpa pública".
· Socialistas e nacionalistas recoñeceron a conveniencia das iniciativas efectuadas polo GMPP
· Sofía López Linares amosouse "contenta" coas melloras, inda que non sexan suficentes
· A concelleira popular solicita tamén a intervención da Comisión de Benestar Social no regulamento e na constitución do Consello de Maiores
Luns, 26 de xaneiro de 2010.- Os integrantes do PSOE e o BNG na Comisión de Benestar Social recoñeceron na reunión de onte a conveniencia das melloras de accesibilidade propostas polo GMPP.
Este organismo, presidido pola concelleira Sofía López Linares, aprobou tres das cinco melloras presentadas polo PP para as Oficinas Administrativas do Concello no Seminario. En concreto, a Comisión de Benestar Social aprobou a instalación dunha nova mesa adaptada para que os discapacitados físicos poidan cubrir documentos, o arranxo nos baños de persoas con mobilidade reducida e a rotulación no chan.
Todas estas medidas foron estudadas grazas á iniciativa popular e á sensibilidade que amosou o grupo municipal. Por iso, a concelleira Sofía López Linares amosouse "contenta", inda que "a satisfacción non é total", dado que "queda moito por mellorar".
López Linares matizou que o PP segue defendendo que se rebaixe o mostrador do padrón, porque a solución que propón o equipo de Orozco "supón unha discriminación" para as persoas que empregan cadeira de rodas.
Amais, a concelleira popular reclama unha mellor rotulación da palanca que permite o mecanismo de subida e baixada do punto de información.
Consello de Maiores.-
Por outra banda, López Linares pensa que o concello "dá excusas de mal pagador" á súa pregunta de por qué, un ano despois, o Consello de Maiores segue sen constituírse, inda que o Concello prometera telo en marcha no verán pasado.
A mala xestión de Orozco reflíctese tamén en materia social, posto que emprega os regulamentos dos centros sociais da Piringalla e do Maruxa Mallo como excusa para "non ter avanzado nada" no Consello de Maiores.
López Linares solicitou tamén que se engadise como participantes aos membros da Universidade Senior. A concelleira popular solicitou ademais que sexa a Comisión de Benestar Social a que dea o visto bo ás bases que regularán o consello de Maiores.
· Cristina Ares comprobou que só funcionan perfectamente os puntos do CEI e do Centro Social de Fingoi
· A conexión é boa só nun de cada catro puntos anunciados
· A concelleira popular reclamou tamén unha mellor sinalización destes puntos
Luns, 26 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular presentou un rogo para a mellora dos puntos de conexión sen fíos a Internet (puntos WI-FI).
A edil popular Cristina Ares afirmou que só funcionan correctamente os puntos do Centro de Empresas e Innovación (CEI) e do Centro Social de Fingoi. "A realidade choca frontalmente cos 20 puntos que Orozco anunciou a bombo e platillo", sentenciou.
Ares chequeou todos os puntos WIFI anunciados polo concello o pasado luns 18 de xaneiro, e comprobou que a conexión so funciona nun de cada catro puntos anunciados.
A concelleira considera que "pasou un tempo máis que razoable" para que estes puntos funcionasen á perfección. Cristina Ares lembrou que transcorreron máis de dous meses dende a súa posta en marcha.
O GMPP solicita, ademais, neste rogo que se indique "claramente" onde se atopan os puntos wifi e cómo conectarse a Internet. Ares pediu tamén que se ubique alomenos un punto de conexión sen fíos en todos os centros sociais do Concello para aumentar o atractivo destas instalacións, sobre todo entre a xente nova.
Mellor sinalización.-
O escrito, que irá ao pleno do vindeiro luns 1 de febreiro, recolle tamén as deficiencias na sinalización destes puntos de conexión sen fío. Ares asegurou que "os cidadáns que desexen conectarse teñen que perder bastante tempo en averiguar ónde e cómo facelo".
A concelleira tamén lamentou que o mal funcionamento destes puntos "non cumpra co obxectivo de acercar á xente nova aos centros sociais".
Ares condenou que "a mala xestión de Orozco" provoca que os lucenses non se poidan estar beneficiando das boas condicións horarias dos centros sociais, que abren as fis de semana.
· Jaime Castiñeira “pulsaremos as bases do partido na busca de propostas que melloren Lugo”
· Outro reto da xunta local será “ilusionar” aos lucenses co proxecto popular para acadar un triunfo electoral na primavera de 2011
· Os concelleiros do grupo municipal terán un papel activo dentro deste organigrama
Luns, 25 de xaneiro de 2010.- O presidente da xunta local do PP, Jaime Castiñeira Broz, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos presidentes das distinas comisións que funcionarán no seo do comité local.
Durante o encontro constituíronse as sete comisións que estaban anunciadas e máis fixouse a axenda dos temas a tratar. Castiñeira indicou que entre outros obxectivos “o que se busca é pulsar a opinión das bases do partido así como de distintos colectivos para recoller propostas para mellorar Lugo”·.
Os concelleiros do grupo municipal terán un papel activo nestas comisións. Un concelleiro do grupo participará en cada unha delas co obxecto de coordinar as accións que se leven a cabo co traballo do equipo do concello.
Castiñeira indicou que a estructura de traballo non é pechada, e deixou aberta a posibilidade a que se formen novas comisión sde traballo de asuntos de vital importancia para o futuro da cidade.
Forman parte da:
- Comisión sénior: Luis Pérez Vila (coordinador), Serafín Rodríguez, Alicia Peña Murias.
- Comisión de turismo.- Paloma Vázquez Fernandez (coordinadora), Angel Trabada, José Antonio Díaz Escolante.
- Comisión novas tecnoloxías.- Ignacio Somoza Vila (coordinador), Raquel Castiñeira Castelo, Cristina Ares.
- Comisión de comercio e industria.- Teresa Taboada Candal (coordinadora), Juan Castro Gil, Roberto Lucas Cabanas
Canto a comisión sanidade e a de educación actuarán como enlace coas comisións que funcionan a nivel provincial as concelleiras Sofía López Linares e Alicia Peña Muras.
O presidente da xunta local, Jaime Castiñeira, explicou que o reto que se marca o equipo da xunta local é traballar duro para ilusionar á xente. A defensa do proxecto do PP ten unha finalidade clara conseguir o triunfo para o partido nas municipais”.
· Enrique Rozas: “Non transcurriron nin 24 horas, dende a súa entrada en vigor, sen que se producisen fallos inexplicables como tardar máis de tres horas en realizar unha proba de alcoholemia”
Luns, 25 de xaneiro de 2010.- O gmpp denuncia o fracaso da última reestructuración da policía local que entrou en vigor o pasado venres. O concelleiro popular, Enrique Rozas, considera “unha tomadura de pelo que nin transcurridas 24 horas dende que se pon en marcha esta reforma se cometan graves anomalías”.
O edil popular explicou como “a un conductor dun vehículo que sufriu un accidente non se lle puido practicar a proba de alcoholemia ata tres horas despois”. O suceso tivo lugar ás tres da madrugada da noite do venres ao sábado na rúa Camiño Real.
Cronoloxía dos feitos:
- A unidade de tráfico que se despraza ata Camiño Real a realizar o atestado traslada ao conductor ao cuartel da policía local.
- Como os axentes que había nese momento de servizo non pertencían a unidade de atestados non dispoñían das claves de acceso aos equipos informáticos para realizar o correspondente atestado.
- Dáse traslado ao conductor ás dependencias da garda civil para realizar a proba da alcoholemia. Non se puido levar a cabo porque os efectivos estaban, nese momento, con controis na rúa.
- Os axentes volven a trasladar ao cuartel da policía ao conductor do vehículo siniestrado. Pasadas as catro da mañá se reclama a presenza do responsable de atestados que, pese a non estar de servizo, acude para realizar a proba de alcoholemía.
- As seis da mañá finaliza a proba.
Efectividade en tea de xuizo.-
Á vista deste caso o grupo popular volve a poñer en tea de xuízo a efectividade desta última reforma da policía local de Lugo. Rozas puntualiza que “unha estructura da policía debe facerse pensando en dar servizo aos cidadáns, en clave estrictamente profesional”. Para os populares esta última reforma é similar ás anteriores reestructuracións do corpo “simplemente obedece a criterios políticos realizados por un incompetente en materia policial que vén demostrando, reforma tras reforma, o seu nulo coñecemento para estar ao fronte deste servizo”.
O concelleiro popular pediu responsabilidades ao alcalde para que como “mínino” e, xa que a reforma da policía depende directamente da súa dirección, se acometa sen fallos “tan chamativos” como o ocorrido esta fin de semana.
· O incendio, esta fin de semana, de dous camións na Campiña puxeron en evidencia as carencias do servizo, xa que só se puido mobilizar un único efectivo para atender outra saída simultanéa no Carqueixo
· Rozas reclama que se cubran, canto antes, as cinco prazas vacantes do servizo
· Outro exemplo da desidia do goberno local é que, durante un mes, un dos camións que máis se utiliza estivo parado, cando a avaría do vehículo era “mínima e tiña unha doada solución”
Luns, 25 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular pediu, en rolda de prensa, que se cubran, canto antes, as prazas vacantes da Relación de Postos de Traballo no que respecta ao corpo de bombeiros.
O concelleiro popular, Enrique Rozas, explicou que esta mesma fin de semana se puxo en evidencia esta carencia de medios humanos. Mentres cinco dos seis efectivos que había no parque acudiron á sofocar o incendio de dous camións na Campiña. O xefe de bombeiros tivo que acudir só a cubrir outra saída no Carqueixo. Neste último caso “afortunadamente” era para controlar un incendio duns neumáticos.
Rozas pregúntase ¿que houbese pasado se fóra algo máis grave?. “Que non nos chamen alarmistas xa que o único que desexamos é que non ocurra algo do que despois teñamos que lamentarnos”, declarou Enrique Rozas.
Neste momento no corpo de bombeiros hai cinco vacantes dispoñibles e dúas máis que quedarán vacantes, no que queda de ano, por xubilacións. No parque de bombeiros hai 45 efectivos que conforman o cadro de persoal, os efectivos teñen unha media de idade moi elevada.
A apatía do goberno: camión inutilizado un mes
O concelleiro popular puxo riba da mesa outra proba do desinterese do goberno local con este servizo referiuse a un dos camións que máis se utiliza na extinción de incendios e accidentes e que estivo parado todo este mes de xaneiro “cando a avaría é mínima e ten unha doada solución”. Precisamente foi o pasado venres cando recuperou a actividade.
O concelleiro popular, Enrique Rozas, indicou que este camión é o que ten o maior depósito de auga, con 4.000 litros de capacidade e que conta cun equipo de excarcelación integrado no propio vehículo.
Amáis os populares puxeron de manifesto outras carencias no resto dos camións. Rozas destacou as dificultades que os efectivos do corpo lucense tiveron durante o temporal xa que, por mor do camión que está inutilizado no parque móvil, só se dispoñía dunha motoserra para cortar as ramas e árbores que caeron nas pistas.
O GMPP reclama medidas para que os suplentes de cursos municipais non paguen as cuotas de inscripción
·Na comisión de suxestións, que preside a popular Cristina Ares, presentaronse queixas por ter fóra servizo os ordenadores do Centro Uxio Novoneyra así como por fallos no transporte público
Lugo, 24 de xaneiro de 2010.- Neste mes de xaneiro presentáronse á comisión de suxestións que preside a popular Cristina Ares: DÚAS suxestións e CINCO reclamacións.
- Unha vez máis se repiten as queixas sobre a falta de puntualidade nos autobuses e a ausencia dun sistema de información aos usuarios para saber o tempo que teñen que agardar na parada ata que chegue o autobús volven á comisión. Relacionado co transporte urbano figura outra queixa máis, neste caso os usuarios con dificultade de mobilidade se queixan de que os buses non se achegan o suficiente ás beirrúas nas paradas.
- En materia de tráfico un veciño suxire que se sinalice un paso de peóns entre as rúas Rei Chiquito e Atalaya.
Repítese unha queixa efectuada o 26 de outubro na que se pedían explicacións dos motivos polos que as máquinas da ORA non facilitan.
- Un usuario queixase porque os ordenadores do Centro Uxío Novoneyra están fóra de servizo. A concelleira delegada, Luisa Zarzuela, indicou que se desconectaron no Nadal porque os usuarios molestaban aos que estaban na biblioteca. A solución que comprometeu é trasladalos a outras salas.
- A concelleira popular chámalle á atención a contestación do concello diante das queixas de cidadáns polo excesivo tempo de espera para realizar tramites no rexistro. O concello avanza que hai pouco persoal e que “está á espera de que unha nova reestructuración dos efectivos permita dotar axeitadamente a esta dependencia”.
- O idioma é outro motivo de queixa veciñal, non é a primeira vez que se reciben reclamacións porque non están disponibles impresos de castelán nas dependencias municipais.
DAS CONTESTADAS.-
- O Grupo popular solicitáralle ao goberno local que de cara a vindeira edición dos cursos de animación sociocultural se clarifique mellor o listado de admitidos e de suplentes. Neste curso déronse varios casos nos que suplentes aboaron a cota inscripción e o concello lles contesta que non teñen dereito a devolución dos cartos ingresados.
- Cristina Ares valora de xeito positivoque con respecto á demanda de accesibilidade nas dependencias municipais o goberno local afirme que “toma nota das suxestións e procederán a implementar as medidas necesarias”.
PENDENTES DE CONTESTACIÓN FÓRA DE PRAZO
Urbanismo e Réxime Interior de protección á comunidade acumulan varias reclamacións pendentes de informe.
·O presidente da xunta local, Jaime Castiñeira iniciou hoxe cos responsables de distritos do concello o calendario de encontros de traballo
Xoves, 21 de xaneiro de 2010.- O Presidente da xunta local do PP de Lugo, Jaime Castiñeira mantivo hoxe un encontro cos responsables dos seis distritos do concello de Lugo. No encontro, participou o Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, así como os concelleiros do Grupo Municipal.
Castiñeira explicou que o obxectivo desta xuntanza é preparar a axenda de traballo de cara ás eleccións municipais que terán lugar na primavera de 2011 “esa é a prioridade que nos marcamos para os próximos meses e por iso arrancamos o calendario de reunións cos responsables dos cinco distritos da cidade o distrito rural”.
A vindeira semana levarase a cabo unha sesión de traballo na que participarán os presidentes das distintas comisións que se crearon no seo da xunta local e que abarcan os ámbitos de tráfico e transporte, turismo, novas tecnoloxías, comercio e industria, sanidade, educación e sénior ”.
O Presidente da xunta local, Jaime Castiñeira, recalcou que se volcará para “poñer a punto” a engranaxe do partido de cara á vindeira cita electoral e na reunión de hoxe propuxo que en cada sección haxa un coordinador que se responsabilizará de incrementar ao traballo a pé de rúa.
• O mal estado do firme provocou varios sinistros no principio da estrada
• A ruta tamén incluíu unha visita ao punto de recollida de plásticos agrícolas de Mazoi
Lugo. 21 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira e o responsable de área Manolo López, visitaron a pista que enlaza a Ronda Norte co lugar de Piñeiro.
Os populares fíxeronse eco das reclamacións de veciños e comprobaron in situ a curva de entrada ao lugar, recentemente reparada con fondos do Plan E.
O xeo converte a estrada nunha pista de patinaxe, o que se ve reflectido na caída do muro por mor das saídas de vía de varios vehículos. Os problemas continúan ao longo da estrada, con numerosos baches e socavóns.
A situación agrávase incluso aínda máis co lodazal no que se converte a estrada cando chove, posto que a chuvia arrastra a terra do polígono das Gándaras.
A xuízo do edil Manolo López, a de Piñeiro é unha pista que “é un perfecto exemplo” do estado das pistas do rural de Lugo. A desidia de Orozco levou ao rexedor a distinguir no municipio entre cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.
López asegurou que “o alcalde sempre defende que os veciños do rural teñen os mesmos dereitos que os da capital, pero parece que estas declaracións quedan en meras intencións pronunciadas en festas”.
Punto de recollida de plásticos agrícolas.-
Os concelleiros tamén visitaron o punto de recollida de plásticos agrícolas de Mazoi. Volveron comprobar in situ que se trata máis ben “dun vertedeiro incontrolado”. Malia que o GMPP xa denunciara en múltiples ocasións o mal estado deste punto, parece que ao Concello non lle preocupa en absoluto a zona rural.
O equipo de Orozco segue sen aumentar o número de puntos de recollida de plásticos agrícolas, tal como prometera. A día de hoxe, o concello só conta con tres puntos específicos que non cubren a demanda (todos eles creados baixo a presenza do presidente provincial Xosé Manuel Barreiro como conselleiro de Medio Ambiente).
A ausencia de puntos de recollida de plásticos agrícolas crea un verdadeiro problema aos gandeiros para a eliminación destes residuos. Hai que ter en conta que a normativa europea esíxelles un protocolo de eliminación.
·Teresa Taboada asegurou que “se Orozco está tan preocupado está polos prazos do hospital, que nos dea unha resposta de cándo pensa concluír esta obra”
·A concelleira popular presentou unha batería de preguntas para coñecer a situación doutros proxectos medioambientais da cidade
Lugo, 21 de xaneiro de 2010.- O GMPP presentará unha batería de preguntas nas pide explicacións ao goberno local por diferentes actuacións, en materia medio ambiental, e quelevan moitos anos de retraso. A primeira que chama a atención da concelleira popular Teresa Taboada é o “abandono” do parque dos Paxariños.
“Estamos diante dunha infraestrutura eternamente en obras”, subliñou a concelleira popular Teresa Taboada. Nese senso a concelleira popular quere saber cal previsión exacta de apertura desta zona de esparcimento.
A edil popular quere saber “cando se vai poder usar en condicións” esta infraestrutura, xa que o alcalde comprometeuse a telo listo en 2004. Taboada recriminou que o rexedor volvera a mentir fai un ano cando dixo que “faltaban pequenos remates” e, incluso, ao inaugurar o parque antes de telo listo para a súa apertura.
Taboada defendeu que o alcalde “amosa tal pasotismo co parque dos Paxariños que incluso deixa sen gastar máis das tres cuartas partes do presupostado para este fin”. A concelleira popular asegurou ademais que “se Orozco anda tan preocupado polos prazos do hospital, que empece el a facer públicas as datas de apertura das súas infraestruturas”. “O estamos nelo xa non vale”, sentenciou Taboada.
Deficiencias.-
O parque dos Paxariños presenta a día de hoxe a canalización de auga non soterrada, barandillas provisionais, falta de pavimento, carencia de iluminación e servizos tan básicos como farolas, papeleiras ou asentos…
Ademais, os veciños de Lugo poden atoparse restos de obra por todas partes, lousetas de formigón apiladas, restos de grava sobre o terreo… En definitiva, o parque non se atopa nas condicións “mínimas” de calquera espazo ao que os cidadáns poden acceder, xa que entraña perigosidade para nenos, anciáns e para todos en xeral.
Pasotismo de Orozco.-
O pasotismo de Orozco en materia medioambiental afecta tamén ao parque Rosalía de Castro. O rexedor ten “totalmente parada” a contratación do estudo fitosanitario das árbores deste parque. En concreto, Orozco só invertiu un quinto das cantidades presupostadas no entorno de Rosalía de Castro.
A desidia do alcalde tamén se reflexou na non reposición de árbores. Orozco tampouco confirmou a súa resposta á proposición veciñal de contratar un grafólogo para investigar a identidade dos grafiteiros.
· A concelleira popular Sofía López Linares demandou ademais a creación dun plano-rueiro específico e a posta en marcha dunha guía especializada de recursos accesibles
· López Linares entende que “non é unha cuestión de diñeiro, senón de vontade e xestión”
Lugo, 20 de xaneiro de 2010.- O GMPP propón un impulso do turismo accesible para a cidade de Lugo. Para elo, os populares presentarán unha iniciativa que irá ao próximo pleno do 1 de febreiro.
Sofía López Linares solicitou que o Gabinete de Accesibilidade, dependente do concello, realice un diagnóstico da situación do turismo accesible. A partir deses datos, un Consello de Accesibilidade debería elaborar propostas de mellora dos establecementos que así o soliciten “de xeito voluntario” e, finalmente, a elaboración dun informe. O proceso culminaría coa entrega de logos de accesibilidade, o SIA (Símbolo Internacional de Accesibilidade) ás empresas que acrediten as condicións requeridas.
A concelleira popular asegurou que se trata dunha cuestión “de vontade e de xestión”, non de diñeiro, polo que emprazou á corporación a contemplar “con bos ollos” esta proposta popular.
Iniciativa pioneira en Galicia.-
López Linares apuntou tamén que “con esta iniciativa, Lugo situaríase á cabeza do turismo accesible en toda Galicia”, xa que ningunha das urbes da comunidade conta con este plan que hoxe propuxo a concelleira popular. Esta proposta “colocaría a Lugo no mapa do turismo accesible” a nivel estatal.
Plano-rueiro e guías específicas.-
Por outra banda, o GMPP tamén insta ao goberno local para que cree un plano-rueiro accesible con indicacións das prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, itinerarios accesibles, zonas de fácil acceso aos lugares de interese turístico, así como as ubicacións de aseos públicos adaptados, entre outras medidas.
A concelleira solicitou ademais a creación dunha guía de recursos accesibles da cidade de Lugo que inclúa todos os establecementos previamente distinguidos co logo por parte do gabinete.
Medida social, non socialista.-
A concelleira popular lamentou que “ningún dos responsables das cidades gobernadas por xentes que presumen de seren progresistas” fagan nada para a mellora do turismo accesible. “É paradóxico que sexan eles os que se aproveitan de etiquetas como progresismo ou medidas sociais cando o PP presenta continuamente propostas para melloras no eido social”.
López Linares matizou que se trata dunha “proposición aberta” ás propostas dos outros grupos. A concelleira popular asegurou que Orozco ten diante un bo exemplo para comezar a facer “gasto social e non socialista”, contra a tendencia que caracterizou as tres lexislaturas do PSOE.
· Enrique Rozas advirte que nos podemos atopar ante un delito de falsidade de documento público e de usurpación de funcións e pide responsabilidades ao goberno local por esta “nova chapuza”
· O concelleiro popular sinalou que “inda é máis grave” que nunha das sancións o denunciante foi un vixiante do sistema ORA, cando a competencia é dun Axente de Mobilidade ou dun Policía Local
Lugo, 19 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular denunciou hoxe o envío de boletíns de notificacións da Unidade de Sancións da Policía Local con data posterior á xubilación do axente responsable.
Estas denuncias están asinadas o 2 de decembro polo inspector principal, o que chama a atención cando dito responsable se xubilou o 28 de novembro de 2009.
Rozas afirma que “se isto é grave”, inda o é máis que nunha notificación figura como denunciante un controlador do Sistema ORA nunha infracción por un estacionamento con lugar sinalizado de parada para o autobús urbano. O concelleiro popular lembrou que este tipo de denuncias só poden ser efectuadas por axentes de Mobilidade ou por axentes da Policía Local. Resulta “incomprensible” que o Concello dea validez ás denuncias efectuadas por quen non deixa de ser un particular, e que determinan a incoación, nada menos, que dun procedemento sancionador.
A xuízo de Rozas, “este é un exemplo máis de que a reestruturación da Policía Local realizada polo señor Rábade é un auténtico fracaso e pon unha vez máis en evidencia a falta de control e xestión que existe neste corpo”.
“A anarquía e o despropósito da Policía Local, e en concreto neste negociado, é tal que desde a jubilación deste axente, a día de hoxe non se nomeou ningún responsable para unha unidade tan importante coma esta”. Rozas solicitou unha maior implicación por parte dos responsables municipais á hora de mellorar o servizo. “Deberían adicarse máis a organizar e dirixir en vez de perseguir aos propios axentes”. Os 96.000 habitantes de Lugo non teñen por que pagar a “incompetencia dos seus responsables, encabezados polo señor alcalde”.
Rozas explicou que “a realidade é que a apatía e a desidia por parte de Rábade é tan grande que , se se ve incapaz de dirixir e organizar o corpo, o mellor servizo que podía facerlle a esta cidade é marcharse”.
O concelleiro popular lembrou tamén que entre as funcións do Director Xeral da Policía están as relacionadas con unidades e postos de traballo que forman parte da Policía Local de Lugo, incluída o negociado de sancións. Rozas preguntouse se “esta é a idea que o señor Diéguez ten de funcionamento dun servizo tan importante”. “É a enésima proba do seu descoñecemento total e absoluto da organización e dirección dun corpo tan importante coma este”.
Lugo, 19 de xaneiro de 2010.- O voceiro do grupo popular, Jaime Castiñeira, aplaude que a Consellería de sanidade buscase o maior consenso posible para bautizar como “Hospital Universitario Lucus Augusti” ao futuro hospital da capital lucense.
Dende o Grupo Popular se apostou dende o primeiro momento por nomes xenéricos, entre os que figuraba o Lucus Augusti, adicando servizos ou instalacións a profesionais eminentes da medicina de Lugo. Os nomes que quedaron en carteira nomes bautizarán futuros espacios desta infraestructura.
· Castiñeira e Barreiro entrevistaronse esta mañá con Pilar Farjas para trasladarlle esta demanda veciñal
Martes, 19 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP, Jaime Castiñeira, agradeceu a boa recepción por parte da Conselleira de Sanidade que se comprometeu realizar un estudo e buscar unha solución para mellorar a asistencia sanitaria dos veciños na parte oeste do Miño.
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, facéndose eco das peticións veciñais, propúxollernlle esta mañá, a Pilar Farjas que se revise o Plan Funcional de área “coa apertura do novo hospital ábrese a posibilidade de facer cambios nas cartillas dos pacientes que viven nesta zona de Lugo e que na actualidade vense obrigados a acudir a outros centros de saúde”.
Segundo o voceiro popular, Jaime Castiñeira, Pilar Farjas dixo que “ve moitas posibilidades e que fará, todo o que estea na súa man, para buscar na zona unha dotación que evite aos veciños desprazarse ata o centro de Fingoi”.
Con respecto ao centro do Sagrado Corazón Castiñeira indicou que a Consellería está pendente da aportación de terreos por parte do concello.
· Castiñeira anuncia unha “férrea labor de control” desta empresa
Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira sinalou que o PP deu o seu visto bo á memoria da creación da empresa mixta de turismo. Con todo, Castiñeira lamentou que un proxecto fundamental chegue “tan tarde”.
Para o voceiro do GMPP, “a falta de xestión de Orozco durante os últimos dez anos” provocou que Lugo quedase turisticamente “descolgada”. Castiñeira condenou que “non estamos á altura de cidades moito menores en tamaño de habitantes e con moito menos patrimonio”.
O GMPP deu o visto bo ao proxecto logo de analizar as modificacións producidas na memoria. Inda así, Castiñeira anunciou que exercerá “un control ríxido do gasto” para que non se convirta no “enésimo chiringuito de Orozco”.
· Hai catro anos o PP denunciou que unha reproducción a escala da muralla, que custou 18.000 € estaba tirada nun almacén municipal; hoxe en día continúa no mesmo lugar
· Os populares presentarán unha iniciativa para que se restaure e se reubique nalgunha dependencia do concello ou nanlgunha outra dependencia que dignifique a obra, e polo tanto á propia muralla
Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O grupo municipal do PP presentará unha iniciativa para pedir que se restaure a maqueta da muralla que está abandonada no almacén do parque de bombeiros e que se reubique nalgunha dependencia municipal.
Ao concelleiro popular José Antonio Díaz Escolante chámalle a atención que o goberno local, por un lado, gaste en propaganda do Lugo 10 para a posta en valor da muralla e, por outro lado, teña nun almacén tirado material, que se encargou para promover o monumento romano en eventos culturais e feiras de promoción turística, e, polo que pagou 18.000 euros. Os populares consideran “grave que Orozco” pase por alto esta cuestión sobre todo cando, dende as filas populares, xa lle advertiron, hai catro anos, que a maqueta da muralla romana se estaba a deteriorar.
A día de hoxe, tanto a vitrina coa reprodución a escala da muralla e o mostrador de fibra seguen tirados no almacén do Parque Municipal de bombeiros lugar sen ningún tipo de protección. Os populares consideran que este é un novo exemplo do gasto socialista “como paga Juan Pueblo nin nos preocupamos en recuperar un material que no seu momento vendeuse como valioso para potenciar á muralla”. O concelleiro popular pregúntase como o alcalde pode falar de redución de gastos cando por outro lado “está desperdiciando os recursos propios que xa ten".
· Manuel López advertiu que o temporal deixou intransitable algunha vía como a que une O Burgo con Calde
Lugo, 18 de xaneiro de 2010.- O concelleiro do Grupo Popular, Manuel López Fernández, pediulle ao goberno local que bote axiña unha capa de grava nun camiño que une as dúas pistas que van do Burgo a Calde xa que co último temporal quedou intransitable. O edil popular indicou que este é o único acceso ás fincas da zona.
O edil popular subliñou que neste momento é imposible circular por esta vía, e asegurou que hai outros casos similares de pistas en moi mal estado polo que reclama ao goberno local que “dunha vez por todas” elabore un protocolo que determine as obras prioritarias na zona rural para evitar que os arranxos se fagan respondendo ao grao de amizade dos que a solicitan.
Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O concelleiro popular Enrique Rozas asegurou que “é un secreto a voces que o sistema de transporte público non funciona”, e lembrou a prioridade que o GMPP lle outorga ao transporte urbano. “Os autobuses son o primeiro punto a corrixir dentro do plan de Mobilidade”, lembrou o edil popular.
“Tiveron que pasar dez anos de goberno de Orozco e tivo que vir alguén de fóra da cidade para que o equipo do alcalde entrase en razón”, censurou Rozas en alusión a un “secreto a voces”: que o número de liñas e a frecuencia de paso do transporte público de Lugo non son os máis axeitados para cubrir as necesidades dunha cidade de 96.000 habitantes.
GPS.- O concelleiro popular felicitouse de que, por fin, o equipo de goberno se fixese eco da reivindicación do GMPP realizada no seu día para dotar de GPS aos autobuses e establecer nas paradas do transporte público o tempo real de espera entre un autobús e outro.
Rozas criticou a lentitude na toma de decisións por parte do equipo de Orozco, xa que non é a primeira vez que o rexedor se fai eco de propostas do GMPP. O modus operandi do socialista é sempre o mesmo: despois de transcorrido un certo tempo de presentar iniciativas o GMPP, Orozco deixa que arrefríen, logo aprópiase delas e véndeas como se fosen propias e lembrou nesta liña o ocorrido coas PDAs para a Policía ou a implantación de microbuses eléctricos no transporte.
· Só sete bombeiros atenderon as emerxencias esta pasada noite e non houbo reforzos nas quendas da Policía Local
Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O GMPP lamentou a previsión “cero e nula” do concello con respecto ás incidencias do temporal.
O concelleiro Enrique Rozas asegurou que o equipo de Orozco non montou ningún dispositivo especial nin para a Policía Local nin para o corpo de Bombeiros.
O edil condenou que o concello non actuase “tampouco nesta ocasión”, xa que non se trasladaron instrucións nin coa ocasión do temporal de neve da fin de semana nin do de vento da pasada noite.
Rozas sinalou que no corpo de Bombeiros só traballaron sete efectivos na quenda de onte, mentres que pola mañá o número de operativos se reduciu a seis. O edil popular denunciou que “ás 12 da mañá só quedaba un bombeiro para atender as chamadas”, xa que o resto se atopaban de servizo.
Rozas sentenciou que “un bo servizo” sería que os bombeiros da quenda de onte se quedasen durante o día de hoxe para apoiar aos seus compañeiros mentres efectuaban as súas saídas para atender as incidencias. O reforzo non se produciu en ningún dos dous temporais que afectaron á cidade na última semana en ningún dos dous corpos, indispensables para manter a seguridade dos lucenses.
A planificación, unha vez máis, brillou pola súa ausencia e a inoperancia do concelleiro responsable de garantir a seguridade dos lucenses vén demostrar a nula xestión e planificación dos servizos que del dependen.
· Teresa Taboada xa denunciara o mal estado da infraestrutura fai medio ano
· Nin a Deputación nin o concello resolveron o caso, que se agravou coa caída do muro en novembro
Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular criticou esta mañá a situación do muro de Monte Picato.
Malia que a concelleira popular Teresa Taboada, xunto co voceiro da Deputación José María González Barcia, denunciou en xullo “o esquecemento socialista” coa infraestrutura, xa que “nin o Concello nin a Deputación non fixeron nada”. A situación complicouse “moi seriamente” dende a caída do muro o pasado 17 de novembro.
Logo dunha recente visita á zona, Teresa Taboada puido comprobar que a beirarrúa está ocupada polo apuntalamento do muro, o que provoca que os viandantes teñan que circular pola rúa entre os coches. Os veciños manifestaron o seu malestar pola cantidade de barro e terra que se produce ao caer do muro cando chove.
Taboada sinalou que “non existe ningunha xustificación posible con esta deixadez de funcións”. Pasaron máis de seis meses dende a primeira denuncia popular, e dous meses despois da caída.
A concelleira popular lamentou “a dobre vara de medir característica dos socialistas”, xa que o equipo de Gómez Besteiro criticara o abandono do muro. Porén, dende a súa chegada á presidencia da Deputación “non fixo nada, parece que herdou ben a forma de facer política do alcalde de Lugo”.
Os populares instaron hoxe ao Concello de Lugo a esixir á Deputación “máis implicación no coidado e o mantemento dunha zona tan usada e transitada polos veciños da cidade”. Amais, Taboada lembrou que Gómez Besteiro forma parte do grupo de goberno do Concello de Lugo, polo que lle reclamou a “súa sensibilidade” a respecto desta instalación.
· Jaime Castiñeira lamenta a “falta de vontade política” do alcalde en temas sociais
· Como exemplos do talante pouco democrático de Orozco os populares citaron a súa negativa a votar en pleno unha iniciativa do PP, pendente arestora de resolución do valedor do pobo, e a denuncia infundada e arquivada pola fiscalia contra un concelleiro do PP
Lugo, 15 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular denunciou hoxe a “dobre cara” do alcalde Xosé Clemente López Orozco. O socialista incumpre “sistematicamente” as proposicións levadas polo PP a pleno. De feito, só actuou en tres das 14 proposicións aprobadas a instancias do GMPP, o que representa un incumprimento dun 80% dos casos.
“A neglixencia do alcalde é tal que non cumpre nin as proposicións aprobadas co seu apoio”, denunciou o voceiro popular Jaime Castiñeira. O concelleiro do GMPP lembrou que oito das propostas aprobadas por unanimidade e, polo tanto, co apoio do PSOE, “quedaron no esquecemento”, como as axudas económicas a celíacos, o impulso á Banda Municipal de Música ou a integración laboral de persoas con Síndrome de Down.
Castiñeira reprochoulle ao alcalde a súa “falta de vontade política”, ao tempo que lamentou que as únicas proposicións que realmente se cumpriron “foron as que non esixían ningún traballo pola súa parte”. Neste senso, puxo como exemplos a proposición conxunta do sector lácteo galego, a da placa adicada ao Emevé e o acordo institucional sobre infraestruturas.
Sobre a última proposición presentada, a do PEPRI, o voceiro popular sostuvo que ten “moitas dúbidas” con respecto ao seu cumprimento, sobre todo “en vistas da súa actitude” con este tema.
Informe Valedor do Pobo.- Os populares tamén recordaron que están pendentes do pronunciamento do valedor do pobo con respecto ás presuntas irregularidades administrativas que o alcalde puido cometer ao negarse, ao pesar das indicacións do secretario municipal, a votar unha moción de urxencia de autoría do Grupo Popular. Castiñeira aclarou que a Orozco "non lle gusta que ninguén lle controle, pero para iso elixíronnos os lucenses, para fiscalizar o labor do seu Goberno".
O voceiro popular non pasou por alto outro caso sucedido en 2009 e que reflicte o “talante” do alcalde lucense recordando como Orozco chegou a presentar, a través do Director Xeral da Policía, unha denuncia contra o concelleiro Enrique Rozas, sendo esta tan pouco consistente que o propio fiscal de Lugo arquivouna aos poucos días por non apreciar indicio algún de delito.
· O alcalde prometeu axudas para material escolar que, no segundo trimestre do curso, inda non concedeu
· A falta de xestión de Orozco contrasta coa celeridade da Xunta, que en pouco tempo aboou todas as subvencións
Lugo, 10 de xaneiro de 2010.- O GMPP criticou a demora do alcalde no pago de axudas para material escolar de educación infantil, tal como Orozco prometera fai medio ano.
O rexedor presumiu en verán “de conceder estas axudas de material escolar para os alumnos de educación infantil máis necesitados, pero a día de hoxe foi incapaz de cumprir coa palabra dada, e non pagou nin un só euro aos beneficiarios desta axuda, cando xa transcorreu un trimestre do curso académico.
A concelleira popular Alicia Peña censurou que nos atopamos ante “un exemplo máis da nefasta capacidade de xestión do alcalde”.
Contraste coa Xunta.- Fronte a esta demora dos socialistas, Peña contrapuxo a actitude da Xunta. O organismo autonómico xa aboou as subvencións concedidas aos alumnos de Primaria e Secundaria da cidade.
En concreto, o departamento que dirixe Jesús Vázquez pagou a totalidade das axudas “en pouco tempo”, tal como subliñou a concelleira Alicia Peña.
· A xuízo dos populares este é un bo momento para estudiar esta solicitude veciñal xa que coa posta en marcha do novo hospital xeral de Lugo se revisará o Plan funcional de área
Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, entrevistarase este martes coa Conselleira de sanidade, Pilar Farjas para solicitar que o goberno galego realice un estudo de viabilidade para creación dun centro de saúde na parte oeste do río.
O primeiro paso será elaborar unha análise da actual situación, para comprobar cantos titulares das cartillas da Seguridade Social poderían verse beneficiados si se crea este novo servicio.
A xuízo do voceiro popular no concello de Lugo “este é o momento para dar unha pensada a esta reclamación veciñal, xa que a inauguración do novo hospital propiciará a redistribución de usos dos distintos centros e hospitais lucenses”.
Castiñeira considera que é máis eficaz tratar este asunto de forma directa coa conselleira que presentar unha iniciativa parlamentaria, dado que este mes está paralizada a actividade no Parlamento galego.
Outro asunto en carteira será o do futuro centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón. Castiñeira indicou que ata o momento o concello non ofreceu á Xunta un terreo con calificación e condicións urbanísticas axeitadas para a citada infraestructura.
· A concelleira popular propón que se habilite unha zona para que poidan cubrir documentos e rotulación no chan dos distintos servizos entre outras cousas
· Sofía López Linares pregunta a Basadre por qué non se cumpriu o acordo plenario unánime de hai un ano para crear o consello de maiores
Mércores, 13 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do PP presentará na comisión de benestar social, que se celebrará o vindeiro 25 de xaneiro, unha iniciativa encamiñada a mellorar a accesibilidade no edificio administrativo do concello.
A presidenta deste organismo, a concelleira Sofía López Linares, propón:
1. Baixar a altura do Punto de información cidadá para permitir a mellor visibilidade da pantalla do ordenador ás persoas que van en cadeira de rodas
2. Habilitar unha zona nova accesible para que as persoas con minusvalías cubran comodamente os impresos.
3. Estudiar o rebaixe, nun tramo do mostrador de atención ao público do padrón, e tamén deixar espazo para entrar a cadeira de rodas.
4. Rotular no chan os servizos que se realizan en cada un dos mostradores e cambiar a disposición dos carteis anunciadores para que sexan máis visibles.
5. Reparación das barras de apoio dos baños de minusválidos suxeitas con cinta adhesiva.
A xuízo da concelleira popular “a administración local debe dar exemplo, e demostrar sensibilidade con este colectivo”. As propostas que se presentan na comisión de benestar social “apenas supoñen un desembolso mínimo e é cuestión de vontade que se leven a cabo” puntualizou López Linares.
Consello municipal de maiores.-
A presidenta da comisión, Sofía López Linares, tamén pide explicacións ao goberno local sobre as xestións levadas a cabo para constituir o consello municipal de maiores.
A concelleira popular, Sofía López Linares lembra que hai un acordo plenario, de febreiro de 2009, dunha iniciativa popular na que se pedía a creación deste organismo. O prazo acordado para poñelo en marcha era de seis meses máximo, “pasou casi un ano e non hai constancia de que desen nin un paso para a súa constitución”, lamentou a concelleira popular.
O Partido Popular entende que o Consello Municipal dos maiores como unha canle permanente de participación para este segmento de idade. “Este organismo debe servir para aportar as súas achegas en calquera proposta, programa o política destinados ao seu ámbito”. Para a concelleira popular o goberno local “non está interesado en dar voz a este colectivo que representa a uns 18.000 lucenses maiores de 65 anos”.
· Esta pista, que leva á factoría de Novafrigsa, requeriría dunha pequena inversión · Manuel López quere que o novo FEIL non volva ser “un derroche sen criterio técnico ningún para obras improvisadas”
Lugo, 12 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou hoxe o arranxo urxente da pista que enlaza Terlama e a factoría de Novafrigsa. Esta vía soporta moito tráfico pesado e leva neste “estado precario” dende fai “moitos meses”, tal como denunciou o concelleiro popular Manuel López.
O edil popular fíxose eco das reclamacións veciñais e criticou que esta obra non estivese contemplada no FEIL de 2009. López lamentou que os fondos do plan E, “tan loubados polo alcalde”, se destinasen a “obras improvisadas, sen ningún criterio técnico e seguindo só os desexos dos pedáneos”. O concelleiro pensa que “agora temos unha boa oportunidade para deixar de derrochar” e marcar unha nova ruta no plan E.
Manuel López solicitou, ademais desta mellora, a ampliación ao ancho dun tramo de 500 metros ata enlazar a vía coa estrada que une Piúgos a Cuíña. O reasfalto e a ampliación afectarían a pouco máis de 2 kilométros, co cal a inversión que requeriría “non é moi substancial”.
Escola rural e lavadoiro de Coeo.- Os populares pediron, a maiores, melloras na parroquia de Coeo, tamén no termo municipal de Lugo.
Por unha banda, Manuel López denunciou que a escola rural desta parroquia ten numerosas goteiras como consecuencia dun teito en mal estado. O concelleiro apuntou que “agora custaría pouco arranxala”, pero “o alcalde é experto en deixar para máis tarde obras que resulten máis caras co paso do tempo”. Neste senso, lembrou as escolas rurais de Santa Comba e a de San Pedro de Mera, cuxos arranxos supuxeron máis de 800.000 euros. “Con actos coma este, cada día máis xente se dá conta da nula capacidade de xestión de Orozco”, lamentou Manuel López. O concelleiro tamén advertiu de que “é mellor arranxala agora que ter unha morea de pedras despois”, ao tempo que criticou que non exista ningún protocolo de mantemento destas propiedades municipais.
O edil popular tamén recolleu as demandas dos veciños a respecto do lavadoiro, que está nun estado “lamentable”. López subliñou que “é unha obra que con pouco diñeiro se solucionaría” e sinalou tamén as dificultades de acceso ao lavadoiro.
· Cristina Ares pide a Orozco que desbloquee a redacción do regulamento: “a participación cidadá ao longo do pasado ano só pode calificarse como peor imposible”
· A única canle de participación que funcionou con normalidade foi a Comisión de Suxestións e Reclamacións. A súa presidenta, Cristina Ares, agradeceu o compromiso e dedicación de todas as traballadoras e todos os traballadores do Concello, sen os que nin sequera iste pequeno logro tería sido posible
Luns, 11 de xaneiro de 2010.- A Participación Cidadá no Concello de Lugo en 2009 foi todo un exemplo do que un goberno, que a lo menos respecte a participación cidadá non debería facer.
O desempeño do goberno municipal en 2009 en materia de participación cidadá só pode calificarse como “peor imposible”. Incumpriron os dous prinicipais acordos plenarios en materia de participación cidadá adoptados este mandato a iniciativa dos grupos políticos da oposición: a elección democrática de representantes das 54 parroquias rurais (3 decembro de 2007) e os orzamentos participativos (30 de xuño de 2008). Ademais, Orozco foi incapaz de sacar adiante o novo Regulamento de Participación Cidadá, necesario para adaptarse ás novidades introducidas pola Lei de grandes cidades de 2003. De feito, deixaron de convocarse reunións da Comisión encargada da elaboración da nova proposta normativa, que iniciara os seus traballos en maio de 2008.
No primeiro caso, cómpre recordar que todos os chamados “pedáneos” que desempeñan as súas funcións a día de hoxe foron elexidos democraticamente en aplicación do Regulamento de Participación Cidadá de abril de 2000, actualmente en vigor, que o Alcalde se nega agora a cumprir, argumentando que a lei non lle obriga a elexir democraticamente os “pedáneos” (aínda que a realidade é que tampouco llo prohibe e si non o fai é só porque non quere).
No segundo caso, o goberno municipal, xa non só incumpre o acordo plenario sobre orzamentos participativos (30 de xuño de 2008), adoptado grazas ao voto afirmativo de populares e nacionalistas a unha proposición presentada polo Grupo Municipal Popular, senón que trata de enganar á cidadanía chamando “orzamentos participativos” a algo que non o é, a unha mera consulta epistolar non vinculante ás asociacións veciñais. Cabe apuntar que o Concello de Ferrol iniciou en 2009 un proceso piloto de verdadeiros orzamentos participativos, que demostra que as restriccións financierias actuais dos Concellos españois non impiden a posta en marcha destas iniciativas, tan proveitosas ademais para mellorar a planificación municipal, algo que precisamente cobra especial importancia nun contexto de mengua dos ingresos municipais.
En terceiro lugar, a elaboración do novo Regulamento de Participación cidadá, converteuse en 2009 nun episodio negro da recente vida municipal. Ares considera “inxustificable que o goberno socialista deixase de convocar reunións da Comisión encargada da elaboración do novo texto simplemente por non querer asumir a posición maioritaria dos representantes políticos e veciñais na devandita Comisión”. Tras ir vencendo as múltiples resistencias do goberno de Orozco a calquer avance no novo Regulamento de Participación Cidadá, e moito tempo de traballo e esforzo por parte de tódolos membros da Comisión para ceder facilitando chegar á unanimidade artigo por artigo, os socialistas rompen a baralla ao negarse a democratizar a participación cidadá nas 54 parroquias do rural. Cómpre apuntar, que con independencia da figura dos “pedáneos”, o novo Regulamento debe definir a composición do Consello do distrito rural, no que o Alcalde se empeñaba en nomear a dedo a un número importante de representantes. Esto implicaría ademais unha discriminación das veciñas e veciños do rural fronte aos da cidade, pois, no caso dos Consellos dos dous distritos que se crearían na cidade, eses representantes serían elexidos aleatoriamente por sorteo na súa maioría, ou previo acordo de tódolos grupos políticos, o resto. Para o GMPP o señor Orozco debe explicar aos didadáns por que para el hai cidadáns de primeira (os da cidade) e de segunda (os do rural), e como e cando pensa desbloquear o proceso de elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo. O GMPP proponlle, polo menos para resolver o que afecta á composición do Consello de distrito rural, que os representantes que tiña previsto nomear el a dedo, sexan elexidos nas mesas electorais das parroquias entre tódolos veciños censados en cada unha delas o mesmo día das eleccións municipais.
Comisión de suxestións e reclamacións.- Para os populares a única excepción que se salva deste “antimodelo de participación” é que funciona con normalidade é a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. A súa presidenta, Cristina Ares, agradeceu o bo facer do Secretario Xeral e os técnicos da Oficina de Participación Cidadá, así como de tódolos traballadores do Concello que dedicaron parte do seu tempo a dar resposta ás suxestións e queixas presentadas pola cidadanía.
· É chamativo que esixa prazos cando é “incapaz de cumprir nin unha soa previsión das obras que depende directamente del”
· O voceiro popular recriminoulle ao alcalde que nos últimos catro anos do bipartito “estivese mudo”
Venres 8 de xaneiro de 2010.- O voceiro do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, recomendou a Orozco que faga “autocrítica da súa xestión e que antes de esixir prazos á Xunta para o remate do novo hospital conclúa as obras que dependen directamente do concello.
Castiñeira indicou que “nin as obras de urbanización interior, nin os accesos que enlazan a ronda este co complexo hospitalario están finalizados pese a que este verán a responsable de urbanismo, María Novo, e a de economía e emprego, Sonia Méndez, visitaron a zona para anunciar o remate inmediato destes traballos.
O voceiro do Grupo Municipal do PP recriminou o repentino interese de Orozco polos prazos do novo hospital acusandoo de estar “nos últimos catro anos do bipartito mudo”.
Castiñeira aclarou que a día de hoxe se está pendente da licencia de actividad para subestación eléctrica (solicitada en decembro); también a liña de media tensión está pendente de firma de recepción por parte de industria. O único que está operativo é a liña de alta tensión.
Castiñeira indicou que o goberno de Feijóo cumprirá coa palabra dada “ao contrario que fixo o bipartito que foi incapaz de deixar nin unha soa cama licitada”. O deputado popular lembrou como o goberno do PP destina máis de 42 millóns de euros para equipamento, o 100% deste orzamento xa está licitado e o 80% está adxudicado ou e se está a executar neste momento.
Castiñeira: “Imos camiño dos tres meses dende que, a instancias do PP, se celebrou a única reunión co constructor e a asociación de veciños para rebaixar as alturas destas torrres”
Lugo, 8 de xaneiro de 2010.- O Grupo Municipal Popular pide explicacións ao goberno local pola parálise da comisión de traballo, que se acordou crear en outubro pasado, para rebaixar as alturas das torres das costas do parque. O concelleiro popular Jaime Castiñeira acusa ao goberno local de "inmobilismo, falta de traballo e nulo interese en solucionar este problema urbanístico que eles mesmos provocaron coa concesión, en solitario, da licenza desta urbanización". “Imos camiño de que se cumpran os dous meses e medio dende a última e única reunión que se convocou a instancia do PP co construtor e asociación de veciños do parque".Castiñeira puntualiza que "para convocar a primeira reunión tomáronse o seu tempo. Tardaron 16 días logo de validar o acordo do Pleno por iniciativa do PP e agora desde o 22 de outubro non moveron ficha”. Castiñeira insistiu en que "Orozco e o seu goberno escolleron a mellor opción para o promotor e a peor para Lugo" e teme que “o interese para buscar unha solución sexa só de cara á galería”. Co obxecto de aclarar en qué situación se atopa a polémica urbanización do Garañón presentou hoxe as seguintes preguntas: ¿Cando está prevista a próxima reunión, para tratar a unidade de actuación CS-5? ¿Cales foron os traballos realizados dende a última reunión da comisión?
· Esta petición xurde logo de que o alcalde anunciase a sua intención de desviar esta partida para a concellaría de infraestructuras · O PP suxírelle ao rexedor que invirta ese diñeiro na reforma do Ceao no lugar de poñer en marcha a supermazá, como pretende Orozco
Lugo, 8 de xaneiro de 2010.- O voceiro do GMPP, Jaime Castiñeira, proponlle ao alcalde que os 180.000 euros remanentes das obras do Plan E previstos se utilicen para arranxar os viais do Ceao que presentan un grave deterioro, especialmente os das rúas Industria e Agricultura, dúas das principias rúas do polígono industrial.
Pola contra, Orozco pretendía destinar esa cantidade á posta en marcha dunha supermazá enmarcada no plan de mobilidade. O alcalde anunciou a súa intención de invertir na concellería de Infraestruturas esta cantidade, e o PP non concibe “mellor utilización” que a que hoxe comunicaron.
Os populares fixéronlle esta mañá a petición a través dunha carta dirixida ao alcalde, xa que se o presentaban como proposicion a pleno, aínda que se chegara a un acordo, sería demasiado tarde para xustificar o gasto diante do Goberno central (os proxectos do fondo estatal deben estar concretados antes do 20 de xaneiro).
Os populares son da opinión de que o arranxo do firme destas rúas é unha obra moi necesaria xa que hai socavóns de gran tamaño que provocan situacións de risco entre os conductores que circulan polo polígono industrial e molestias aos propios industriais. Ademais, Jaime Castiñeira matizou que “hai que manter unha boa imaxe” desta infraestrutura.