lunes, 18 de enero de 2010

O GMPP pensa que a renovación de autobuses “está ben”, pero non soluciona o grave problema do transporte público en Lugo


Lugo, 14 de xaneiro de 2010.- O concelleiro popular Enrique Rozas asegurou que “é un secreto a voces que o sistema de transporte público non funciona”, e lembrou a prioridade que o GMPP lle outorga ao transporte urbano. “Os autobuses son o primeiro punto a corrixir dentro do plan de Mobilidade”, lembrou o edil popular.

“Tiveron que pasar dez anos de goberno de Orozco e tivo que vir alguén de fóra da cidade para que o equipo do alcalde entrase en razón”, censurou Rozas en alusión a un “secreto a voces”: que o número de liñas e a frecuencia de paso do transporte público de Lugo non son os máis axeitados para cubrir as necesidades dunha cidade de 96.000 habitantes.

GPS.- O concelleiro popular felicitouse de que, por fin, o equipo de goberno se fixese eco da reivindicación do GMPP realizada no seu día para dotar de GPS aos autobuses e establecer nas paradas do transporte público o tempo real de espera entre un autobús e outro.

Rozas criticou a lentitude na toma de decisións por parte do equipo de Orozco, xa que non é a primeira vez que o rexedor se fai eco de propostas do GMPP. O modus operandi do socialista é sempre o mesmo: despois de transcorrido un certo tempo de presentar iniciativas o GMPP, Orozco deixa que arrefríen, logo aprópiase delas e véndeas como se fosen propias e lembrou nesta liña o ocorrido coas PDAs para a Policía ou a implantación de microbuses eléctricos no transporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario